Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO!

Imaxe
Esta mañá, os Pondaliñ@s celebramos o aniversario de Daniella, xa que foi a única compañeira que cumpriu anos no mes de setembro. É tan maior que xa ten 3 aniños! Mirade qué contenta co noso marco de "Feliz cumple" e a súa chapa de aniversario! Por suposto, tódalas compañeiras e tódolos compañeiros a felicitamos, e aquí estamos con Teo, que hoxe se puxo de cor rosa porque estaba desexando darlle un gran achuchón, e porque ademais el ben sabe que o rosa é a cor favorita de Daniella! E por fin Daniella, despois de poñer a súa coroa, puido soprar a súa vela mentres os demais nenos e nenas da aula lle cantabamos o "Cumpleaños feliz". Hoxe estivemos un pouquiño tímidos, notouse que era a nosa primera celebración, pero seguro que nos seguintes aniversarios cantamos e aplaudimos con moito máis entusiasmo! E agora... Agora era o momento de degustar o rico biscoito de Daniella, acompañado duns saborosos zumes! Bo proveito! Pero aínda tiñamos unha

MELLORAMOS A NOSA MOTRICIDADE FINA!

Imaxe
Como sempre dicimos, xa estamos no cole de maiores, e por iso, durante este curso, comezaremos a facer cousiñas de nenas e nenos maiores, entre elas escribir! Para iso, necesitamos fortalecer os músculos das nosas mans e bonecas e así mellorar a nosa motricidade fina. Son moitas as actividades que nos axudan a progresar nestas habilidades: debuxar, colorear, pegar, picar, moldear a plastilina, abotoar as chaquetas e os mandilóns (cos que comezaremos a próxima semana!)... A través do xogo tamén podemos mellorar a nosa motricidade fina, ao mesmo tempo que incidimos en aspectos tan importantes como a coordinación ollo-man, a presión, a precisión, a concentración...  Mirade que entretidos estamos! Claudia, Daniel, Aroa V., Iria, Noa, Xabier e Martina intentando ensartar as pezas de madeira en cadanseu cordón. Lucía, Aroa P., Izan, Zaira, Daniella, Andrea e Mariña intentando ensartar as pezas de plástico en cadanseu cordón. Brais M., Roi e Nizar intentando pasar cadanse

GRANDE OU PEQUENO?

Imaxe
Despois de realizar distintas actividades onde coñecemos e utilizamos algúns dos materiais cos que traballaremos ao longo do curso (ceras duras, ceras brandas, lapis de cores, gomets, pegamento, punzóns...), chegou o momento de aprender ou recordar algúns conceptos... Esta mañá, a mestra Rocío colocou na alfombra unhas caixiñas de diferentes tamaños con algúns elementos coñecidos no seu interior: un pemento e un repolo; un rodete e un molde de plastilina; unha vaca e un castor; un par de lapis de cores; dúas pezas de construción; un par de bólas de madeira; dous bloques de construción; unha pinza e un escarvadentes; e un dado e unha caixa. Por parellas, fomos descubrindo pouquiño a pouco o que había en cada caixa, comparando os tamaños dos obxectos que estas contiñan. Cal era o grande? Cal o pequeno? Fixémolo fenomenal e acertámolos case todos! Ademais, aproveitamos para falar das cores que tiña cada unha destas cousiñas, e para isto non podiamos deixar de cantar a canción

VISITAMOS A BIBLIOTECA!

Imaxe
Esta mañá os Pondaliñ@s chegamos á segunda planta do noso colexio. Alí nos esperaba Cleo, a mascota da nosa biblioteca, e con ela aprendemos que este era un lugar cheo de libros onde debiamos falar moi baixiño... Moi tranquilos subimos ao escenario, e alí esperamos a que a mestra Rocío elixise un conto para nós, e o gañador foi... MARILUZ AVESTRUZ! E o encargado de lérnolo foi o profe Xalo! Mirade que contentos! Aínda que non podemos ver o sorriso dunha nena que quedou agochada detrás do chicho de Claudia, verdade Lucía? E despois de coñecer a esta avestruz tan presumida e de botar os foguetes cos que acabamos tódolos contos, saímos amodiño da biblioteca para volver á aula e bailar a canción da Avestruz Mariluz. Apetécevos recordala?

COÑECEMOS Á MESTRA PILAR!

Imaxe
Estando no patio, por alí apareceu alguén que nos quería coñecer... Era a mestra Pilar, que estivo xogando con nós durante todo o recreo, e coa que aínda quedamos un cachiño máis ata que as nosas mamás, papás, avoas e avós nos viñeron buscar! Aquí vos deixamos unha foto que sacamos con ela mentres esperabamos a marchar. Verémola tódolos venres, Pilar é a mestra de Relixión! E mentres algúns nenos e nenas quedan na aula con ela, aqueles outros que acudan a Atención Educativa sairán coa mestra Rocío.

PRIMEIROS DÍAS NO PATIO!

Desde este xoves, os Pondaliñ@s xa podemos gozar do recreo, baixando ao patio xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e tódolos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Mirade que ben o pasamos todos xuntos, correteando polas pistas e xogando no tobogán e nos balancíns! PRIMEIRO DÍA NO PATIO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

COÑECEMOS Á MESTRA LUISA!

Imaxe
Esta mañá, xusto antes de comezar a merendar, alguén petou na nosa porta... Chegou saudando e cun pandeiro na man. Quen podía ser? Si, Luisa, a nosa mestra de Música! Hoxe non tivemos tempo de subir á segunda planta, pero xa sabemos que alí se atopa a aula que visitaremos tódolos xoves e na que o imos pasar fenomenal cantando, bailando e tocando moitos instrumentos! Ademais, botádelle ben un ollo ás nosas posicións nas mesas. Onte Teo falou coa mestra Rocío e dixo que xa estabamos listos para ter o noso lugar na aula, e nesas cadeiras deixaremos as mochilas tódalas mañás, e sentarémonos nelas para merendar sobre a nosa mesa e facer algún que outro traballiño. Seguindo as cores do noso monstro, fixemos catro equipos: O equipo amarelo está formado por: Alejandro, Aroa V., Daniel, Daniella, Iria, Lucas e Martina. O equipo verde está formado por: Alonso, Leila, Naia, Nizar, Noa e Roi. O equipo vermello está formado por: Brais M., Claudia, Izan, Lucía, Xabier e Zaira. O equipo az

A NOSA PRIMEIRA MERENDA!

Imaxe
Esta mañá, todos xuntos, por fin puidemos merendar no novo cole! Pero antes de encher as nosas barrigolas, tiñamos que prepararnos: ir ao baño, limpar as mans e... ESTREAR OS NOSOS MANTEIS! Estes xa os decoramos o venres pasado, pero non puidemos estrealos ata hoxe. Mirade que ben quedaron! E aínda que algúns nenos non puideron vir ao cole ese venres, tamén decoraron o seu mantel uns días despois. Mirade, mirade! Agora si, estabamos listos para merendar. Bo proveito!

COÑECEMOS Á TEACHER MARTA!

Imaxe
Despois duns días en pequenos grupos, esta mañá xa nos reunimos todos os Pondaliñ@s na aula de 3 anos! A algún de nós aínda lle custou un pouquiño entrar na aula, pero alí nos esperaba alguén para alegrarnos e calmar os nosos choros... Era a profe Marta, pero todos sabemos que lle temos que chamar Teacher, e que con ela aprenderemos moito English! Verémola tódolos mércores!

COÑECEMOS AO MESTRE CARLOS!

Imaxe
Como podedes ver na marxe dereita do blog, os Pondaliñ@s xa temos horario! Para comezar ben a semana, os luns visitaremos o Pavillón na hora de Psicomotricidade. E como hoxe foi luns, tocounos coñecer ao mestre Carlos e ao seu fiel amigo, o silbato! Descubrimos o grande que era o Polideportivo, e tamén algúns dos materiais que alí había: colchonetas, balóns, cordas, aros, zancos... Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foron dous canciños aos que proximamente lle poremos nome! Xa vos iremos informando! Con eles decidimos sacar unha foto xunto ao mestre Carlos. O profe Xalo tamén se uniu, xa que el acompañaranos nas nosas aventuras ximnásticas!

BENVIDOS!

Imaxe
O curso 2016/2017 xa deu comezo, e as nenas e nenos de 3 anos estamos en pleno Período de Adaptación! Despois dun par de días nos que coñecemos a Rocío e a Xalo, e tamén os distintos recunchos da aula, este venres alguén nos esperaba na nosa nova alfombra... Este é Teo, o monstro de cores, e vai ser a nosa mascota durante este curso! El tamén nos quixo dar a benvida ao novo cole, e nós dixémoslle como nos chamabamos e regalámoslle un gran abrazo que o puxo moi feliz. Pero Teo non viña só, senón que con el trouxo o seu conto, e aí descubrimos por que lle chamaban o monstro de cores. Resulta que Teo é un monstro moi especial, que cambia de cor segundo o que sinta en cada momento. Queredes relembrar a súa historia? Pois premede neste vídeo! Despois dos foguetes cos que rematamos todos os contos, algo tivemos que colorear nas nosas mesas. Polo momento é un segredo, pero dirémosvos que para traballar mellor tivemos de fondo algunha que outra canción. Aquí volas deixamos p