Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

HOXE AXUDÁRONNOS A SABER MÁIS DOS CARACOIS...

Imaxe
No día de hoxe aprendemos un pouquiño máis sobre os caracois grazas ás aportacións de... Lucía e Roi pasaron unha divertida tarde de manualidades na casa do noso compañeiro e aquí nos mostran estas paisaxes tan caracoleiras que modelaron coas súas mamás. Roi mostrounos os seus caracois terrestres baixo un cogomelo e un ourizo, e Lucía os seus, que paseaban xunto a un mar cheo de cunchas e caracolas ou caracois mariños. Leila trouxo unha cuncha de caracol baleira que atopou no bosque. Grazas a ela hipotetizamos sobre o que ocorreu co corpo dese caracol e chegamos a dúas conclusións: ou o caracol perdeu a súa cuncha e se transformou en babosa ou este morreu e deixou a súa cuncha atrás. Tendo en conta que xa sabemos que babosas e caracois son animais diferentes e que o caracol non perde a súa cuncha, senón que esta medra con eles, deducimos que a opción correcta é a última. Claudia ensinounos unhas caracolas xigantes que conseguiu a súa mamá. Mentres as observábamos, xurdiu

ROBÓTICA E CARACOIS!

Imaxe
Esta mañá, na biblioteca da nosa escola, grazas á ANPA do CEIP Eduardo Pondal recibimos unha demostración de robótica por parte dunha profe moi simpática que se chamaba Alba. Coñecemos moitos tipos de robots e todo o que eles facían. Gustounos tanto e estivemos tan atentos que pensamos que van ser moitos os nenos e nenas que se apunten a esta actividade. Tamén nos puxemos moi contentos cando a mestra Rocío nos mostrou a bee-bot que nos acompañará durante este curso para seguir aprendendo e divertíndonos na nosa clase. No día de hoxe, ademais, fixemos unha animada manualidade relacionada co noso proxecto sobre os caracois. Primeiro decoramos unha folla coas cores de outono. Logo, con plastilina fixemos un churriño e démoslle forma de "L" para pegalo á nosa folla. Cando xa estaba ben suxeita, escollemos entre noces e castañas para transformalas nas cunchas dos nosos caracois. Por último, colocamos un par de pauiños a modo de cornos ou tentáculos e a profe axudounos cos oll

RETRATOS E CARACOIS!

Imaxe
No día de hoxe, na aula de 4 anos, aprendemos o que é un retrato e, como non podía ser doutra maneira, fixemos un do protagonista da nosa historia favorita nestes últimos días: "Las tijeras de Matisse". Parécense os nosos debuxos a este artista? RETRATOS: MATISSE. Conforme os fomos rematando, antes de merendar, puidemos xogar un cachiño coa plastilina. Gústanos tanto o noso proxecto que por iniciativa propia dous dos nosos compañeiros, Roi e Alejandro, animáronse a crear uns bonitos caracois! Mirade, mirade! Pero isto non foi todo o que fixemos relacionado con estes animaliños... O noso recanto dos caracois comeza a encherse grazas ás aportacións de varias nenas e nenos da aula: Noa chegou cun debuxo dun caracol que ela mesma decorou. Tamén con parte dun conto de Peppa Pig no que aparece este animal. E o que máis nos gustou, un libriño que xa lemos e que volveremos a ler porque trae moita información sobre os caracois que nos servirá para seguir apren

DURANTE OS PRÓXIMOS MESES APRENDEREMOS MÁIS SOBRE...

Imaxe
Despois duns días cavilando, no día de hoxe chegamos a un acordo en asemblea... Sobre que queremos aprender nas próximas semanas? Pois sobre uns animaliños que levamos observando cada vez que baixamos ao patio e que espertan a nosa simpatía e, por suposto, a nosa curiosidade... Seredes quen de adiviñar de que animais falamos escoitando esta canción? Unha vez que decidimos que os caracois serán os nosos mellores amigos durante as próximas semanas, pensamos en todo aquilo que xa sabemos deles, e tamén todo o que nos gustaría saber... Falamos e falamos, e este foi o resultado! Agora, as nosas inquedanzas xa se atopan na cortiza para poder falar delas cada vez que nos sentemos na alfombra... Tamén deixamos lugar para colocar toda a información que vaiamos atopando durante o desenvolvemento deste proxecto! Moi pronto visitaremos a Cleo para ver que atopamos na biblioteca, a profe tamén comezará a traer cousiñas á aula, pero o máis importante será o que nós atopemos nas n

O OUTONO XA CHEGOU!

Imaxe
No día de hoxe o verán quedou atrás e xa nos adentramos na nova estación: o outono. Para celebralo fixemos unha divertida manualidade.  Primeiramente, escollemos a nosa folla preferida entre tódalas que había e identificámola co noso nome para non confundila coa dos compañeiros e compañeiras. Logo, entre todos compuxemos a palabra "outono" e escribímola na nosa cartolina. Seguidamente, debuxámoslle e coloreámoslle brazos e pernas á nosa folla e, coa axuda da profe, puxémoslle un gran sorriso cun rotulador moi especial. Despois, colocámoslle un nariz, e para iso escollemos entre as castañas que nos trouxo a mestra e as noces que Alejandro, Alonso e Roi recolleron no patio. Por último, decoramos a nosa cartolina con gomets de cores, as máis características desta estación do ano. Aquí nos tendes coas nosas follas animados xusto antes de baixar ao comedor.  A nós gústannos moito, que vos parecen a vós? 

XA TEMOS MANTEIS!

Imaxe
Esta mañá, despois das rutinas, recordamos a historia de "Unha eiruga moi larpeira", a mesma c oa que o curso pasado aprendemos máis sobre as caterpillars con Teacher. Sabedes por que o fixemos? Pois porque nos nosos novos manteis nos transformamos nuns larpeiros e nunhas larpeiriñas... Iso si, os nosos cocoons estaban demasiado brancos, pero con papeis de cores, tesoiras e pegamento pronto arranxamos isto! Mirade, mirade! Polo momento deixámolos a secar, pero seguro que mañá xa os podemos estrear!

QUE FIXEMOS HOXE?

Imaxe
No día de hoxe continuamos recordando (e complicándoos un pouquiño máis) algúns dos xogos cos que nos divertimos o curso pasado. Desta vez foi a quenda dos pratos e dos pompóns, así como das perchas e das pinzas. Primeiramente, entre todos, ordenamos a recta numérica, polo momento do 0 ao 9. De seguido, Mario, Noa, Alejandro, Lucas, Brais M., Brais P., Aroa V., Marta e Lucía encheron de pompóns os nosos pratos segundo o número indicado. Logo, Martina ordenounos de menor a maior, e Mariña asociou un número a cada prato, xa que uns segundos antes desordenáramos tódalas tarxetas. A continuación, Mario, Claudia, Naia, Alonso, Leila, Xabi, Roi, Zaira, Nizar e Noa engancharon pinzas en cadansúa percha, en función do número indicado, e colocáronas xunto ao prato e á tarxeta numérica correspondente. Aquí vos deixamos o procedemento... XOGAMOS COS POMPÓNS, COAS PERCHAS E COAS TARXETAS NUMÉRICAS Mirade que ben o fixemos! No día de hoxe tamén nos esperaba unha sorpresa... Por fin puid