ACTIVIDADES ESPECIAIS COA NOSA COMPAÑEIRA IRIA!

O día de hoxe foi un día moi especial... Sabedes por que? Pois porque esta mañá visitounos Iria, a nosa antiga compañeira! Como ben sabedes, agora é alumna dunha escola de Carballo, e aínda que o seu colexio lle gusta moito, bótanos moito de menos, igual que nós a ela! Pero sabedes o mellor? A súa non foi unha visita duns minutos... Estivo con nós toda a xornada!

Para celebrar esta gran noticia, organizamos unhas actividades un tanto diferentes que esperamos que lle gustasen moito á nosa compañeira. Comezamos por un obradoiro de cociña! Aproveitando que tanto nós coma ela estamos aprendendo sobre animais mariños e que tanto a nosa clase como a súa visitamos o Aquarium da Coruña fai pouco, cociñamos un delicioso biscoito con forma de peixe. Queredes coñecer os pasos que seguimos? Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá!


Papamos todo o biscoito que cociñamos e tamén parte do que trouxo a profe Rocío como modelo... Ademais, a nosa compañeira agasallounos cunhas saborosas palomitas, e a profe tamén tiña para nós uns gusanitos e un zume de froitos do bosque (arándanos, moras e framboesas) dunha cor azul moi semellante á do mar que tanto nos gusta. Así que se hoxe foi algunha merenda de volta para as nosas casas, xa sabedes cal foi o motivo!

Durante o recreo amosámoslle a Iria tódolos novos xogos e os encerados que temos no patio cuberto, e despois de volver á calma na aula, seguimos aprendendo cousiñas sobre o mar. Desta vez tocou visitar algúns xornais e ler unha noticia que nos puxo moi tristes: "En Tailandia, unha balea morreu por comer 80 bolsas de plástico". Aproveitamos a noticia para falar da importancia de coidar os nosos mares e océanos, e o necesario que é reutilizar e reciclar para que non ocorran desgrazas coma esta. Ademais, pensamos nas cousiñas que nós podemos facer para evitar estas situacións e así lograr que o noso mundo non se converta nunha illa de plástico como a que xa podemos atopar no Océano Pacífico: nunca tirar lixo ao chan, recoller o lixo que atopemos, reutilizar e reciclar os materiais...



Así pois, aproveitamos o noso obradoiro de cociña para pensar en todo o plástico que empregamos, e decatámonos de que era moitísimo. Ademais de reciclalo, que podíamos facer para que ese plástico no fose parar a mares e océanos? Por que non inspirarnos na exposición que vimos no Aquarium da Coruña onde se creaban obras de arte a partir do lixo atopado no mar?


Desta maneira, puxémonos mans á obra e decidimos crear unhas bolboretas primaverais utilizando como corpo os botes de lacasitos que usamos para decorar o noso biscoito! Picamos as ás e coloreámolas para logo, coa axuda da profe, pegarlle o corpo de plástico!


Aquí vos deixamos o resultado final das nosas bolboretas! Xa temos un novo xogo nas nosas casas e, ademais, coidamos a natureza!


Xa para rematar a xornada, despedímonos da nosa compañeira Iria, que nos agasallou cuns botiños de plastilina cos que tamén poderemos xogar desde esta mesma tarde!


MOITAS GRAZAS IRIA! VOLVE CANDO QUEIRAS!

Comentarios

  1. Encantame esta actividade, e alejandro veu todo emocionado ca visita de iria que esta guapisima e moi mayor

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito! 😊 Os Pondaliñ@s tamén desfrutaron moito coas actividades de hoxe 😋

      Eliminar
  2. Pero que boa pinta ten ese bizcoito 😋😋😋 teremos que repetir a receita na casa, e sí algo de merenda veu de volta pero non me extraña jijiji...pasarono de maravilla, faltanos ver esa bebida azul cómo o mar jajaja.. Lucía chegou encantada con todo o que fixerades e ca visita de Iria. E gustame que falen do importante que é coidar os mares(a natureza en xeral) e reciclar. Tivechedes un luns súper completo 😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo debía de estar que o paparon enteiriño e a profe nin o probou 😂 E si, non houbo mellor maneira de comezar a semana! Gustáronlle moito as cousiñas que fixemos 😍

      Eliminar
  3. Canto me alegro que Iria se acorde dos seus compañeiros!!, e vai dia especial!! ese biscoito decía COMEMEEE !!JIJIJI e si moi importante o que lle enseñaches!!, e increíble o porcons que somos.....non cuidamos nada o noso planeta...seguro que esa nova xeneracion fara mellor..!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si! Pero el@s mesm@s se dan conta do importante que é coidar a natureza. Son os primeir@s en avisarlle aos compañeir@s de que se equivocaron de papeleira na clase e xa non é a primeira vez que algún Pondaliñ@ recolle algún plastiquiño que atopa no patio 😉

      Eliminar
  4. Como me alegro que Iria se acorde dos compañeiros. Andrea veu encantada ca visita de Iria. Que boa pinta ten ese bizcoito. Esa actividade ta moi ben. Foi un luns completo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito! Aos Pondaliñ@s tamén lles gustou moito este luns! 😊

      Eliminar
  5. Preciosa actividad e q mellor cos visita de Iría que tanto queren estés nenos, esta maestra non para de argallar de donde quitará tantas ideas jajajajajajaj xa podes pasar pas vacacions algunha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aos Pondaliñ@s tamén lles encantou este día! 😍 Jajajaja, pois a profe tenlle moito que agradecer a Pinterest e a Instagram, podedes rebuscar por alí que hai ideas xeniais 😋

      Eliminar

Publicar un comentario