Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LEILA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita  moi especial. Esta tarde estivo con nós Sandra, a mamá da nosa compañeira Leila! Contounos a historia de " Caramba ", un gato normal e corrente, que pasea, miaña e come pescado. Porén, conta cunha gran diferencia con respecto aos demais gatos: el non podía voar. Será medo? Quen sabe... Despois de moito intentalo, non consegue alzarse no aire e viaxar polo ceo sen axuda, pero si logra facer algo que os demais gatos non fan. Que será?  A do gato Caramba é unha bonita e fantasiosa historia que nos fixo rir a gargalladas cos seus disparates, pero que tamén nos demostra que ser diferente ten a súa parte boa. O noso protagonista finalmente foi quen de descubrilo, e transformar a súa tristeza por non voar nunha inmesa alegría cando descubriu o que era capaz de facer baixo a auga do mar... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para ce

MÁIS DO MAGO PEDRO BUGARÍN!

Como ben sabedes, no día de onte a ANPA  da nosa escola regalounos a actuación do mago Pedro Bugarín . Hoxe, queremos compartir con vós novas imaxes do seu espectáculo realizadas pola mamá do noso compañeiro Roi. Aquí volas deixamos! Agardamos que vos gusten! MAGO PEDRO BUGARÍN!

A ANPA REGÁLANOS A ACTUACIÓN DO MAGO PEDRO BUGARÍN!

Imaxe
Esta mañá, grazas á ANPA  do noso colexio, coñecemos ao mago Pedro Bugarín  e moitos dos seus trucos de maxia! Pasámolo estupendamente ben e rímonos a gargalladas! Algúns incluso levamos cousiñas que usou nos seus trucos para as nosas casas! Aquí nos tedes antes da súa actuación! Ademais, un dos Pondaliñ@s de 4 anos, Nizar, foi escollido como axudante polo mago Pedro, e aquí vos deixamos o vídeo da súa actuación!

ANIVERSARIOS DE ABRIL!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Andrea fíxose maior e xa ten 5 anos! Aquí a tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s a felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa compañeira sopraba a súa vela de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con Andrea tamén quixo compartir este momento Susana, a súa madriña! Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que che gustasen os nosos agasallos!

DESCUBRIMOS NOVOS ANIMAIS MARIÑOS!

Imaxe
No día de hoxe, despois das rutinas da encargada e dalgún que outro xogo, dedicamos a mañá a realizar varios traballiños nas nosas mesas. Xa pola tarde, despois de ter clase coa mestra Pilar, decidimos analizar algúns dos materiais que trouxemos das nosas casas. Comezamos con Naia e os seus peluches. Primeiramente ensinounos un polbo cos seus oito tentáculos que lle prestou a súa irmá Alejandra, e seguidamente unha estrela de cinco brazos que lle coseu a súa mamá. Mirade que bonitos! Continuamos con Mariña, que nos trouxo este libro que nos permite adentrarnos no fondo mariño grazas a unha lanterna máxica. Mirade que xenialidade! Esta foi a segunda e a última aportación do día, pois todos quixemos probar esa lanterna máxica e non tivemos tempo a ver os materiais que trouxeron outros Pondaliñ@s. Prometemos continuar mañá sen falta! Como podedes comprobar no seguinte vídeo, este libro lévanos da superficie ás grandes profundidades mariñas, recordando así as partes dos o

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A IRMÁ DE LUCAS!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa aula recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Candela, a irmá maior do noso compañeiro Lucas! Leunos un conto titulado " A cousa que máis doe do mundo ", unha historia protagonizada por unha lebre e unha hiena que conversan sobre aquilo que máis doe do mundo... Despois de moitas hipóteses, a lebre di que a cousa que máis doe do mundo é a mentira, e tan pronto como escoita isto, a hiena escacha a rir. A lebre, acompañada por outros animais do reino no que viven, argalla unha lea para demostrarlle que realmente a mentira é a cousa que máis doe do mundo. É unha historia fermosa que nos permitiu reflexionar na aula sobre a mentira, así como idear un final alternativo, pois ao fin e ao cabo a lebre dixo unha mentira, e iso, aínda que fose para demostrarlle á hiena que estaba errada, non está nada ben... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para

DÍA DO LIBRO 2018!

Imaxe
No día de hoxe conmemórase o Día do Libro, e na nosa escola decidimos celebralo cun apadriñamento lector organizado polo Equipo de Biblioteca do noso colexio. O xoves da semana pasada, os nenos de nenas de 4ºA visitaron a nosa aula para coñecernos un chisquiño máis e así indagar sobre as nosas lecturas favoritas. E esta mañá, despois do recreo, contáronnos as historias que elixiron pensando nos nosos gustos. Encantáronnos tódolos contos que escolleron, e moito máis nos gustou pasar un tempo acompañados dos maiores compartindo unha actividade tan bonita coma esta! Día do Libro 2018! Ademais, Cleo aproveitou para agasallar aos gañadores do "Concurso de Civilizacións" proposto desde a Biblioteca para o alumnado de Educación Primaria. As tres aulas de Educación Infantil recibimos un agasallo grupal por ter realizado un proxecto sobre o Antigo Exipto e responder correctamente a tódalas preguntas dun trivial que Cleo nos mandou semanas atrás. Aquí temos á nosa encargada No

COÑECEMOS AO CAPITÁN NEMO!

Imaxe
Esta tarde, ao volver do recreo, decatámonos de que o proxector estaba encendido e que na pantalla dixital podíamos ver a imaxe dun señor descoñecido. Ademais, un conto que non coñecíamos aparecera tamén sobre o noso ordenador... Non entendíamos demasiado ben o que estaba ocorrendo, pero por suposto, todo isto tiña que ser obra do Señor do Tempo. Algo de razón tiñamos, mais desta vez tocou coñecer a unha nova personaxe. Aquí vos presentamos ao Capitán Nemo, o comandante do submarino Nautilus! O seu amigo o Señor do Tempo comentoulle que estabamos aprendendo máis sobre os tiburóns e as estrelas de mar, e o Capitán Nemo pediunos axuda para retomar tódalas anotacións que perdera cando o seu caderno desapareceu na profundidade do mar. Mirade, mirade! Despois de analizar o vídeo e, por suposto, aceptar o reto proposto, coñecemos un pouquiño máis da historia deste capitán grazas ao conto que el mesmo nos deixou. Titúlase " 20000 leguas baixo dos mares ", foi escrito por Xuli

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE DANIELLA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Puri, a mamá da nosa compañeira Daniella. Contounos a historia de " A cebra Camila ", unha cebra que un bo día decide desobedecer á súa nai, e sae ao campo sen os seus calzóns e os seus tirantes. Sabedes que ocorre? Pois que o vento marchou coas súas raias! Dende ese momento a cebra emprende un camiño no que derrama sete bágoas, atopándose con sete animaliños que a axudarán a superar a súa pena regalándolle unha raia moi especial... Ademais, de volta a casa, a súa nai non lle riñe, entende que Camila se está facendo maior e non necesita daquela vestimenta axustada, mais o que sempre necesitará serán os consellos da súa mamá! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á mamá de Daniella, enchémola de bicos e achuc

CONCERTO DIDÁCTICO: "O CIRCO AMBULANTE"

Imaxe
O de hoxe foi un día diferente... Unha vez máis montamos no autobús para visitar a cidade da Coruña, nesta ocasión para asistir a un concerto didáctico moi circense! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos no Pazo da Ópera! Despois de subir un montón de escaleiras, cada Pondaliñ@ situouse nunha das butacas esperando a que comezase o gran espectáculo! E cando se apagaron as luces... comezou o espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que vimos sobre o escenario! Cantamos, bailamos, coñecemos diferentes artistas de circo... E o máis importante, pasámolo estupendamente ben! E para rematar a xornada, incluso sacamos unha fotografía cos protagonistas desta actuación! FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO XENIAL! Ademais, aproveitamos para comentarvos que xa escollemos temática para o proxecto deste trimestre... Fai uns días que o Señor do Tempo nos deixou a súa derradeira carta, onde nos anunciaba que no próximo mes de maio visitaremos o Aquarium