MANUALIDADES ESPACIAIS!

Ao longo desta semana, entre outras moitas actividades, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos realizando diferentes manualidades relacionadas co Universo. Comezamos decorando os 25 foguetes que xa forman parte da nosa porta espacial! Agora entrar na nosa aula é moito máis divertido! Agardamos que vos guste!


Esta mañá recordamos as nosas datas de nacemento, e seguindo a táboa que nos trouxo a nosa compañeira Noa, fomos coñecendo cal era o noso astro: Mercurio (Roi, Brais M., Hugo, Daniella e Xabier); Venus (Naia, Alejandro G., Andrea, Aroa P. e Brais P.); Marte (Martina); Saturno (Nizar e Lucas); Urano (Marta); Neptuno (Leila, Noa, Alonso e Alejandro V.); Plutón (Mario, Mariña e Claudia); Sol (Zaira, Lucía e Izan); Lúa (Aroa V.). Logo, decorámolos con algo quen os gusta moito... Pintura e pinceis! Proximamente saberedes que faremos con eles...

Neptuno, Marte e Lúa.

Plutón e Sol.

Venus e Saturno.

Mercurio.

Ademais, os nenos e a nena que acoden a Atención Educativa durante este curso están abordando o tema da reciclaxe e reutilización de materiais coa profe Bea. Na nosa aula quixemos seguir o seu exemplo, e decidimos aproveitar a pintura sobrante, e tamén o soliño do patio, para crear uns murais sobre o Universo estampando unhas esponxas que tiñamos pola aula.





Así mesmo, aproveitamos para comentarvos que estamos tan motivados coa temática que xa comezamos a ver algún que outro astro nas nosas merendas... Mirade o que trouxo o martes a nosa compañeira Martina!


Igualmente, se a semana pasada estreábamos areeiro, estes días tocoulle ao novo parque de xogos. Aquí tedes a algúns Pondaliñ@s no recreo desta mañá!

Comentarios

  1. que chulada de porta !!! non entendia por que Roi me decía que el era mercurio jijiijiji ahora sii,algo xa chivou que traían pa casa o lunes jijijij e que suerte de solete pa estrenar o parque novo e as actividades fora!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos guste a nosa porta 😊
      Ai este Roi, que laretas é 😋
      Siii, a ver canto nos dura! 🌞

      Eliminar
  2. A porta quedou moi chula. Aproveitando o sol e disfrutando do parque novo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos gustase a nosa nova porta 😉 E si, os Pondaliñ@s encantados de estrear e de facer actividades fóra da aula 😊

      Eliminar
  3. A alex encantoulle o da barra do parque, e tamen me estivo explicando o das fechas de nacemento

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, Álex pasouse o recreo no novo tobogán, e pola mañá nada máis chegar ao cole xa preguntou se se podía ir! 😊

      Eliminar

Publicar un comentario