Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Magosto

NOVIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!  Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no plan...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...

MAGOSTO 2017!

Imaxe
Este venres celebramos o Magosto na nosa escola! A chuvia truncou un pouquiño os nosos plans e tivemos que realizar algún cambio nas nosas actividades, pero de tódolos xeitos pasámolo estupendamente ben! Comezamos a mañá acudindo á aula de cine, onde vimos un cachiño da película " Monstruos, S.A. " acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, así como dunhas ricas palomitas! Seguidamente, baixamos aos dous patios do noso colexio, onde nos distribuímos en seis grupos mixtos para realizar diferentes xogos populares que prepararon os profes Xalo e Carlos: mariola, comecastañas, zancos, bolos, aros e carreiras de culleres. Aquí podedes ver un pequeno resumo: Magosto 2017! Despois de tanta diversión, tocaba estrear os portacastañas e repoñer o bandullo cunhas ricas castañas e uns saborosos zumes! E despois dun pequeno recreo, para rematar esta xornada festiva, tocou tirar da corda e cantar todos xuntos o "Non chas quero"...

PINTAMOS CON CADOLOS!

Imaxe
Hoxe comezamos a mañá coa profe Silvia, traballando o soplo con pompeiros e velas no patio. Para poder atendernos mellor, sempre dividimos a clase en dous grupos para realizar os diferentes exercicios. Hoxe baixaron coa mestra o equipo azul e o equipo vermello, e a próxima semana farano o verde e o amarelo, aínda que todos xuntos fixemos a ximnasia da boca, xa que así empezamos a sesión de PELO tódolos xoves. Os que permaneceron coa profe Rocío na clase pintaron e picaron a castaña que xa colocamos nos nosos portacastañas. Cando os outros compañeiros volveron, foron estes os que a decoraron. Mentres, os membros do equipo verde e do equipo amarelo visitaron o recanto dos números e o das letras. E sabedes que? Cada día somos máis autónomos e organizámonos mellor neles e a mestra está súper contenta coa nosa evolución! Mariña e Lucía decidiron xogar ao memory, e Andrea e Alejandro ao dominó. Por outra banda, o equipo amarelo decidiu axenciarse dalgunhas pizarras e escribir o nome de tód...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
Esta tarde o alumnado ao completo do CEIP Eduardo Pondal celebramos o Magosto! Tivo que ser no patio cuberto porque o tempo non acompañou... Despois de tocar a serea e ir rapidamente ao baño, o primeiro que fixemos foi un tren no noso lugar habitual, pero desta vez tocaba sentarse para esperar todo o que nos esperaba... Mentres, aproveitamos para sacar unhas fotiños! A continuación, un par de bruxos sorprendéronnos (e a algúns asustáronnos) coa súa aparición estelar... Despois das presentacións, como é tradición no noso cole, era o momento de queimar os nosos medos. A nosa encargada Daniella foi quen os depositou no lume, acompañada de Xabi e do profe Xalo, mentres que os demais nenos e nenas lle dicíamos adeus desde un pouquiño máis atrás. Por suposto, non podíamos faltar ao tradicional tiro de corda! Estivemos ensaiando co profe Carlos nas últimas clases, e non se nos dou nada mal... Seguidamente, era a quenda da mestra Luisa, coa que ensaiamos a cantig...

PORTACASTAÑAS!

Imaxe
Como ben sabemos, xa estamos no outono, e o outono é unha época de moitas festas. Xa celebramos o Samaín, e o próximo venres 11 celebraremos o Magosto. Da festa do medo á festa da castaña! Non paramos! Esta mañá, unha das nosas compañeiras chegou á aula cun destes froitos, así que aproveitamos para descubrir en que consistía esta celebración: - Todas as actividades previstas faranse, xunto aos demais nenos e nenas desta escola, na nosa pista de fútbol e, se chove, no noso patio cuberto. - Alí atoparemos a unha bruxa que realizará un conxuro para queimar os nosos medos. - Seguidamente, realizaremos a competición de tiro de corda, que tantos anos se leva celebrando no noso colexio. - A continuación, cantaremos unha estrofa da cantiga "Non chas quero", que xa estamos ensaiando coa mestra Luisa. - Finalmente, degustaremos as castañas típicas desta festividade acompañadas duns saborosos zumes. Hoxe, ademais, falamos das castañas: de onde viñan, como eran os ourizos, como...