DESPEDIMOS AOS CARACOIS!

O pasado martes comezamos a mañá no hall da nosa escola, e antes de subir á nosa aula colocamos as estrelas que picamos e pegamos na clase e que xa adornan a árbore de Nadal do noso colexio! Así loce a nosa árbore despois de que tódolos cursos pasasen a colocar as súas estrelas. Ademais, nas paredes do hall xa podedes ver as nosas postais e as de tódolos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Educación Primaria! Seguidamente, a profe dounos unha triste noticia... Tiñamos que despedirnos dos nosos caracois, xa que ninguén os podía coidar durante a ponte, e ademais, as vacacións de Nadal tamén están moi preto. Por este motivo, baixamos ao patio e liberámolos no xardín para que puidesen atoparse con outros caracois e buscar o seu propio alimento! Iso si, durante o recreo estivemos moi pendentes de que nada lles ocorrese. E hoxe estivemos buscando por eles, pero pensamos que deben estar hibernando por culpa dos ventos e das chuvias da borrasca Ana porque no...