ANIVERSARIOS DE VERÁN!

No día de hoxe estivemos de celebración! Aroa, Izan, Lucía, Xabi e Zaira faranse maiores e cumprirán 5 anos nos meses de xullo e agosto. Como mañá remata un novo curso, hoxe tocou celebrar o seu aniversario cun pouquiño de antelación, pois durante os verán non viremos ao cole. Aquí os tedes a todas e todos coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa no noso marco dos aniversarios!







Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!


Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas compañeiras e os nosos compañeiros sopraban as súas velas de aniversario! Por suposto, seguidamente enchemos as nosas barrigolas cunha saborosa tarta!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Mónica, Inés e Alejandro, a mamá e os irmáns maiores de Aroa; Raquel, a mamá de Izan; Sandra e Sergio, a mamá e o papá de Xabi; José Luis e María José, o papá e a mamá de Zaira; e María e Marcos, a mamá e o papá de Lucía.






Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que vos gustasen os nosos agasallos!

Comentarios

  1. Felicidades a todos peques hoxe si que foi un super cumple

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nada lle ten que envexar aos de febreiro 😂 Con estes cumples a clase está cheísima 😋

      Eliminar
    2. Eso tamen e verdad

      Eliminar
    3. JAJAJA! Pois para o ano imos ter, como mínimo, dous compis novos. (Xa sabedes como é a xeneración do 2013 😜) A ver en que mes cumplen que estas celebracións aínda poden aumentar de número 😂

      Eliminar

Publicar un comentario