P DE PONDAL!

O de hoxe foi un día cargadiño de emocións! Comezamos a mañá despedindo ao profe Xalo, agasallándoo cun precioso cadro no que as nosas pegadas se transformaron nas follas dunha árbore. Unhas pegadas que estamos máis que seguros de que sempre levará con el alá por onde vaia, na súa memoria e no seu corazón! Persoalmente, quero agradecervos a tódalas familias este detalle tan bonito para o mellor compañeiro de aula que puiden ter desde que comezou esta aventura alá por setembro de 2016!





Xa na clase, preparámonos para participar na segunda edición do "P de Pondal", e aproveitamos para sacar unhas fotiños xunto aos Pondaliñ@s de 3 anos. Moitas grazas á profe Silvia pola súa axuda, tanto no día de hoxe durante o festival como a que nos ofreceu durante todo o curso en múltiples ocasións!






Despois disto, xa estábamos máis que listos para baixar ao patio e desfrutar do espectáculo!





Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a segunda edición do "P de Pondal"! Agardamos que vos gustase e o pasárades tan ben como o fixemos nós!

Comentarios

  1. Un fin de curso estupendo, foi unha mañá completa chea actuacións, sorpresas e despedidas, e que eu este ano puiden disfrutarla tamén, os pondaliños bailaron e portaronse fenomenal. Oxalá me coincida estar presente más seguintes. Gracias profe por compartilo cos papis 😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, foi un día estupendo! 😊 E por suposto que tes que estar nos seguintes, non te podes perder a graduación de Lucía! 😍

      Eliminar
  2. pois un dia moi emocionante..costoume moito aguantar a lagrimilla...asique decidin poñerlle una sonrisa por que sabemos que a Xalo vai seguir sempre nos nosos coraons e por suposto de visitiñass , que ahora sabemos donde vivee jajajaj pois gracias a todo o equipo e sobre todo a ti Rocio por tanto traballo que hai detrás !!! merecidísimas vacacions !! eu po ano comprarei un casco de moto jijijiji por que non creo que me aguante !! pero inda queda por diante un novo curso !!! a disfrutalas moito!!!! botaremosvos de menos!! biicoooss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a min tamén me dá moita pena pero hai que estar contentos por el e desfrutar das súas visitas 😊 Eu para o ano non vou prometer que non se me caian as lágrimas, pero agora toca desfrutar dos meses de verán e do curso que aínda nos queda por diante! 😍

      Eliminar
  3. Moita sorte nesta nova etapa, Xalo! Seguro que os Pondaliñ@s se acordarán sempre de ti!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario