Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día Internacional da Muller

SUPERHEROÍNAS GALEGAS!

Imaxe
O pasado venres 8 de marzo conmemorouse o 'Día Internacional da Muller'. Durante estes últimos días, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal coñecemos a diversas superheroínas, pero estas non son unhas superheroínas calquera...  Estamos a falar dunhas superheroínas galegas de carne e óso, aínda que nós as vexamos convertidas en grandes murais situados nas fachadas de distintos edificios dalgunhas vilas e cidades da nosa Comunidade. Foron retratadas polo artista Yoseba MP, que decidiu pintar e poñer en valor a grandeza dos superpoderes das avoas galegas: a súa gran capacidade de traballo e sacrificio diario. As nenas e nenos de 5 anos afondamos un pouquiño máis sobre Elisa, tamén coñecida como a "Muller Nitramón", unha superheroína galega que se levanta nunha fachada de Carballo. Esta gran muller dedicou a súa vida a cultivar a súa horta, ou o que é o mesmo, a alimentar a toda a súa familia grazas ao seu traballo e esforzo diario. Xunto a ela, podemos ver outras m...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Imaxe
Onte, 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. Na aula de 4 anos, fai uns días que a mestra nos presentou a Maruxa e a Coralia Fandiño Ricart, máis coñecidas como "As Marías", e durante esta semana estivemos aprendendo máis sobre a súa vida e sobre o importante que foron para a cidade de Santiago de Compostela e para o mundo en xeral. Ademais, aproveitamos para reflexionar sobre a igualdade, centrándonos especialmente na repartición das tarefas do fogar, relacionándoo directamente cos xoguetes infantís, recordando o catálogo igualitario que creamos un pouquiño antes de Nadal...  Estas pequenas grandes mentes son as mentes do futuro, as encargadas de construír un mundo mellor, e só poderán facelo se estas construtoras e estes construtores chegan ao día de mañá cargadiñas e cargadiños de ilusión e valores positivos. Dende a escola intentamos poñer o noso granciño de area para conseguilo día a día, non só o 8 de marzo, e é por iso polo que na nosa aula as cores e...

DÍA DA MULLER NO CEIP EDUARDO PONDAL!

Imaxe
O pasado mércores, na nosa escola celebramos o Día Internacional da Muller. Como ben sabedes, os nenos e nenas de Educación Infantil recreamos a Sandwina, a muller máis forte do mundo, con material de refugallo, inspirándonos nas obras de Hanoch Piven. A nosa obra xa se atopa na entrada do noso colexio xunto ás dos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Primaria. Aquí tendes a exposición completa!

REMATAMOS O RETRATO DE SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde os nenos de 3, 4 e 5 anos démoslle as últimas pinceladas ao noso retrato da muller máis forte do mundo. Este é o resultado final, que vos parece?

RECREAMOS A SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde, por fin creamos o retrato de Sandwina con todo o material de refugallo que trouxemos das nosas casas. Primeiro, escoitamos á profe e a Brian, o encargado de 5 anos, cos que volvemos a falar da muller máis forte do mundo e os que nos explicaron que íamos a facer con todos aqueles elementos. Cando xa tiñamos todo máis que claro organizámonos por grupos, e as mestras Ana e Rocío fóronnos chamando para completar o noso collage. Mentres, os demais Pondaliñ@s xogabamos no patio cos profes Xalo e Carlos. Así nos dividimos as tarefas na aula de 3 anos: O equipo amarelo decorou unha bóla da pesa de Sandwina, e para iso escolleron botóns e cachiños de papel. O equipo verde decorou a outra bóla, elixindo difirentes tapóns de botellas. O equipo vermello decorou a barra da pesa da nosa muller forzuda, para o que escolleron palliñas de cores. O equipo azul pegou a cara de Sandwina e colocoulle os ollos, para o que usaron dous botes de iogur, uns pompóns para darlle cor e uns ...

HANOCH PIVEN, SANDWINA E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Imaxe
O próximo mércores, 8 de marzo, a nivel de centro conmemoraremos o Día Internacional da Muller. Cada aula escollerá unha ou varias mulleres que loitasen pola igualdade, e dende Educación Infantil a elixida foi a austríaca Kate Brumbach, alias " Sandwina ", calificada como a muller máis forte da Terra e das primeiras mulleres forzudas do mundo do circo. Aproveitando a temática que envolve este curso a nosa escola, abordaremos unha profesión historicamente relacionada coa esfera masculina. Será mañá cando a coñezamos na aula de 3 anos: Ademais, achegarémonos á técnica artística do collage recreando ao grande, cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, a imaxe de Sandwina, inspirándonos nas obras do ilustrador israelí Hanoch Piven . É por este motivo polo que hoxe vos pedimos diferentes elementos de refugallo para traer á aula. Xa vos mostraremos ata onde pode chegar a nosa imaxinación! Esta será unha boa maneira de achegarnos ás 3R (reducir - reciclar - reutilizar), e ap...