Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Taller de cociña

VISÍTANOS IRIA E ZAMPAMOS SÚPER-PIRULETAS!

Imaxe
A xornada de hoxe era unha das máis esperadas para nós... Por fin recibíamos a visita da nosa compañeira Iria! Cantas ganas tíñamos de vela! Pasamos todo o día con ela: veu con nós a clase de Música, xogou con nós no recreo e nos rincóns, e incluso nos tiña preparada unha gran sorpresa! Mirade que xogo de caracol nos trouxo para pasar lista! Encantounos! Por suposto, xa o estreamos, aínda que dunha maneira moi agarimosa... Tivemos que tirar dados, mover unha peza de caracol ata a casilla correspondente e darlle un bico e un abrazo ao Pondaliñ@ que se correspondese co nome que tocara en cada momento! Canto nos gustou e canto uso lle imos dar! Moitísimas grazas Iria! Nós, a cambio, tiñamoslle preparada unha rica merendola, que ademais de agradarlle á nosa compañeira, tamén lle agradaría moito ao Señor do Tempo! Queredes saber por que? Pois porque eran unhas piruletas de superheroes e superheroínas! Pintamos e picamos capas, cravamos un amorodo nunha brocheta e probamos o pegame...

SEMANA DO SAMAÍN: CURTAS DE TERROR!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, realizamos unha das últimas actividades relacionadas coa época máis terrorífica do ano: o Samaín! Para iso, na biblioteca xuntámonos os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos e Cleo tíñanos preparadas unhas curtas propias desta celebración e tamén algún que outro conto e canción! E todo isto acompañado dunhas deliciosas palomitas para crear unha auténtica sesión de cine!  Aquí vos deixamos algunhas imaxes: E as palomitas non foron as únicas que encheron as nosas barrigolas. Como ben sabedes, a nova misión de Valentina está relacionada co noso satélite, e para seguir coñecendo un pouquiño máis as fases da Lúa, decidimos facer un pequeno taller de cociña con galletas Oreo! Algúns quixémolas levar para merendar na casa, e outros xa comemos as nosas lúas durante a merenda da mañá... O que todos fixemos foi pasalo moi ben e papar aqueles cachiños de galleta que necesitábamos sacar para crear a lúa chea, a menguante, a nova e a crecente! Por supos...

SEMANA DO SAMAÍN: MERENDAS TERRORÍFICAS!

Imaxe
Esta mañá continuamos celebrando o Samaín, e nesta ocasión tivemos que poñernos mans á masa e cociñar unhas merendas ben terroríficas xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos, e tamén xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria. Misturámonos uns con outros e así quedaron conformados os grupos: Na aula de 3 anos facendo uns sándwiches con forma de araña coas profes Susana e Bea estiveron... Izan, Mariña, Mario, Marta, Naia e Noa! Na aula de 4 anos transformando plátanos en fantasmas coas profes Teresa e Érica estiveron... Aroa P., Brais M., Daniella, Hugo, Lucas e Nizar. Na aula de 1º transformando galletas en ollos sanguentos coas profes Rocío e Silvia estiveron... Alonso, Aroa V., Claudia, Leila, Xabi e Zaira! (E non nos trabucamos, agora temos dúas profes que se chaman Rocío no noso corredor!) E na aula de 5 anos creando fantasmas de chocolate e dedos sanguentos de queixo coas profes Rocío e Brenda estiveron... Alejandro G., Alejandro V., Brais P., Lucía, Mart...

ACTIVIDADES ESPECIAIS COA NOSA COMPAÑEIRA IRIA!

Imaxe
O día de hoxe foi un día moi especial... Sabedes por que? Pois porque esta mañá visitounos Iria, a nosa antiga compañeira! Como ben sabedes, agora é alumna dunha escola de Carballo, e aínda que o seu colexio lle gusta moito, bótanos moito de menos, igual que nós a ela!  Pero sabedes o mellor? A súa non foi unha visita duns minutos... Estivo con nós toda a xornada! Para celebrar esta gran noticia, organizamos unhas actividades un tanto diferentes que esperamos que lle gustasen moito á nosa compañeira. Comezamos por un obradoiro de cociña! Aproveitando que tanto nós coma ela estamos aprendendo sobre animais mariños e que tanto a nosa clase como a súa visitamos o Aquarium da Coruña fai pouco, cociñamos un delicioso biscoito con forma de peixe. Queredes coñecer os pasos que seguimos? Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá! Papamos todo o biscoito que cociñamos e tamén parte do que trouxo a profe Rocío como modelo... Ademais, a nosa compañeira agasallounos cu...

TALLER DE COCIÑA: MOMIAS DE EXIPTO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, que nos deixou o oitavo selo nos nosos pasaportes por ter coñecido diferentes inventos exipcios e por crear algún deles, coma o papiro e a escritura xeroglífica. Desta vez propoñíanos saber máis dos deuses exipcios, e para iso deixounos un xogo de cartas e tamén unha máscara do noso deus favorito: Anubis. Por suposto, encantounos a súa proposta, e despois dunha mañá de traballo, así de realistas quedaron as nosas caretas: Ademais, tiñamos unha tarefa pendente da semana pasada... Realizar un taller de cociña! Como non podía ser doutra maneira, a receita tiña que estar relacionada co Antigo Exipto, polo que nos puxemos mans á obra para crear as nosas momias... 1º) Collemos unha rebanada de pan de molde. 2º) Colocamos unha loncha de xamón ou pavo sobre o pan. 3º) Esparcimos tiras de queixo a modo de vendas. 4º) Colocamos dúas aceitunas para darlle forma aos ollos. E despois disto... Xa temos as nosa...

TALLER DE COCIÑA: DOCES CARACOIS!

Imaxe
Este venres foi o aniversario da profe Rocío, e para celebralo cantámoslle o "Cumpleaños feliz", axudámoslle a soprar as velas e enchemos as nosas barrigolas cunha rica tarta de chocolate que tamén compartimos cos nenos e nenas de 3 e 5 anos! Ademais, démoslle unha bonita sorpresa agasallándoa cunha preciosa foto grupal e co libriño dos seus caracois de 4 anos que realizaron ás agachadas co profe Xalo... Encantoulle! Moitísimas grazas! Para continuar coa diversión deste día, realizamos un taller de cociña no que creamos uns doces e ricos caracois...  Primeiro, untamos crema de chocolate nuns biscoitos de soletilla que se transformaron nos pés dos nosos caracois. De seguido, espolvoreamos virutas de chocolate sobre eles porque nos gustan moitísimo e sobrárannos algunhas do taller de cociña de Samaín. Logo, para que os nosos caracois puidesen ter cuncha, colocamos a metade dunhas mini-ensaimadas sobre os biscoitos. E, por último, partimos dous cachiños dun...