NOVA MENSAXE DO CAPITÁN NEMO!
Esta mañá recibimos unha nova mensaxe do Capitán Nemo e, por suposto, temos un novo reto a superar. Se queredes descubrir que foi o que nos dixo este persoeiro, só tedes que clicar aquí.
Ademais, aproveitamos para presentarvos novos materiais que chegaron á nosa aula:
Hugo tróuxonos o gran éxito da nosa zona do proxecto: un libro que leva por título "Bajo las olas del mar". Ademais, veu cunha peza de madeira con forma de peixe, tres tiburóns e catro estrelas. Grazas a un par delas, puidemos ver e tocar os pés ambulacrais e as espiñas dunha estrela real.
Zaira mostrounos o conto da Sereíña onde puidemos ver varias estrelas de mar, e tamén un par de velas de aniversario coa forma destes equinodermos.
Roi amosounos tres estrelas de mar, e unha delas é un molde que poderemos levar se finalmente o tempo nos deixa realizar a saída a Valarés!
Lucía chegou con tres coloridas estrelas de mar e unha marioneta de dedo con forma de tiburón!
Por último, Alejandro trouxo un par de libros. O primeiro deles un conto con pop-ups en 3D que nos conta a historia do aniversario dunha quenlla, e o outro é unha enciclopedia na que podemos atopar moitos tipos de tiburóns. Viranos moi ben para a misión que esta semana nos propuxo o Capitán Nemo!

Pode ser que desde o móvil non deixe conectar co enlace do capitan nemo? Porque a min polo menos non me deixa, intentareino desde un ordenador en canto poda
ResponderEliminarSi, só se pode ver desde o ordenador, non sei moi ben por que 😕
EliminarNo Maria non deixa desde o movil. Xa ne pasou a min. Tes que ser desde un ordenador.
ResponderEliminarSi, desde o teléfono non deixa 😓
Eliminar