NOVA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!

Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe da primeira muller astronauta estaba esperando por nós... Si, Valentina Tereshkova visitounos unha vez máis e tiña algo importante que comunicarnos! Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe:


Como vedes, o Señor do Tempo contoulle moito do que estivemos aprendendo sobre o planeta Mercurio, e esta semana a nosa compañeira de aventuras quere que investigamos máis sobre o planeta de Alejandro G., Andrea, Aroa P., Brais P. e Naia! Si, esta semana aprenderemos máis e máis sobre o planeta Venus!

Coa emoción dos nosos avances, a astronauta ata foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos enviou a semana pasada. Xa temos dous anacos, a ver se Valentina pode encontrar algún cachiño máis na súa nave espacial! Mentres, os Pondaliñ@s de 5 anos seguiremos facendo o que nos pide e nesta ocasión indagaremos sobre o planeta máis brillante de todo o Sistema Solar!


Por suposto, como tódolos luns, a profe Bea enterouse de que Valentina Tereshkova nos enviara unha nova mensaxe e preparou unha clase de Psicomotricidade á altura da nosa nova misión. Mirade, mirade!

Comezamos xogando cos aros! Nesta ocasión, convertémonos no Sol e introducímonos no interior do aro, pois este simulaba ser a órbita que realiza Venus cando xira ao noso redor. Como tódolos planetas, Venus xira arredor do Sol, e a súa órbita é a máis circular de todo o Sistema Solar... E de que ten forma o aro? Claro, de círculo!




Continuamos sabendo máis sobre a órbita do segundo planeta do Sistema Solar... Sabíades que Venus é o único planeta que xira en sentido contrario? Pois si! E por iso realizamos un xogo de equilibrio sobre unha corda, pero en vez de ir cara diante coma tódolos planetas, nós fomos cara atrás... E cando o conseguimos, a profe Bea púxonolo máis complicado. Os planetas, ademais de xirar arredor do Sol, xiran sobre si mesmos. Así que alá fomos os Pondaliñ@s de 5 anos, marcha atrás e dando voltas sobre nós mesmos! E con moito coidado e ben amodiño, pois Venus xira moi lento e, ademais, se algún planeta caía da corda este perdíase polo Espazo! E iso é un problema moi grande!


E xa para rematar a sesión, descubrimos que Venus é o planeta máis quente de todo o Sistema Solar. Así que os 5 Venus da nosa aula (Alejandro G., Andrea, Aroa P., Brais P. e Naia) puxeron uns petos verdes ben rechamantes e dedicáronse a atrapar aos demais elementos espaciais que corrían polo pavillón. Cando Venus atrapaba a calquera outro astro, este tiña que quedar completamente paralizado pola calor, e só podía volver a poñerse en movemento cando outro astro o abrazaba. Mirade que divertido!


E por hoxe nada máis, estes días contarémosvos os nosos avances no tema! Iso si, os problemas chegan de novo á aula de 5 anos... O curso pasado tivemos que explicar por que non podíamos facer unha excursión a Exipto, quen se anima a contarlle aos Pondaliñ@s por que non podemos comprar unha nave espacial e viaxar polo Universo con ela?

Comentarios

  1. aprendes eles e aprendemos os papis jijijii q ben o pasan con Bea e superdivertidos eses xogos 1 pois o do cohete complicado..pero una escursion o planetario molariiiaaa jajajajajaj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E aprende a profe, que se está sacando un máster espacial con todo o que queren saber estes Pondaliñ@s 😂 Ao Planetario xa fomos cando estaban en 3 anos, pero xa a profe xestionou unha cousiña para final de trimestre no cole. A ver se non nos fallan 🤞 Polo momento é segredo para todos 😶

      Eliminar
    2. ummm que será que será...jijiji

      Eliminar
    3. Só podo dicir que mola mooooooito e os Pondaliñ@s van flipar en colores! 😍😍😍

      Eliminar
  2. Naia cintoume algo q tiñades pensado facer pero vamos calar jajajs, pois hai q buscar unha solución pq naia quere saber se hay extraterrestres r velis, e q bonito cando as profes se entenden tan ben e chulismo ver como aprenden e piñen en práctica na clase de Bea, o q aprenden

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ui, ui, ui... A saber que che contaría esta rapaza! 😂 Si, sempre acabamos falando de extraterrestres porque é un tema que lles entusiasma, e seguro que aprenderemos moitísimo máis cando Valentina nos deixe unha misión relacionada con eles 😜 Alegrámonos de que vos guste o noso traballo! 😊

      Eliminar

Publicar un comentario