Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Circo

CONCERTO DIDÁCTICO: "O CIRCO AMBULANTE"

Imaxe
O de hoxe foi un día diferente... Unha vez máis montamos no autobús para visitar a cidade da Coruña, nesta ocasión para asistir a un concerto didáctico moi circense! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos no Pazo da Ópera! Despois de subir un montón de escaleiras, cada Pondaliñ@ situouse nunha das butacas esperando a que comezase o gran espectáculo! E cando se apagaron as luces... comezou o espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que vimos sobre o escenario! Cantamos, bailamos, coñecemos diferentes artistas de circo... E o máis importante, pasámolo estupendamente ben! E para rematar a xornada, incluso sacamos unha fotografía cos protagonistas desta actuación! FOI UN GRAN DÍA E PASÁMOLO XENIAL! Ademais, aproveitamos para comentarvos que xa escollemos temática para o proxecto deste trimestre... Fai uns días que o Señor do Tempo nos deixou a súa derradeira carta, onde nos anunciaba que no próximo mes de maio visitaremos o Aquarium...

MÁIS DO MAGO ÁLEX!

Imaxe
A mamá do noso compañeiro Roi, como membro da ANPA, foi a encargada de filmar a actuación do Mago Álex! Grazas a tódolos seus vídeos, agora podemos compartir con tódalas familias un pequeniño resumo do que foi ese día tan especial...

A ANPA REGÁLANOS A ACTUACIÓN DO MAGO ÁLEX!

Imaxe
Esta mañá, grazas á ANPA do noso colexio, quedamos máis que abraiados cos trucos de maxia de Álex, un simpático mago carballés co que o pasamos estupendamente! Foron moitos os nosos xestos de sorpresa, pero moitas máis as gargalladas que nos botamos con el! Sen dúbida, a mellor maneira de pechar a temática deste ano: o circo!

FIN DE TRIMESTRE!

Imaxe
Durante estas últimas semanas estivemos preparando algunha que outra cousiña na nosa aula, pero decidimos non subir nada disto ao noso blog para que hoxe se transformase nunha divertida sorpresa para as nosas familias! Comezamos polas bolsas, moi acordes con esta época do ano! Picamos o ovo e as patas que forman parte da nosa galiña, e tamén lle colocamos os ollos e o peteiro. A profe encargouse de montala xa que a nós resultábanos un tanto complicado! Mirade que bonitas nos quedaron!  Seguimos coas portadas do libro que recolle tódalas fichiñas que fomos facendo durante este trimestre. Para rememorar o Entroido, transformámonos nuns divertidos pallasetes! Creamos unha perruca con pintura e pincel, cun rotulador especial fixemos unhas pestanas ben longas, e con gomets de cores colocamos o nariz e os mofletes! Para rematar, pintamos uns simpáticos sombreiros e unhas coloridas paxariñas que nos transformaron nunhas pallasas e nuns pallasos de primeiro nivel! Ademais, para darl...

FORZUDOS, EQUILIBRISTAS E ACRÓBATAS!

Os nenos e nenas da aula de 5 anos están comezando co proxecto do circo, e esta tarde a súa profe Mila invitounos a tódolos nenos de Educación Infantil a transformarnos en forzudos, equilibristas e acróbatas. Aquí nos tendes en plena acción! FORZUDOS, EQUILIBRISTAS E ACRÓBATAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

REMATAMOS O RETRATO DE SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde os nenos de 3, 4 e 5 anos démoslle as últimas pinceladas ao noso retrato da muller máis forte do mundo. Este é o resultado final, que vos parece?

RECREAMOS A SANDWINA!

Imaxe
Esta tarde, por fin creamos o retrato de Sandwina con todo o material de refugallo que trouxemos das nosas casas. Primeiro, escoitamos á profe e a Brian, o encargado de 5 anos, cos que volvemos a falar da muller máis forte do mundo e os que nos explicaron que íamos a facer con todos aqueles elementos. Cando xa tiñamos todo máis que claro organizámonos por grupos, e as mestras Ana e Rocío fóronnos chamando para completar o noso collage. Mentres, os demais Pondaliñ@s xogabamos no patio cos profes Xalo e Carlos. Así nos dividimos as tarefas na aula de 3 anos: O equipo amarelo decorou unha bóla da pesa de Sandwina, e para iso escolleron botóns e cachiños de papel. O equipo verde decorou a outra bóla, elixindo difirentes tapóns de botellas. O equipo vermello decorou a barra da pesa da nosa muller forzuda, para o que escolleron palliñas de cores. O equipo azul pegou a cara de Sandwina e colocoulle os ollos, para o que usaron dous botes de iogur, uns pompóns para darlle cor e uns ...

HANOCH PIVEN, SANDWINA E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Imaxe
O próximo mércores, 8 de marzo, a nivel de centro conmemoraremos o Día Internacional da Muller. Cada aula escollerá unha ou varias mulleres que loitasen pola igualdade, e dende Educación Infantil a elixida foi a austríaca Kate Brumbach, alias " Sandwina ", calificada como a muller máis forte da Terra e das primeiras mulleres forzudas do mundo do circo. Aproveitando a temática que envolve este curso a nosa escola, abordaremos unha profesión historicamente relacionada coa esfera masculina. Será mañá cando a coñezamos na aula de 3 anos: Ademais, achegarémonos á técnica artística do collage recreando ao grande, cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, a imaxe de Sandwina, inspirándonos nas obras do ilustrador israelí Hanoch Piven . É por este motivo polo que hoxe vos pedimos diferentes elementos de refugallo para traer á aula. Xa vos mostraremos ata onde pode chegar a nosa imaxinación! Esta será unha boa maneira de achegarnos ás 3R (reducir - reciclar - reutilizar), e ap...

MÁIS DO ENTROIDO!

Imaxe
Novas imaxes e novos vídeos chegan do fantástico día de Entroido que vivimos a semana pasada! Temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi, que foi quen nos fixo esta reportaxe tan xenial! PASARRÚAS DE ENTROIDO! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

PASARRÚAS DE ENTROIDO!

Imaxe
Hoxe por fin chegou o gran día, o día máis esperado, o día de estrear os nosos disfraces de pallasetes e pallasetas e lucilos polo pobo para que tódolos nosos veciños nos visen e se divertisen con nós! Aquí nos tendes a todos antes de saír do cole coa mestra Rocío e coa profe Sandra, que estivo pendente de nós durante toda a xornada! Moitísimas grazas! E se nos queredes ver máis de preto... Aquí nos tendes! Moitísimas grazas a tódalas familias polo espectacular traballo de vestiario e maquillaxe que fixéchedes con estes Pondaliñ@s tan animados! PALLASETES DE 3 ANOS! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker E despois de tódolos preparativos, tocaba sacar ao noso Circo Pondaliano polas rúas de Ponteceso! Saúdamos a toda a xente que saiu das súas casas e dos seus negocios para vernos, dende o cole ao Recheo! Menuda camiñata! E xa no Recheo, tocaba interpretar as cancións que estivemos ensaiando coa profe Luisa. Estivemos un pouquiño tímidos porque había unha gran multitu...

DECORACIÓN DE ENTROIDO!

Imaxe
Xa estamos no Entroido, e o noso corredor xa está repleto de elementos circenses! Aquí vos deixamos un vídeo do noso circo particular. Que vos parece?

"O CIRCO" DE MIRÓ e "O CIRCO" DE 3 ANOS!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, descubrimos que algo había na caixiña de Teo... Aquí temos a Xabi, o encargado de hoxe, abríndoa para comprobar de que se trataba: Todos coñecemos o ovo de oso panda que nos dá a quenda de palabra, e tamén a tablet que moitos quixemos levar para a nosa casa! O que nunca antes víramos era ese debuxo estraño. Foron moitas as hipóteses que ofrecemos: unha foto, un cadrado, un círculo, un folio roto, moitos camiños, unha televisión estropeada, un circo volador, un coche de policía, montes e montañas... Non demos adiviñado do que se trataba, así que a profe propúxonos acender a tablet e buscar na pantalla algo que se parecese a esa forma estraña que estabamos vendo no papel. Unha vez atopada a aplicación, Xabi pinchou nela, e unha cámara se activou. Decidimos sacarlle unha foto a ese código, a ver que ocorría... E o que ocorreu foi que... Se abriu o noso blog! E alí había un vídeo esperando por nós. Aquí volo deixamos novamente, e tamén est...

"O CIRCO" - JOAN MIRÓ

A próxima semana, aproveitando que é a semana do Entroido, aprenderemos un pouquiño máis sobre o circo. Para iso axudarémonos dun conto que proximamente coñeceredes, e tamén dunha obra de arte: "O circo" de Joan Miró. A partir deste cadro xogaremos a pensar e achegarémonos á "Filosofía para nenos e nenas". Polo momento non vos diremos nada máis, só deixaremos aquí esta presentación (que os Pondaliñ@s aínda non poden ver!) porque a profe necesita un link para crear un Código QR co que traballaremos nuns días. Xa vos contaremos que tal foi esta experiencia! CIRCO - MIRÓ - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

GRAVATAS DE PALLASETES!

Imaxe
Como ben sabedes, o próximo venres celebraremos o Entroido e disfrazarémonos duns pallasos e pallasas ben coloridos. Desde o cole xa estamos preparando cousiñas relacionadas con esta celebración, entre elas as gravatas que luciremos ese día! Pintámolas con cores ben animadas e logo decorámolas cun montón de gomets! Que ganas de estrealas!

CANCIÓNS DO CIRCO!

Imaxe
O venres da próxima semana celebraremos o Entroido e, como ben sabedes, o tema deste ano é o circo. Para amenizar esta festividade, ese día xunto aos demais nenos e nenas do noso colexio cantaremos os retrousos dunhas cancións circenses que xa estamos ensaiando coa mestra Luisa. Aquí volas deixamos para recordalas tamén nas nosas casas! ♫ HABÍA UNA VEZ UN CIRCO ♫ ♫ HOLA DON PEPITO ♫ ♫ EL AUTO DE PAPÁ ♫ ♫ SUSANITA ♫ ♫ LA GALLINA TURULECA ♫