BITS DE INTELIXENCIA: O CORPO
Esta tarde, despois da relaxación, unha sorpresa estaba esperando por nós na caixiña de Teo: uns bits de intelixencia do corpo humano. Este é un método didáctico dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos que nos permite mellorar a súa atención, concentración e memoria. Aínda que a mestra Rocío non segue o método proposto polo seu creador e faino un pouquiño máis divertido, traballando con eles poderemos desenvolver, ademais, a nosa linguaxe e ampliar o noso vocabulario, neste caso, o relacionado co corpo humano. Aquí vos deixamos cos que traballaremos durante este mes de outubro. Hoxe xa descubrimos as partes máis sinxelas, localizámolas no noso corpo e no dos compañeiros e compañeiras, contamos cantas tiñamos, comparamos tamaños, diferenciamos ás nenas dos nenos; a encargada Daniella debuxouse no encerado..., e así continuaremos durante as próximas semanas! Ademais, algunhas imaxes permitíronnos descubrir cousas que non sabiamos: as pestanas fan que non nos entren lixiños nos...