Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

PASARRÚAS DE ENTROIDO!

Imaxe
Hoxe por fin chegou o gran día, o día máis esperado, o día de estrear os nosos disfraces de pallasetes e pallasetas e lucilos polo pobo para que tódolos nosos veciños nos visen e se divertisen con nós! Aquí nos tendes a todos antes de saír do cole coa mestra Rocío e coa profe Sandra, que estivo pendente de nós durante toda a xornada! Moitísimas grazas! E se nos queredes ver máis de preto... Aquí nos tendes! Moitísimas grazas a tódalas familias polo espectacular traballo de vestiario e maquillaxe que fixéchedes con estes Pondaliñ@s tan animados! PALLASETES DE 3 ANOS! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker E despois de tódolos preparativos, tocaba sacar ao noso Circo Pondaliano polas rúas de Ponteceso! Saúdamos a toda a xente que saiu das súas casas e dos seus negocios para vernos, dende o cole ao Recheo! Menuda camiñata! E xa no Recheo, tocaba interpretar as cancións que estivemos ensaiando coa profe Luisa. Estivemos un pouquiño tímidos porque había unha gran multitu

TEO VIAXA Á CASA DE... XABI!

Imaxe
Ao igual que ocorreu coa Mochila Viaxeira, esta semana o noso Teo de cor verde marchou un día antes da nosa aula. Nesta ocasión montou no autobús das xirafas rumbo á casa de Xabi, para pasar con el, coa súa familia e cos seus amigos estes días de Entroido! Será que veremos á nosa mascota disfrazada? Quen sabe... Moi pronto poderemos descubrilo! A pasalo moi ben rapaces!

MOCHILA VIAXEIRA: BRAIS MARTÍNEZ!

Imaxe
Como mañá vai ser un día moi especial e non imos ter tempo para nada máis que divertirnos disfrazados de pallasetes e pallasetas, a nosa Mochila Viaxeira volveu á aula antes do previsto... Iso si, de novo anda de viaxe por Ponteceso, nesta ocasión na casa do noso compañeiro Brais! A gozar moito de tódolos contos durante estes días de Entroido!

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos os aniversarios das nenas e dos nenos que cumpriron e cumprirán anos neste mes de febreiro! Aquí os tendes esta mañá co noso marco dos aniversarios: Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á nosa celebración! E xa nas nosas mesas, tocaba cantarlle o "Cumpleaños feliz" a estes raparigos mentres eles sopraban as súas velas do número 4! Que maiores! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes de melocotón, tocaba sacar unhas fotos cuns invitados moi especiais... Con nós estiveron a mamá de Marta, os papás de Alonso, os papás de Noa, o papá de Leila e a madriña de Alejandro, aínda que pola tarde veu a súa mamá facernos unha pequena visita para poder ter a súa foto! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

SEMANA DE ENTROIDO: XOVES!

Imaxe
Nesta semana de Entroido, por fin chegou un dos días máis esperados... O día no que puidemos traer o noso disfrace preferido! Tiñamos princesas, superheroes, policías, pallasos, animaliños, un par de demos, unha sevillana, unha pirata, unha laranxa, un mariachi, un emoticono... Estabamos guapísimos, mirádenos ben! Pola tarde, como estabamos un pouquiño alterados e sen moitas ganas de traballar, decidimos alongar o recreo de comedor e seguir xogando xunto aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos! Mentres, aproveitamos para sacar unhas fotiñas cun unicornio que por alí apareceu... XOVES DE ENTROIDO! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

DECORACIÓN DE ENTROIDO!

Imaxe
Xa estamos no Entroido, e o noso corredor xa está repleto de elementos circenses! Aquí vos deixamos un vídeo do noso circo particular. Que vos parece?

"O CIRCO" DE MIRÓ e "O CIRCO" DE 3 ANOS!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, descubrimos que algo había na caixiña de Teo... Aquí temos a Xabi, o encargado de hoxe, abríndoa para comprobar de que se trataba: Todos coñecemos o ovo de oso panda que nos dá a quenda de palabra, e tamén a tablet que moitos quixemos levar para a nosa casa! O que nunca antes víramos era ese debuxo estraño. Foron moitas as hipóteses que ofrecemos: unha foto, un cadrado, un círculo, un folio roto, moitos camiños, unha televisión estropeada, un circo volador, un coche de policía, montes e montañas... Non demos adiviñado do que se trataba, así que a profe propúxonos acender a tablet e buscar na pantalla algo que se parecese a esa forma estraña que estabamos vendo no papel. Unha vez atopada a aplicación, Xabi pinchou nela, e unha cámara se activou. Decidimos sacarlle unha foto a ese código, a ver que ocorría... E o que ocorreu foi que... Se abriu o noso blog! E alí había un vídeo esperando por nós. Aquí volo deixamos novamente, e tamén est

SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES!

Imaxe
O mandado do día de hoxe dicía: "Sexan caros ou baratos, o mércores calza uns bos zapatos". E aquí nos tendes con eles: Nizar, Aroa V., Martina, Zaira, Brais P. e Izan viñeron cuns ben coloridos. Leila, Andrea, Aroa P., Noa, Marta, Alejandro e Daniella trouxeron en cada pé un zapato diferente. Roi, Alonso, Hugo, Claudia, Brais M., Lucas, Iria, Lucía, Xabi e Naia apareceron con zapatos decorados. Mariña e a profe Rocío decidiron quitar o pixama para vir ao cole, pero por que non traer unhas zapatillas tan animadas?

CARETAS POLARES!

Imaxe
Aproveitando que estamos no Entroido e aprendendo un pouquiño máis sobre o Polo Norte, a profe propúxonos unir estas dúas temáticas... Como? Pois decorando caretas dalgúns dos animais polares que xa coñecemos! Aquí nos tendes coloreando a careta que cada Pondaliñ@ escolleu! Despois de tanto traballo, a profe recortounas e colocoulles uns depresores de cores, e así foi como nos quedaron: Martina, Alonso, Andrea, Zaira e Aroa V. decidiron transformarse nuns simpáticos renos. Xabi, Lucas, Daniella e Noa optaron polos osos polares. Izan, Brais P., Roi e Mariña preferiron os raposos do Ártico. A Leila, Claudia e Marta gustáronlle os cans que tiran dos trineos. Aroa P., Nizar e Lucía decantáronse polas morsas con afilados colmillos. Naia e Brais M. escolleron estas focas tan graciosas. Que vos parecen as nosas caretas polares de Entroido? Gústanvos?

XOGAMOS COA RECTA NUMÉRICA: NÓS ESCOLLEMOS!

Esta mañá seguimos xogando coa alfombra dos números, pero nesta ocasión a profe Rocío deixounos escoller o número ata o que queriamos saltar. Iso si, só nos deixaba dar saltos ata aquel número que identificábamos ben e ao que lle dábamos o nome correcto. Aquí nos tendes! XOGAMOS COA RECTA NUMÉRICA: NÓS ESCOLLEMOS! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

TEO VOLVE DA CASA DE... BRAIS MARTÍNEZ!

Imaxe
A nosa mascota de cor negro xa está de novo na aula despois de pasar a fin de semana co noso compañeiro Brais! Aquí vos contamos o que ocorreu durante estes días tan especiais! O venres, nada máis chegar da escola, Teo e Brais merendaron, cambiaron de roupa e foron pasear co avó do noso compañeiro. Xa de volta na casa, ducháronse, cearon e botáronse a durmir ben xuntiños. O sábado, despois de almorzar, decidiron ver un pouquiño a televisión. Logo, Brais liulle á nosa mascota o seu conto, e tamén o levou de visita á casa dos seus avós, onde aproveitaron para montarse no seu tractor. O domingo, Teo, Brais e os seus papás foron de paseo a Razo. Como se portaron moi ben, merendaron no Centro Comercial de Carballo, e tamén se montaron nalgunhas das atraccións que por alí había. A Brais encantoulle pasar a fin de semana coa nosa mascota medorenta, e o que máis lle gustou foi presentarlle ao seu canciño. Ata o momento non tiña nome, pero hoxe os Pondaliñ@s decidiron que "Colorine

SEMANA DO ENTROIDO: MARTES!

Imaxe
No día de hoxe seguimos cos mandados de Entroido, e desta vez tocou adornar o noso pescozo... Tiñamos gravatas e paxariñas de todo tipo! Aroa P., Hugo, Martina, Lucía, Roi, Izan e Nizar trouxeron gravatas de tea ben coloridas. Alonso, Noa, Zaira e Andrea apareceron cunhas gravatas ben brillantes. Lucas, Mariña, Brais P., Leila, Marta, Xabi e Aroa V. viñeron cunhas paxariñas de tea moi coloridas. Daniella, Brais M., Claudia e Iria trouxeron uns paxariñas moi brillantes. Tamén tiñamos paxariñas de pallasete! Naia e a profe Rocío foron quen apareceron con elas! Mirade que guapos estamos! A ver con que vos sorprendemos mañá nos nosos pés!