Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Robótica

ROBÓTICA EDUCATIVA: VISITAMOS 5ºB!

Imaxe
Esta mañá os Pondaliñ@s de 5 anos subimos ao último piso da nosa escola para visitar aos nenos e nenas de 5ºB, e tamén á súa profe Meibel. Sabedes por que? Pois porque durante todo o ano estiveron participando nun programa de Robótica Educativa, e ao rematar o curso invitáronnos a coñecer os seus robots e as súas maquetas... Mirade que ideas tan xeniais para mellorar a educación viaria de Ponteceso! E ata nolas deixaron probar para descubrir de primeira man como funcionaban os diferentes sensores! Pero, sen dúbida, o momento máis esperado e o que máis nos entusiasmou foi cando nos deixaron manexar os seus robots. Conducímolos e algúns incluso os fixemos soar! Que ben o pasamos e canto nos gustou esta nova experiencia! Moitas grazas pola invitación!

ROBÓTICA E CARACOIS!

Imaxe
Esta mañá, na biblioteca da nosa escola, grazas á ANPA do CEIP Eduardo Pondal recibimos unha demostración de robótica por parte dunha profe moi simpática que se chamaba Alba. Coñecemos moitos tipos de robots e todo o que eles facían. Gustounos tanto e estivemos tan atentos que pensamos que van ser moitos os nenos e nenas que se apunten a esta actividade. Tamén nos puxemos moi contentos cando a mestra Rocío nos mostrou a bee-bot que nos acompañará durante este curso para seguir aprendendo e divertíndonos na nosa clase. No día de hoxe, ademais, fixemos unha animada manualidade relacionada co noso proxecto sobre os caracois. Primeiro decoramos unha folla coas cores de outono. Logo, con plastilina fixemos un churriño e démoslle forma de "L" para pegalo á nosa folla. Cando xa estaba ben suxeita, escollemos entre noces e castañas para transformalas nas cunchas dos nosos caracois. Por último, colocamos un par de pauiños a modo de cornos ou tentáculos e a profe axudounos cos oll...