MERENDOLA DE FIN DE CURSO!

Para celebrar que este curso 2017/2018 está a piques de rematar, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos, reunímonos no noso corredor para desfrutar todos xuntos dunha rica merendola! Aquí vos deixamos algunhas fotografías do que foi esta saborosa mañá:




Ademais, nada máis chegar á aula descubrimos a última das mensaxes do Capitán Nemo. Pero desta vez, o seu vídeo viña acompañado duns carnets que nos converteron en capitáns e capitanas de submarino, uns saborosos peixiños que nos agasallou para acompañar a nosa merenda, e tamén unha lupa de súper-aumento e un visor de animaliños para que nunca perdamos as ganas de aprender e seguir investigando. Se queredes escoitar o que nos tiña que dicir, pinchade aquí:

Comentarios