Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra a Violencia de Xénero

#EQUALITER: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Aquí vos deixamos a iniciativa na que participamos xunto a outros moitos centros de toda Galicia. No CEIP Eduardo Pondal tamén rexeitamos a violencia!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Dende que iniciamos a nosa andaina nesta escola intentamos inculcar a idea de que a pesar das nosas diferenzas, todas e todos debemos ter os mesmos dereitos e tratarnos en igualdade de condicións. Fixémolo a través de diferentes iniciativas coma os contacontos e dramatizacións, a creación dun catálogo de xoguetes igualitario ou a introdución de mulleres como Valentina Tereshkova como guías e protagonistas dos nosos proxectos. P ero sobre todo, intentámolo facer cada día, resolvendo os múltiples conflitos que se xeneran en relación con isto, xa que é nesta idade cando se comezan a afianzar eses estereotipos sexistas que para nada axudan a lograr o mundo ao que un día aspirou a filósofa e activista Rosa Luxemburgo coa súa célebre cita: "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres". As nenas e nenos son o noso futuro, e só a través da educación conxunta e colaborativa de familias, escolas e sociedade poderemos transformar este mun...

INICIAMOS #EQUALITER!

Imaxe
O vindeiro 25 de novembro conmemórase o 'Día Internacional contra a Violencia de Xénero', e neste ano 2018 as nenas e nenos do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso querémonos unir á iniciativa proposta por unhas mestras que traballan en colexios de Abadín, Vilalba e Guitiriz. Trátase dunha actividade de sensibilización a nivel autonómico co fin de dar visibilidade ás verbas do alumnado galego máis alá das paredes das súas escolas. Así pois, uníndonos a esta iniciativa, no noso colexio estamos a crear un mural no que mostramos o noso rexeitamento á violencia. Esta mañá deixamos as nosas pegadas moradas no devandito mural e, ademais, unha das nenas de 5 anos gravou a voz en off que se escoitará nun vídeo que estamos a crear. Polo momento deixámosvos un cachiño do proceso de creación xunto á profe Silvia, coordinadora do Equipo de Convivencia, o encargado de darlle forma a esta proposta. Proximamente publicaremos o vídeo final xunto aos dos demais colexios particip...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Mañá, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, mais no noso colexio adiantamos esta conmemoración ao día de hoxe. Comezamos a xornada cos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil escoitando a tres nenas e un neno de 6º de Educación Primaria, os cales nos explicaron o porqué desta conmemoración, faláronnos de diferentes situacións inxustas e mostráronnos os carteis en defensa da igualdade que expuxeron no hall. Ao entrar na aula atopamos algo na nosa alfombra... Dous contos que xa coñecemos como son " Artur e Clementina " e " O libro dos porcos " e varios catálogos de xoguetes. Para que sería todo isto? De súpeto recordamos algo que nos dixeran dúas das nenas maiores... Na gran maioría de catálogos a cor rosa asóciase ás nenas e a cor azul aos nenos. Isto é así? Claro que non, as cores non teñen xénero! E así o demostramos cos nosos mandilóns... Non ocorre nada cando un neno pon un mandilón rosa ou vio...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
O pasado venres 25 de novembro, no noso centro conmemorouse o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Recordades as mans que coloreamos? E todo aquilo que dixemos que podiamos facer con elas en lugar de molestar e magoar aos demais? Pois todas as mans do noso colexio se uniron para crear un gran lazo de cor violeta que xa se atopa na entrada da nosa escola. Se mirades ben arriba veredes as dos nenos e nenas da aula de 3 anos!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O próximo 25 de novembro, no noso colexio, conmemorarase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta mañá, durante a asemblea, falamos da importancia de tratarnos ben os uns aos outros. A partir da frase "Coas miñas mans podo...", cambiamos iso de pegar e molestar aos demais por outras accións moito máis positivas: abotoarnos, abrazar, acariciar, aplaudir, bailar, bucear, chocar as cinco, cociñar, coller cousas, comer, contar, ducharnos, escondernos, escribir, lavar os dentes, nadar, peitearnos, pescar, pintar, recoller, saudar, tocar o piano, vestirnos, xogar... Logo, descubrimos que o violeta é a cor deste día, a cor do amor, polo que cada un de nós pintou unha man, na que escribiremos algunha destas accións positivas, e que a próxima semana pegaremos nun gran mural que crearemos cos demais nenos e nenas da nosa escola.