PSICOMOTRICIDADE ESPACIAL!

Este trimestre, ademais de abordar a temática do Universo na nosa aula, tamén o faremos no pavillón. Durante os próximos meses, a profe Bea coordinarase coas nosas mestras para axudarnos a saber máis do Espazo e así botarnos unha man para salvar a Valentina Tereshkova!

Esta mañá participamos en dous xogos súper súper divertidos! O primeiro deles consistía nun circuíto de obstáculos, pero non eran osbtáculos calquera... Tiñamos que esquivar planetas, lúas, estrelas e asteroides para atopar a Plutón, o astro que agora é un planeta anano!




No segundo deles, participamos no tradicional xogo do pano. Mais desta vez os Pondaliñ@s non éramos números, senón que éramos o Sol, a Lúa e os planetas. E en vez dun pano, o que tiñamos que facer era correr moito para recoller as pezas dun foguete que se estropeou e que nós mesmos tivemos que reconstruír!


Canto nos divertimos! Moitas grazas profe Bea por facernos empezar a semana da mellor maneira posible! Aprendendo máis sobre o Universo e pasándoo súper súper xenial!

Comentarios

  1. jijijiji asi e superdiver facer ximnasia jijijij

    ResponderEliminar
  2. Como currades profes!normal q vaian os nenos encantados a escola😉xa vexo archivos gráficos (fotos)de que Mario non para quieto nin un segundo,este neno vouno ter que atar😒

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Todo é cuestión de coordinarse e, por sorte, Bea e eu entendémonos súper súper ben entre nós 😋 PD: Menuda vista 😂😂😂

      Eliminar

Publicar un comentario