Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

FLORES DE PRIMAVERA!

Imaxe
Fai unha semana que comezou a nova estación, e para celebralo, decidimos darlle un toque primaveral ás fiestras do noso corredor... Non podía haber mellor complemento ca unhas flores, así que nos puxemos mans á obra! Decoramos moldes de magdalenas con gomets! Logo engadímoslle estreliñas e purpurina! A profe axudounos a pegar pompóns, botóns e unhas folliñas que tamén picamos! E este foi o resultado final! Agardamos que vos gusten! Agora as fiestras do noso corredor están máis primaverais ca nunca grazas a est@s artistas!

SUPERANIVERSARIOS DE MARZO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Martina fíxose maior e xa cumpriu 6 anos. Aquí a tedes no noso marco dos aniversarios!  Sen dubidalo, enfundou a súa capa de "Supercumpleañera nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos á nosa compañeira Martina, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!  Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo... Un gran libro de debuxos para a nosa compañeira!  OS AGASALLOS DE MARTINA! Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa amiga sopraba a súa vela de aniversario! Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta temática que preparou a mamá de Martina... Por suposto, a temática non podía ser outra que as baleas! Mirade que chulada: Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós

VISITAMOS O INSTITUTO DE PONTECESO!

Imaxe
No IES Eduardo Pondal de Ponteceso están celebrando as súas Xornadas Culturais, e fai uns días que aos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos nos chegou unha invitación para visitar o instituto no que dentro duns aniños estudaremos! Por suposto, aceptamos a invitación e visitámolo esta mesma mañá! Volvemos á escola emocionadísimas e emocionadísimos con todo o que alí vimos, descubrimos e aprendemos! E tamén por ver algunhas caras que se nos facían coñecidas... Gustounos tanto que algúns Pondaliñ@s incluso querían quedar alí! Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que sucedeu neste día tan especial:

HOXE EN PSICOMOTRICIDADE!

Imaxe
Mirade que ben o pasamos en Psicomotricidade coa profe Bea! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos esta mesma mañá:

FELIZ DÍA DO PAI!

Imaxe
Onte, 19 de marzo, celebrouse o Día do Pai! Nós non tivemos cole, pero non podíamos deixar pasar esta data tan especial! Así que hoxe algo chegou ás nosas casiñas... Fai uns días que enviamos unha notiña que só podían ler as nosas mamás, que foron as nosas cómplices en todo isto que argallamos. Nela pedíamos que nos axudasen a revolver no armario dos nosos papás, sen que eles se enterasen, para poder traer ao cole unha das súas camisas e tamén unha das súas gravatas ou paxariñas. Por suposto, todos e todas aceptamos a misión e ao día seguinte chegamos cargadiñas e cargadiños sen que os nosos papás se enterasen de nada... E para que era todo aquilo? Pois para facer unha fermosa sesión de fotos para demostrarlle aos nosos papás o moito que os queremos... Aquí vola deixamos, agardamos que vos guste! A profe encargouse de imprimir todas as imaxes para que llas puidésemos regalar aos nosos papás, e para que as colocasen nun recuncho importante das nosas casas, esta mañá engadímosll

RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

Imaxe
Esta mañá na nosa aula recibimos unha visita moi especial... Queredes saber de quen se trataba? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste momento tan esperado como sorprendente! Claro, era o profe Xalo, que veu desde As Pontes ata Ponteceso para visitarnos! Menuda alegría levamos e cantas cousiñas lle tiñamos que contar... E despois deste anaquiño con el, só temos unha cousiña que dicir: Volve pronto Xalo! Botámoste moito de menos...

SUPERHEROÍNAS GALEGAS!

Imaxe
O pasado venres 8 de marzo conmemorouse o 'Día Internacional da Muller'. Durante estes últimos días, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal coñecemos a diversas superheroínas, pero estas non son unhas superheroínas calquera...  Estamos a falar dunhas superheroínas galegas de carne e óso, aínda que nós as vexamos convertidas en grandes murais situados nas fachadas de distintos edificios dalgunhas vilas e cidades da nosa Comunidade. Foron retratadas polo artista Yoseba MP, que decidiu pintar e poñer en valor a grandeza dos superpoderes das avoas galegas: a súa gran capacidade de traballo e sacrificio diario. As nenas e nenos de 5 anos afondamos un pouquiño máis sobre Elisa, tamén coñecida como a "Muller Nitramón", unha superheroína galega que se levanta nunha fachada de Carballo. Esta gran muller dedicou a súa vida a cultivar a súa horta, ou o que é o mesmo, a alimentar a toda a súa familia grazas ao seu traballo e esforzo diario. Xunto a ela, podemos ver outras m

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha visita moi especial... O vindeiro curso xa seremos alumnas e alumnos de 1º de Primaria, polo que teremos que estrear nova clase e deixar a nosa aula de Infantil. Pero esta non quedará baleira, serán os novos Pondaliñ@s de 3 anos os que desfruten e aprendan moito nela. E nós, por suposto, poderemos vir de visita cada vez que queiramos! Como non podía ser doutra maneira, tiñamos que coñecelos, aínda que a algúns xa os coñecemos moi ben... Por alí viñeron Hugo, o irmán de Andrea; Noa, a irmá de Mario; Bella, a curmá de Roi; Axier, o curmán de Alejandro V.; Noa, a curmá de Martina; e tamén Álex, unha amiga de Mariña. Ademais de visitar o noso cole, tamén viñeron á nosa aula, e ata xogaron nela! O que máis lle gustou foi a cociña e a mesa de ferramentas! Cando se foron, nós subimos rapidamente á nosa biblioteca, pois alí lle tiñamos preparada unha sorpresa que levamos ensaiando desde fai varios días... Recordades o conto de "Un becho estraño" que nos c

PASARRÚAS DE ENTROIDO!

Imaxe
Esta mañá produciuse o colofón final desta "Semana de Entroido" tan animada! Por fin puidemos enfundar os nosos traxes de superheroes e superheroínas! Así pois, os Pondaliñ@s de 5 anos transformámonos nos Increíbles! E desta maneira, o pasarrúas de Entroido estaba esperando por nós! Aquí vos deixamos tódalas fotiños que sacou Rosario, a mamá do noso compañeiro Roi! Moitísimas gracias! Xa na Praza do Recheo, xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos mostramos os superpoderes que esta gran familia posúe: forza, invisibilidade, elasticidade e velocidade! E para repoñer forzas... Unha merendola con postres típicos destas datas feitos polas familias! Puxémonos as botas! Moitísimas grazas, estaba todo riquísimo! E agora o que toca é desfrutar destas pequenas vacacións! Vémonos o próximo xoves Pondaliñ@s!