Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

SEMANA DO SAMAÍN: VENRES!

Imaxe
O día de hoxe era o día grande desta Semana do Samaín, e moitas foron as actividades que tiñamos previstas... Unha vez que sacamos as mochilas e as chaquetas, observamos os nosos disfraces. Menudas caras! Daban medo! Mentres, esperamos a que nos viñesen chamar para o Túnel do Terror escoitando unhas cancións de Samaín, pero pronto chegou o momento de subir ao corredor da segunda planta... Alí nos esperaba Teacher e uns monstros que intentaron asustarnos, pero somos tan valentes que ata nos animamos a meter as mans nunhas caixas fantásticas e a probar uns vasiños con sangue... Aquí nos tendes antes de entrar! Logo, tivemos un pequeno cambio de plans. Era o momento de ver unhas curtas de terror cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, saboreando unhas ricas chuches de Samaín! Xa pola tarde, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sorprendéronnos cun animado baile no patio dos maiores... Aquí vos deixamos a canción terrorífica que interpretaron! Máis tarde, unha vez que

TEO VIAXA Á CASA DE... IZAN!

Imaxe
Esta semana tivemos un pequeno cambio nas nosas rutinas... Sabemos que Teo sempre marcha do colexio os venres, pero como mañá vai ser un día intenso e apenas imos estar na aula, a nosa mascota preferiu marchar hoxe para a casa de Izan, e así disfrutar duns días coa súa familia e os seus amigos. A ver que novas aventuras nos conta Teo ao seu regreso!

SEMANA DO SAMAÍN: XOVES!

Imaxe
Esta tarde, por fin descubrimos o misterio que tiña iso de converter mandarinas en cabazas! Despois de relaxarnos na alfombra e coñecer os alimentos que iamos manipular, sentamos nas nosas mesas, onde xa estaban colocados os nosos manteis, e sobre eles, unha mandarina para cada un de nós! Cal era o primeiro paso? Pelar as mandarinas! Despois duns minutiños... Xa estaban listas! Pero seguían sendo mandarinas... Que faltaba para que se parecesen a unhas fermosas cabazas de Samaín? O rabiño! E este iba ser de regaliz! Mirade que ben nos quedaron!  Unha vez listas, chegou o momento de colocar as nosas creacións cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, que xa tiñan listos os seus sándwiches con formas terroríficas e as súas galletas con forma de araña. Tiña todo moi boa pinta! Mirade, mirade! Agora si, chegou o momento máis divertido de todo isto... A COMER!

SEMANA DO SAMAÍN: MÉRCORES!

Imaxe
No día de hoxe, á volta do recreo, tocou sentarse na alfombra... Que estaba a piques de ocorrer? Coas bocas ben pechadas e os oídos ben abertos, recibimos aos alumnos e alumnas de 4ºA, que viñan acompañados da súa mestra Belén e dun conto titulado "Fiz, o coleccionista de medos". Queredes saber de que vai? Aquí podedes ver a súa fantástica representación desta historia! Tamén vos deixamos o conto orixinal, por se vos apetece escoitalo nas vosas casas... Xa víchedes que fomos todos moi valentes e non nos asustamos nadiña! E despois de darlle un forte aplausto aos nosos fantásticos narradores, o encargado de hoxe, Hugo, entregoulle uns fermosos marcapáxinas de cabaza que nós lle fixemos a estes nenos e nenas para darlles as grazas pola súa visita. Cremos que marcharon moi contentos! Ademais, aproveitamos para mostrarvos a terrorífica decoración de Samaín que percorre o noso corredor e que chegou ata a nosa porta. Mirade, mirade! Non vos asustedes moito!

SEMANA DO SAMAÍN: MARTES!

Imaxe
No día de hoxe, os Pondaliñ@s levamos para as nosas casas a manualidade que estivemos preparando estes días: unha simpática araña que fixemos coa palma da nosa man, estendendo sobre ela pintura negra cun rolo que a algúns nos fixo algunha que outra cóxega... Tan pronto como puxemos os mandilóns, aproveitamos para sacar unha foto, e aquí estamos con elas! Que vos parecen? Ademais, como cada martes, subimos á biblioteca facerlle unha visita a Cleo para escoller os contos que levamos para as nosas casas. Aproveitando que estamos no Samaín, a profe Rocío contounos a historia dun horrible monstro verde... Como xa sabemos, o venres atoparémonos con moitos monstros no túnel do terror (monstros de broma!), e nós non lle temos que berrar "FORA DE AQUÍ!" para que eles marchen, senón que lle berraremos "GO AWAY!", como nos ensinou Teacher. Hoxe practicámola con este monstro. Aquí vos deixamos a canción, por se queredes ensaiar na casa! Ademais

SEMANA DO SAMAÍN: LUNS!

Imaxe
Como xa vos anunciamos o pasado venres, hoxe comeza a Semana do Samaín! Esta mañá, os Pondaliñ@s chegamos cargados coas nosas cabazas, e tan pronto como tocou o timbre, mostrámosllas aos nosos compañeiros e compañeiras, e deixámolas expostas na entrada do colexio para que todos vexan as nosas magníficas creacións. Mirade que terrorífico! Nós tamén quixemos sacar unha foto con elas, e como estamos celebrando a Festa do Medo, intentamos asustarvos coas nosas caras. Grrrrr! E cando chegamos á clase... Unha saborosa e fantasmagórica sorpresa tiña Teo para nós! El intentounos enganar dicindo que eran fantasmas de verdade, pero pronto descubrimos que eran uns fantasmas de piruleta. Que bromista este Teo! E para amenizar o día, deixámosvos unha nova canción de Samaín!

TEO VOLVE DA CASA DE... ALEJANDRO!

Imaxe
Esta mañá, Alejandro chegou á escola moi cargado! Nunha man traía a súa cabaza de Samaín e na outra a bolsa de viaxe da nosa mascota. Que farían Álex e Teo durante a fin de semana? Despois de poñer os mandilóns e facer as rutinas do encargado do día descubrímolo! O venres, tan pronto como chegou da escola, Teo axudoulle a Alejandro a decorar a súa cabaza. Logo, visitaron o dentista, e a nosa mascota saiu cunha moa empastada! O sábado, Teo coñeceu á avoa de Álex, e tamén á súa curmá Ainhoa, coa que foi ao cine ver a película de "Cigüeñas". A nosa mascota leva dúas semanas comendo palomitas, estase poñendo as botas con estas visitas de fin de semana! E como Alejandro é un neno moi responsable, ensinoulle a Teo como se lle daba de comer aos cabalos, aínda que tamén houbo tempo para xogar... A nosa mascota, Álex e o seu irmán Héctor pasárono en grande entre os rolos que había no seu establo. E o máis impresionante... Aínda que non puideron saír a pasear porque chovía, Teo subiu

SEMANA DO SAMAÍN!

Imaxe
Os Pondaliñ@s xa sabemos que a próxima semana celebraremos o Samaín, e que tódolos días faremos algo especial para conmemorar esta festa tan terrorífica! Agora, queremos que todas as familias coñezades o que estamos preparando... A partir do luns, os nenos e nenas que o desexen xa poden traer a súa cabaza decorada, que quedará exposta na entrada do colexio ata o venres desa mesma semana. Ademais, para as nosas casas levaremos un regalo fantasmagórico, pero polo momento a mestra Rocío non nos dixo nada máis... Que será? O martes, revisade ben as bolsas nas que levamos os contos da biblioteca. Este día seremos nós os que vos sorprendamos cun regalo terrorífico! Como puidéchedes comprobar, estes últimos días levamos as mans máis negras do habitual e algo ten que ver con este agasallo... O mércores, despois do recreo, os alumnos e alumnas de 4ºA visitarán a nosa aula para lernos a historia dun neno con moitos medos que decide que a mellor idea é gardalos nun baúl. Algo semellan

TEO VIAXA Á CASA DE... ALEJANDRO!

Imaxe
Este venres, a nosa mascota Teo decidiu que era momento de visitar a casa de Alejandro, e compartir momentos divertidos coa súa familia e cos seus amigos. O luns volverá á escola disposto a contarnos as aventuras vividas. Que será o que Álex lle ten preparado ao monstro verde que el mesmo elixiu? Nuns días descubrirémolo, pero se de algo estamos seguros é de que o pasará fenomenal!

CAMIÑAMOS SOBRE O NÚMERO 1!

Imaxe
O número 1 estase convertendo no noso mellor amigo, e xa facemos moitas actividades con el: identificalo e buscalo na aula e no noso Libro dos Números, repasalo co noso dedo máxico,  escribilo en area e no encerado... Mañá xa colleremos un pincel para trazalo en papel!  E hoxe? Hoxe tocaba facer o percorrido cos nosos pés, porque pola mañá descubrimos que un número 1 apareceu no chan da nosa clase! O encargado Alonso foi o responsable de explicarnos cómo. Recordamos: "Subimos a montaña e baixamos a montaña", amodiño, chegando ben arriba e baixando ben abaixo. Para ser o noso primeiro día fixémolo fenomenal! Seguiremos perfeccionando os nosos pasos durante estes días, o máis importante é ir interiorizando o número e a súa grafía. Sen présa, pero sen pausa! E intentando mellorar cada día que vai pasando! Isto fixémolo ao rematar a xornada, unha vez que quitamos os mandilóns, xusto despois de baixar da biblioteca, porque como cada martes, subimos facerlle unha visitiña a

TEO VOLVE DA CASA DE... AROA VEGA!

Imaxe
Esta mañá, Aroa Vega veu á escola acompañada de Teo e da súa bolsa de viaxe, disposta a contarnos as aventuras vividas durante a fin de semana. O pasado venres, Teo e Aroa chegaron tan cansados do colexio que decidiron que o mellor que podían facer era durmir ben xuntiños e descansar moito para pasalo en grande os días seguintes. O sábado, a nosa mascota descubriu o que era un centro comercial, e alí sacou unha foto con Aroa e o seu pai. E o domingo? O domingo tocou tarde de cine en familia! Foi ver a película de Ozzy, e comeu palomitas con Aroa e os seus papás, e tamén co seu irmán Alejandro e a súa irmá Inés. Que divertido! Foi unha fin de semana espectacular, e a Aroa o que máis lle gustou foi ter a Teo na súa casa e compartir momentos con el, cos seus irmáns e tamén cos seus curmáns da Coruña!

QUE É ISO DOS NÚMEROS E DAS LETRAS?

Imaxe
Esta mañá, despois de colocar o número correspondente no ovo do Poliño Luns e tras construír o nome do encargado do día coas letras móbiles (Brais M.!),  nunha interesante conversación na asemblea, chegamos a unha conclusión: usamos os números para contar e as letras para ler. Aínda que polo momento todos estes caracteres se nos parezan, é moi importante comezar a diferencialos e entender que non nos servirán para o mesmo... Estámonos iniciando nesta complicada tarefa, e para iso axudámonos de dous libriños que usaremos moi a miúdo na nosa aula. Conforme vaiamos avanzando na nosa aprendizaxe, irémosvos mostrando as súas páxinas, por se nos apetece botarlle un ollo nas nosas casas. Comezamos polo Libro dos Números. Xa coñecemos todas as súas páxinas, é moi divertido contar os seus monstruíños! Ademais, o libro só chega ata o número 9 e nós xa contamos ata 25 tódolos días, e contaremos ata o 31 cando rematemos o mes! A mestra Rocío bótanos unha man, pero nun tempo farémolo nós sós! E

SORPRESAS MONSTRUOSAS!

Imaxe
Despois das actividades da mañá e de encher as nosas barrigolas no comedor, unha sorpresa moi especial nos esperaba na alfombra da nosa aula. Mirade o que nos deixou Teo! Algúns nenos e nenas xa estrearon estes emocionantes coxíns no momento da relaxación, aínda que os usaremos para outras moitas actividades ao longo do curso... Aproveitamos o coxín de cor negra para recordar con que emoción a asociabamos (o medo!), e para recordar a que lle tiña medo o noso monstro de cores: AOS FANTASMAS! Descubrimos que moi pronto celebraremos a Festa do Medo, tamén chamada Samaín, e que o noso corredor se encherá de elementos terroríficos. Hoxe xa comezamos a crear os primeiros elementos decorativos. A finais desta semana comezaremos a colgalos e xa vos mostraremos que tanto medo dá o corredor de Educación Infantil! Mentres traballabamos nas nosas mesas, a mestra Rocío púxonos algunhas cancións propias do Samaín, pero sen dúbida, a nosa favorita foi esta: Algúns ata saímos da aul

NOVAS INCORPORACIÓNS AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Novos aplausos se escoitaron na aula de 3 anos! Esta vez as encargadas de recibilos foron Iria, Andrea e Marta, que xa lograron entrar no exclusivo Club do Mandilón, e xa levaron para as súas casas o carnet que o acredita! Mirade que contentas! Mentres, os demais nenos e nenas seguímolo intentando, e seguro que moi pronto aparece unha foto nosa nunha nova entrada deste blog!

TEO VIAXA Á CASA DE... AROA VEGA!

Imaxe
Este venres Teo emprendeu unha nova viaxe! Decidiu que o seu próximo destino sería... A casa de Aroa Vega! Alí estará desde esta tarde ata o luns pola mañá, xa que ese día regresará á escola coa nosa afortunada! Que aventuras lle esperarán á nosa mascota? Seguro que nuns días Aroa estará encantada de contárnolo! Mirade que contenta marchou hoxe co seu monstro rosa!

NOVAS INCORPORACIÓNS AO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe tivemos triple celebración! Mariña, Martina e Alejandro xa son membros do noso exclusivo Club do Mandilón! Que felicidade ao descubrir que xa podíamos ser donos do ansiado carnet! Os demais compañeiros e compañeiras seguimos progresando nisto de poñer e quitar o mandilón, e seguro que moi pronto conseguimos que a nosa fotografía se xunte coas destes nenos e nenas!

QUE FIXEMOS HOXE?

Imaxe
Como cada vez somos máis rápidos poñendo os mandilóns, xa estamos ampliando as rutinas do encargado. Pouquiño a pouco iremos coñecendo o noso nome e o dos compañeiros e compañeiras, e tamén as letras que o compoñen e como estas van falando. Esta semana, Teo tróuxonos un encerado imantado cun montón de letras coas que o encargado debe compoñer o seu nome. Polo momento, a profe Rocío déixanos só as letras que nos fan falta, pero pouquiño a pouco isto irase complicando. Hoxe foi Roi o noso encargado, e mirade que ben o fixo! Ademais, aproveitamos o tempiño que nos quedaba antes de merendar para realizar un pequeno xogo onde seguimos traballando distintos conceptos da lóxica e da matemática usando unhas xoaniñas de cores: - Na alfombra tiñamos catro caixiñas, cada unha cun par de obxectos no seu interior dunha cor determinada (amarelo, azul, verde e vermello) e na nosa man só unha xoaniña que escollemos libremente. Agrupámonos por equipos segundo a cor da nosa xoaniña, e logo c

PRIMEIROS MEMBROS DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Hoxe foi un día de aplausos e celebracións! Noa, Zaira, Naia e Aroa V. xa son membros do preciado Club do Mandilón! Elas soíñas son capaces de poñelo, abotoalo, desabotoalo e sacalo coas mangas ben colocadas! Mirade que sorrisos orgullosos ensinando o seu carnet exclusivo! Algúns nenos están a piques de conseguilo (só nos queda recordar como sacar o mandilón para que as mangas queden na posición correcta!), e a outros aínda lles custa un pouquiño máis. Pero xa sabemos, con calma, que o importante é facelo ben! Aproveitamos ademais para contarvos que, como cada martes, subimos á biblioteca a pasar un ratiño con Cleo, e nesta ocasión lemos a historia de "Amelia quere un can", un conto que nos trouxo Noa, xa que como ela mesma nos dixo, é un dos seus favoritos.

COÑECEMOS O NÚMERO 1!

Imaxe
Durante o mes de outubro, os Pondaliñ@s achegámonos aos números a partir de diferentes xogos e actividades, pero hoxe decidimos coñecer un pouquiño mellor ao primeiro deles: o número 1. Primeiramente, buscámolo no "Libro dos Números de Teo" e no noso calendario. Logo, decidimos que era un bo momento para averiguar como se escribía.  Recordamos: "Subimos a montaña e baixamos a montaña", e así o fixemos no aire usando o noso dedo máxico. Pero de súpeto, un número 1 de cor rosa apareceu na nosa alfombra, e usando esta consigna pasamos o noso dedo máxico por enriba del para trazalo unha vez máis. E agora si, chegou a parte máis divertida, escribilo nós soíños en area. Fixémolo fenomenal para ser a nosa primeira vez! Por suposto, seguiremos practicando durante as próximas semanas! Pouquiño a pouco! E despois disto, aproveitamos os bits de intelixencia e o debuxo do propio corpo que fixo Zaira, a nosa encargada de hoxe, para descubrir cantas partes do corp

TEO VOLVE DA CASA DE... LUCAS!

Imaxe
Esta mañá, Lucas chegou emocionado coa súa bolsa de viaxe, desexando contarnos todas as aventuras vividas con Teo durante a fin de semana... O venres pasado, tan pronto como chegaron do cole e despois de merendar, marcharon xogar ao parque coa súa amiga Celeste nunha moto chulísima. Pasárono tan ben que tan pronto como chegaron á casa caeron rendidos e decidiron que era boa idea durmir xuntos. E ó día seguinte? Pois Teo coñeceu aos avós de Lucas e á súa cadeliña, e por primeira vez subiu a un tractor. Menuda experiencia! Teo veu encantado da súa viaxe! E a Lucas que foi o que máis lle gustou? Pois montar en moto coa nosa mascota! A súa irmá Candela botoulle unha man cos debuxos, pero mirade que ben coloreou el! E quen será o afortunado ou afortunada desta semana? Moi pronto o descubriremos!