Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso primeiro curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver coas pilas ben cargadas en setembro! Bo verán, Pondaliñ@s! ♥

P DE PONDAL!

Imaxe
No día de onte despedimos este curso 2016/2017 cun gran festival: o "P de Pondal"! Os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos bailamos un remix da banda sonora da película "Grease". Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de onte. Esperamos que vos gustase e que o pasárades tan ben coma nós! P DE PONDAL!

DESPEDINDO ESTE CURSO!

Imaxe
Esta mañá, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos, e tamén xunto ás nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria, despedimos o noso primeiro curso no cole cunha rica merendola! Gusanitos, palomitas, patacas, chuches, zumes e augas había nas mesas que colocamos no corredor para a ocasión, pero non chegaron a nada, acabouse todiño! Incluso a profe repartiu galletas e os rapaces e rapazas maiores nos trouxeron comida das súas festas! Pasámolo fenomenal!

UN RECREO DIFERENTE!

Imaxe
Como ben sabedes, este venres celebraremos o "P de Pondal", o festival co que despediremos este curso! Por suposto, estades máis que convidados a este evento! As portas ás familias abriranse ás 10:15 horas, e os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos seremos os primeiros en actuar, alá polas 10:30 horas. Aquí vos deixamos o cartel que se creou para a ocasión! Que vos parece? Levamos varias semanas ensaiando o noso baile na piscina que se atopa no patio cuberto, pero desde este luns un gran escenario invade a pista de fútbol, e como non podía ser doutra maneira, xa nos subimos a el para practicar un pouquiño máis!  Ademais, contamos cun gran altofalante para poder escoitar a nosa canción durante os ensaios, mais hoxe tamén o utilizamos para transformar o noso recreo nun moi especial... Pasámolo en grande coas cancións que alí soaban, e témoslle que dar as grazas ás profes Ana e Sandra, xa que foron elas as que nos gravaron bailando así de ben! Recoñecédesnos entre tantos nen@s?

ANIVERSARIOS DE XULLO E AGOSTO!

Imaxe
Este venres remata o colexio, e como non pode ser doutra maneira, comezan as vacacións! Durante os meses de xullo e agosto non viremos á escola, polo que no día de hoxe tocou celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpren 4 anos no verán! Aquí tedes a Izan, Lucía, Aroa, Zaira e Xabi coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa! Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslles o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as velas do número 4 nunha tarta da Patrulla Canina! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar unhas fotos cuns invitados moi especiais... Os papás e as mamás de Lucía, Xabi e Zaira, a mamá de Izan e a mamá de Aroa e os seus irmáns Alejandro e Inés tamén se uniron á nosa festa! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

MOCHILA VIAXEIRA: LUCAS!

Imaxe
A nosa Mochila Viaxeira xa emprendeu a súa última viaxe, e agora mesmo xa se atopa na casa do noso compañeiro Lucas. A pasalo moi ben con tódalas historias que aí se agochan!

A CASA DA MOSCA CHOSCA!

Imaxe
Despois de recibir a invitación das nenas e nenos de 2º de Primaria, chegou o día de visitar a biblioteca do noso cole para pasalo estupendamente ben coa obra de teatro que todos eles representaron: "A casa da mosca chosca". E sabedes quen interpretaba o papel da mosca? Olalla, a irmá do noso compañeiro Brais Pérez! Encantounos!

MOCHILA VIAXEIRA: AROA VEGA!

Imaxe
A nosa Mochila Viaxeira, na súa penúltima viaxe deste curso, xa se atopa na casa da nosa compañeira Aroa! A pasalo moi ben con tódalas historias que aí se agochan!

ANIVERSARIOS DE XUÑO!

Imaxe
No día de onte celebramos os aniversarios dos nenos que cumpriron anos a finais de maio e principios de xuño! Aquí tedes a Hugo, Roi e Brais coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa! Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos cun Teo moi especial, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as velas do número 4 nunha tarta da Patrulla Canina! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar a foto cuns invitados moi especiais... A mamá e o papá de Brais, a mamá de Roi e o seu irmán Leo e o papá e a mamá de Hugo tamén se uniron á nosa festa! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

MÁIS DO MAGO ÁLEX!

Imaxe
A mamá do noso compañeiro Roi, como membro da ANPA, foi a encargada de filmar a actuación do Mago Álex! Grazas a tódolos seus vídeos, agora podemos compartir con tódalas familias un pequeniño resumo do que foi ese día tan especial...

A ANPA REGÁLANOS A ACTUACIÓN DO MAGO ÁLEX!

Imaxe
Esta mañá, grazas á ANPA do noso colexio, quedamos máis que abraiados cos trucos de maxia de Álex, un simpático mago carballés co que o pasamos estupendamente! Foron moitos os nosos xestos de sorpresa, pero moitas máis as gargalladas que nos botamos con el! Sen dúbida, a mellor maneira de pechar a temática deste ano: o circo!

TIBURÓNS Á VISTA!

Imaxe
Os nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos levan varias semanas aprendendo máis sobre os tiburóns, e esta mañá convidáronnos a posar no seu photocall... Ademais, as coroas que onte levamos para as nosas casas tamén son un agasallo que eles nos fixeron! Estamos máis que encantados, moitísimas grazas!