Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

BO NADAL E FELIZ ANO 2019!

Imaxe
Os Pondaliñ@s de 5 anos e a ANPA do CEIP Eduardo Pondal querémosvos desexar unhas felices festas e unha moi boa entrada de ano acompañados de tódala xente que máis vos quere!

ATA PRONTO BRENDA!

Imaxe
A pesar de toda a alegría que tiñamos ante a chegada dos Reis Magos e o inicio das vacacións de Nadal, o de hoxe tamén foi un día un pouquiño triste... O prácticum da nosa profe Brenda rematou e esta mañá foi a última que estivo con nós. Como a imos a botar moito de menos, quixemos facerlle uns pequenos agasallos para agradecerlle tódolos momentos que vivimos con ela, todo o que nos ensinou e axudou, e tamén tódolos agarimos que nos regalou. Nunha gran caixa agochábase un libriño de debuxos feito por tódolos Pondaliñ@s, o conto de 'Adiviña canto te quero' cunha bonita dedicatoria, unhas fotiños para que sempre recorde o seu paso pola nosa escola e uns bombóns para endulzar este momento. Agardamos que lle gustasen moito e que sempre se acorde de nós! Brenda, pola súa banda, tíñanos preparada unha caixiña sorpresa da que tamén sacamos uns agasallos: uns lapis flexibles e unhas gomas de cariñas diferentes. Moitas grazas! Gustáronnos moito!

NADAL 2018!

Imaxe
O Nadal está chamando ás nosas portas e, como non podía ser doutra maneira, na nosa escola celebrámolo por todo o alto! Comezamos a mañá recibindo aos Reis Magos e aos seus paxes recén chegados de Oriente! Para agasallalos, cantámoslle a panxoliña que preparamos coa mestra Sheila! Titúlase "Tres reis en bicicleta" e así foi a nosa actuación: Seguidamente, puidemos visitar aos Reis Magos e entregarlle as nosas cartas. Eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña de caramelos! E despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cun chocolatiño quente e un saboroso roscón de reis! Puxémonos as botas! E logo dun tempiño de recreo... A celebrar o fin deste ano 2018! Non tiñamos uvas pero si tiñamos gusanitos, e tamén serpentinas, música e moitas ganas de festa! Foi un día diferente e pasámolo estupendamente ben! Vémonos no 2019!

A DESPEDIDA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
O de hoxe foi un día cheíño de felicidade! Sabedes por que?  Pois porque as nosas investigacións sobre o Universo deron os seus froitos, e todo o que aprendemos, que foi moitísimo, fixo que Valentina fose quen de atopar, semana tras semana, as pezas do mapa que a levaría de volta a casa. E hoxe por fin conseguimos que así fose! A peza número 15 chegou á nosa aula, e a nosa astronauta favorita xa se estaba preparando para regresar ao planeta Terra. A estas horas xa tivo que facer o despegue! Nada máis chegar á aula, unha carta colgaba do noso encerado. Era do Señor do Tempo, e foi el o que se encargou de explicarnos que estaba ocorrendo!  Ademais, nas nosas mesas deixou uns libriños moi raros... Que era todo aquilo? Tivemos que rematar de ler a carta do Señor do Tempo para entendelo! Para agradecernos a nosa axuda, Valentina regalounos unha estrela! Púxolle o noso nome a unha estrela do ceo! Seguíamos sen entender demasiado e na aula só se escoitaba un "Onde está? Onde

CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL!

Imaxe
Esta mañá visitamos o Edificio das Escolas para desfrutar dun concerto didáctico de Nadal co que nos agasallou o concello. A interpretación musical correu a cargo do trío formado pola voz de Clara Jelihovschi Panas, o piano de Iago Mouriño Román e o contrabaixo de Pablo Pérez Sanmamed. E con eles viaxamos no tempo grazas aos "Clásicos Disney" que nos levaron de 'Mickey Mouse' a 'Frozen', pasando por 'Brancaneves', 'O Mago de Oz', 'Pinocho', 'Cinsenta', 'Alicia no país das marabillas', 'A Bela e a Besta' e 'Pocahontas'. Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos máis que preparados para que comece a función: Pero nós non fomos os únicos convidados a esta celebración! Tamén estiveron con nós os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos e os nenos e nenas de 1º e 2º. Aquí nos tedes xunto ás nosas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil: E aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a actuación desta ma

SESIÓN DE CINE!

Imaxe
O Nadal está cada vez máis preto, e como cada ano, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso visitamos o cine de Carballo para celebrar o fin deste 1º trimestre! Nesta ocasión, a película escollida foi a de "Ralph rompe internet". Desfrutámola moitísimo! Por suposto, para ir ata Carballo tivemos que montarnos no bus. E canto nos gusta isto! Xa en Carballo, sentamos na nosa butaca. Xa estabamos listos para que empezase o filme! Iso si, unha sesión de cine non está completa sen unhas saborosas palomitas! Agora si que si, xa estabamos máis que preparados para que dese comezo a película e coñecer a historia de como Ralph rompeu internet! Ademais, aproveitamos para contarvos que esta mañá, antes de saír cara Carballo, conseguimos rematar as nosas pegadas espaciais. Se Neil Armstrong deixou a súa na Lúa, os Pondaliñ@s de 5 anos non podíamos ser menos!

VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN ESPACIAL!

Imaxe
Se no día de onte visitamos o planetario portátil, esta mañá era a quenda dunha exposición espacial! Si si, o que escoitades! Queredes coñecer todo o que alí vimos? Agora mesmiño volo contamos! Comezamos a sesión coñecendo a Isabel, unha gran experta do mundo espacial. O primeiro que fixo foi falarnos dos astronautas e da súa vestimenta. As prendas que usan xa as coñecemos, pero descubrimos como son as capas que os protexen do frío extremo, ou como son os tubiños que os refrescan cando a calor é excesiva. Así mesmo, descubrimos como chega o osíxeno da mochila ao interior do traxe espacial. Súper interesante! Logo, continuamos aprendendo máis sobre a súa alimentación no Espazo. Xa sabíamos que toda a comida a levaban da Terra, e que esta tiña que ir envasada ao vacío, que non podían ser alimentos que producisen migas ou que tiñan que beber por unha palliña... O que nunca antes fixéramos fora ver esta comida en persoa, e hoxe conseguímolo! Había queixo, café, puré de froitas e un tor

VISITAMOS O PLANETARIO!

Imaxe
A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo! E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres: Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra! E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos es

EXISTEN OS EXTRATERRESTRES?

Imaxe
No día de hoxe recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nela pediunos que investigásemos máis sobre un dos temas que máis nos gusta: a vida extraterrestre. Uns opinamos que si existen os alieníxenas, outros que isto non é posible; pero o certo é que ata o momento non temos proba algunha de que existan, mais o universo é infinito... Quen sabe? Ademais, aproveitamos para mostrarvos tódolos avances do noso mapa! Estamos a piques de conseguir que a nosa astronauta favorita regrese á Terra e isto alégranos un montón! Así mesmo, queremos contarvos que fai uns días tivemos unha visita moi especial na nosa aula... O martes estivo con nós Leo, o irmán maior do noso compañeiro Roi. Tróuxonos o seu gran telescopio e explicounos o seu funcionamento, pero como era de día e estaba o ceo cheo de nubes, moito non chegamos a ver... Iso si, sentímonos como Galileo Galilei por uns minutos! Moitísimas grazas Leo, volve cando queiras! Así mesmo, informámosvos tamén