VISITAMOS A AULA DE 1º DE PRIMARIA!

Como ben sabedes, en poucos meses os Pondaliñ@s de 5 anos pasarán a ser alumnas e alumnos de 1º de Primaria, así que esta mañá aproveitamos a última misión que nos deixou o Señor do Tempo para visitar aos nosos compañeiros e compañeiras de corredor e resolver tódalas cuestións que propuxemos para completar a lista de Dash. Aquí nos tedes na que será a nosa futura aula: Por suposto, os nenos e nenas de 1º aceptaron axudarnos moi amablemente e resolveron tódalas nosas dúbidas. Aquí vos deixamos as súas respostas, por se os Pondaliñ@s non as recordan todas e no verán necesitan solucionar algunha cuestión: En 1º non teñen a Teo nin ningunha outra mascota. As mesas colócanse por equipos. Neste caso unha gran mesa con forma de "U" e outra máis pequena con forma de rectángulo. Imos ter PDI e nela podemos escoitar cancións, ver vídeos, aprender a través de xogos interactivos... Na clase non hai recunchos, pero teñen estanterías para gardar diferentes xogos (contos,...