Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Nadal

RECIBIMOS UNHA POSTAL DE PAPÁ NOEL!

Imaxe
Queridas familias, temos unha gran novidade para contarvos... Pero unha que moi moi grande! Esta mañá alguén petou na nosa porta! Era Enrique, o conserxe, nada estraño para nós porque nos vén visitar moitas veces, mais nesta ocasión traía algo na man, algo diferente! Contounos que viña de 'Correos', e que alí lle deran unha cousiña para nós... Era unha postal, unha postal que viña de moooooi lonxe! Vimos a Papá Noel no seu trineo tirado por un reno, pero nunca nos imaxinamos o que estaba a piques de suceder... Cando a mestra se puxo a lela descubrimos que se trataba dunha postal enviada desde Laponia, unha postal escrita polo propio Papá Noel, unha postal que dicía así: "Queridos nenos e nenas de 5 anos: Son Papá Noel e escríbovos desde a miña aldea de Laponia. A vosa profe Rocío veume visitar este Nadal e faloume moito de vós.  Por iso quixen mandarvos esta postal para saudarvos, porque eu xa vos coñezo, non o esquezades... Mándovos moitos bicos e moitos abra...

AGASALLOS QUE VEÑEN E VAN!

Imaxe
Despois dunhas merecidas vacacións, esta mañá tocou regresar á escola! Fixémolo pola porta grande, e nunca mellor dito... Non sabemos se foron os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador, pero os Pondaliñ@s de 5 anos xa contamos cunha nova porta, igualiña á que teñen as demais aulas do noso colexio! Isto da porta está moi ben, pero a nós, sen dúbida, o que máis nos gustou foi o que nos estaba esperando na nosa alfombra... Unha cheíña de agasallos que deixara o Apalpador para a nosa clase! Mirade, mirade... Comezou Roi coa bolsa máis grande, e nela había... Dúas caixiñas de area máxica coas súas ferramentas correspondentes! Unha das caixas ata traía un molde dunha pirámide! Encantounos! Continuou Alejandro cun regalo bastante pesado, pois o envoltorio contiña... Catro contos! Levan por título "Periplo Atlántico", "Vivan las uñas de colores", "Topito terremoto" e "¡Voy a comedte!". Non coñecíamos ningún deles, pero pronto o faremos... ...

BO NADAL E FELIZ ANO 2019!

Imaxe
Os Pondaliñ@s de 5 anos e a ANPA do CEIP Eduardo Pondal querémosvos desexar unhas felices festas e unha moi boa entrada de ano acompañados de tódala xente que máis vos quere!

NADAL 2018!

Imaxe
O Nadal está chamando ás nosas portas e, como non podía ser doutra maneira, na nosa escola celebrámolo por todo o alto! Comezamos a mañá recibindo aos Reis Magos e aos seus paxes recén chegados de Oriente! Para agasallalos, cantámoslle a panxoliña que preparamos coa mestra Sheila! Titúlase "Tres reis en bicicleta" e así foi a nosa actuación: Seguidamente, puidemos visitar aos Reis Magos e entregarlle as nosas cartas. Eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña de caramelos! E despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cun chocolatiño quente e un saboroso roscón de reis! Puxémonos as botas! E logo dun tempiño de recreo... A celebrar o fin deste ano 2018! Non tiñamos uvas pero si tiñamos gusanitos, e tamén serpentinas, música e moitas ganas de festa! Foi un día diferente e pasámolo estupendamente ben! Vémonos no 2019!

A DESPEDIDA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
O de hoxe foi un día cheíño de felicidade! Sabedes por que?  Pois porque as nosas investigacións sobre o Universo deron os seus froitos, e todo o que aprendemos, que foi moitísimo, fixo que Valentina fose quen de atopar, semana tras semana, as pezas do mapa que a levaría de volta a casa. E hoxe por fin conseguimos que así fose! A peza número 15 chegou á nosa aula, e a nosa astronauta favorita xa se estaba preparando para regresar ao planeta Terra. A estas horas xa tivo que facer o despegue! Nada máis chegar á aula, unha carta colgaba do noso encerado. Era do Señor do Tempo, e foi el o que se encargou de explicarnos que estaba ocorrendo!  Ademais, nas nosas mesas deixou uns libriños moi raros... Que era todo aquilo? Tivemos que rematar de ler a carta do Señor do Tempo para entendelo! Para agradecernos a nosa axuda, Valentina regalounos unha estrela! Púxolle o noso nome a unha estrela do ceo! Seguíamos sen entender demasiado e na aula só se escoitaba un "Onde está? ...

CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL!

Imaxe
Esta mañá visitamos o Edificio das Escolas para desfrutar dun concerto didáctico de Nadal co que nos agasallou o concello. A interpretación musical correu a cargo do trío formado pola voz de Clara Jelihovschi Panas, o piano de Iago Mouriño Román e o contrabaixo de Pablo Pérez Sanmamed. E con eles viaxamos no tempo grazas aos "Clásicos Disney" que nos levaron de 'Mickey Mouse' a 'Frozen', pasando por 'Brancaneves', 'O Mago de Oz', 'Pinocho', 'Cinsenta', 'Alicia no país das marabillas', 'A Bela e a Besta' e 'Pocahontas'. Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos máis que preparados para que comece a función: Pero nós non fomos os únicos convidados a esta celebración! Tamén estiveron con nós os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos e os nenos e nenas de 1º e 2º. Aquí nos tedes xunto ás nosas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil: E aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a actuación desta ma...

SESIÓN DE CINE!

Imaxe
O Nadal está cada vez máis preto, e como cada ano, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso visitamos o cine de Carballo para celebrar o fin deste 1º trimestre! Nesta ocasión, a película escollida foi a de "Ralph rompe internet". Desfrutámola moitísimo! Por suposto, para ir ata Carballo tivemos que montarnos no bus. E canto nos gusta isto! Xa en Carballo, sentamos na nosa butaca. Xa estabamos listos para que empezase o filme! Iso si, unha sesión de cine non está completa sen unhas saborosas palomitas! Agora si que si, xa estabamos máis que preparados para que dese comezo a película e coñecer a historia de como Ralph rompeu internet! Ademais, aproveitamos para contarvos que esta mañá, antes de saír cara Carballo, conseguimos rematar as nosas pegadas espaciais. Se Neil Armstrong deixou a súa na Lúa, os Pondaliñ@s de 5 anos non podíamos ser menos!

VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN ESPACIAL!

Imaxe
Se no día de onte visitamos o planetario portátil, esta mañá era a quenda dunha exposición espacial! Si si, o que escoitades! Queredes coñecer todo o que alí vimos? Agora mesmiño volo contamos! Comezamos a sesión coñecendo a Isabel, unha gran experta do mundo espacial. O primeiro que fixo foi falarnos dos astronautas e da súa vestimenta. As prendas que usan xa as coñecemos, pero descubrimos como son as capas que os protexen do frío extremo, ou como son os tubiños que os refrescan cando a calor é excesiva. Así mesmo, descubrimos como chega o osíxeno da mochila ao interior do traxe espacial. Súper interesante! Logo, continuamos aprendendo máis sobre a súa alimentación no Espazo. Xa sabíamos que toda a comida a levaban da Terra, e que esta tiña que ir envasada ao vacío, que non podían ser alimentos que producisen migas ou que tiñan que beber por unha palliña... O que nunca antes fixéramos fora ver esta comida en persoa, e hoxe conseguímolo! Había queixo, café, puré de froitas e un tor...

VISITAMOS O PLANETARIO!

Imaxe
A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo! E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres: Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra! E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos es...

DESEXOS DE NADAL!

Imaxe
O Nadal, unha das nosas festividades favoritas, está a piques de comezar, e algo que non pode faltar nestas datas é unha árbore cheíña de decoración. Para este Nadal, a nosa árbore conta cunhas bólas decoradas nas que tódolos nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal escribimos os nosos desexos.  Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén creamos as nosas. Antes de nada, reunímonos en asemblea e reflexionamos sobre o afortunados e afortunadas que somos, e pensamos no que poderían desexar todas aquelas persoas que teñen moito menos do que nós temos. Así pois, pouco a pouco e axudándonos no vídeo que realizamos para conmemorar o 'Día Universal da Infancia' , fomos recollendo un e mil desexos que xa forman parte da nosa árbore de Nadal. Oxalá algún día non sexa necesario desexar nada disto...  Neste Nadal os Pondaliñ@s de 5 anos desexamos... Boa vida no mundo; Agasallos para todo o mundo; Traballo para todo o mundo; Familia para todo o mundo. Escolas en todo o mundo; ...