Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Festiletras

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

FESTICIENCIA 2018!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal. Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes. Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial! ...

CÉ ORQUESTRA PANTASMA!

Imaxe
Esta tarde, na biblioteca da nosa escola, tivemos unha visita moi especial... Foi a de Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo "A xogar, cantar e bailar", actuación proposta desde o Festiletras! Pasámolo estupendamente xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos, e tamén xunto aos nenas e nenos de Educación Infantil do colexio de Corme. Foi un gran día, xa que ademais reencontrámonos co noso antigo compañeiro Daniel! Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das cancións que cantamos e bailamos nesta tarde tan animada: