QUEN DIXO MEDO?
Fai tempo que aos Pondaliñ@s de 5 anos nos invitaron a formar parte da campaña "Quen dixo medo?" , un programa de sensibilización contra a violencia de xénero. Esta mañá, na nosa aula recibimos a Raquel e a Sandra, que viñeron contarnos "Quérote case sempre" , a historia de amor entre Rita e Lolo, dúas personaxes que a pesar de ser moi diferentes quérense moito e adáptanse un ao outro para vivir en harmonía. Despois duns minutos de conversa e reflexión, propuxéronnos crear aos nosos Lolos e Ritas particulares, así que nos puxemos mans á obra... Entre coloreado e coloreado pegámoslle ollos: Logo, colocámoslle as antenas: Por último, decorámolas con pompóns e pegámoslle un depresor para transformalas en monicreques: E este foi o resultado final: Gustounos moito esta experiencia e pasámolo xenial! Agora só queda conseguir o libro para a nosa biblioteca de aula e así seguir reflexionando sobre este tema tan importante. Moitas grazas...