NOVA MENSAXE DE VALENTINA TERESHKOVA!

Esta mañá chegamos á aula e alí nos estaba esperando unha vella coñecida... Si, por fin volvíamos a ver a Valentina Tereshkova! Aquí vos deixamos o vídeo que quixo compartir con nós no día de hoxe!


Como vedes, esta semana temos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta Mercurio! Así que se algún Pondaliñ@ quere traer máis información da que temos nos materiais da aula, estaremos encantados de recibila! 

Ademais, o que tamén recibimos foi o soporte dun mapa que Valentina atopou na súa nave espacial... Será o que a axude a volver á Terra? Nós pensamos que si! Só temos un problema... A nosa astronauta favorita só atopou unha peza que, por suposto, xa pegamos no seu lugar correspondente. Tamén estivemos buscando pola clase e polo patio a ver se Tereshkova nos deixara algunha peza máis, pero non atopamos nada. A ver se mañá temos máis sorte...

Do mesmo xeito, aproveitamos parte da mañá para rematar os nosos colgantes espaciais! Aquí tedes a 5 Mercurios, 4 Venus e 4 Neptunos, 3 Plutóns e 3 Soles, 2 Saturnos e 1 Urano e 1 Lúa, ademáis de outro Venus e unha Marte que hoxe non puideron vir ao cole!


E volvendo ao tema de Mercurio... A profe Bea enterouse do novo reto desta semana e preparounos unha clase de Psicomotricidade súper especial, e tamén súper espacial!

Comezamos coñecendo o tamaño de Mercurio, o planeta máis pequeno do Sistema Solar, e comparámolo co dos planetas máis grandes como Xúpiter ou Saturno. Aquí nos tedes en pleno proceso:


Seguimos transformándonos nun e mil astros que tiñan unha única misión: atrapar ao planeta Mercurio. Aquí podedes ver as carreiras que nos pegamos para atrapar aos nosos Mercurios de 5 anos:


Para rematar a sesión, antes do momento de relaxación, collemos as pelotas de espuma e lanzámolas contra a portería coma se fosen uns meteoritos que chocaban contra o planeta Mercurio, creando así tódolos cráteres cos que conta o primeiro dos planetas do Sistema Solar! Disto non temos imaxes, pero podémosvos asegurar que mentres aprendemos máis do Universo o estamos pasando estupendamente ben nas clases de Psicomotricidade! Moitas grazas profe Bea!

Comentarios

  1. Ay ahora entendo que alex deciame onte que chorara porque correra moito cos planetas e que caiu

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, despois da caída estivo descansando un cachiño e logo xa se volveu unir ao xogo 😉

      Eliminar
  2. os colgantes están chulísimos ! a verdad que tes un universo ben bonito na clase! e das clases de Bea teñen pinta de ser do mas divertidas!! jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos guste, Roi foi encantando co seu Mercurio 😍 Si, as clases de psicomotricidade da profe Bea son xeniais! 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario