INVITACIÓN AO "P DE PONDAL"!

Como ben sabedes, este xoves 21 de xuño celebramos a segunda edición do "P de Pondal", o festival de fin de curso da nosa escola!

Por suposto, as familias estades máis que convidadas a este evento! As portas abriranse ás 10.15 horas e o festival dará comezo ás 10.30 horas. Estade ben antent@s ao entrar, xa que varios nenos e nenas maiores estarán repartindo uns vales que durante o descanso vos permitirán realizar unha consumición nas barras que instalaremos no patio.

Desta vez non seremos os encargados de abrir o festival, senón que os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos actuaremos en segunda posición, xusto despois da obra de teatro que representarán os nosos compañeir@s de 5 anos! Recordade que ese día interpretaremos o tema "Esto báilase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona, e que deberemos vir vestidos cunha camiseta lisa de cor vermella e pantalón, bermuda ou falda vaqueira.

Finalmente, a proposta gañadora para o cartel deste ano foi a que realizou unha compañeira de 6º de Primaria. A pesar de que os nosos debuxos non foron os escollidos, gustounos moito participar, e esperamos que vos guste tanto o cartel como nos gusta a nós!

Comentarios