ANIVERSARIOS DE XUÑO!

No día de hoxe estivemos de celebración! Hugo, Roi e Brais fixéronse maiores e xa teñen 5 anos! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios!





Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!


Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as súas velas de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Rosario, Suso e Leo, a mamá, o papá e o irmán maior de Roi; José Andrés e Bea, o papá e a mamá de Brais; e Eva e David, a mamá e o papá de Hugo.




Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! A próxima semana estarán listos os vosos agasallos, agardamos que vos gusten moito!

Comentarios

  1. pero que guapos saliron todos !! e que rápido medran estes peques!! moitas gracias por todo Rocio !! moi felices de poder acompañarvos nese dia!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Saíron guap@s porque xa o son! 😋 E si, medran rapidísimo. Que o ano que vén xa se nos gradúan 🙈🙈🙈

      Eliminar

Publicar un comentario