Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cancións

NOVOS RETOS DO SEÑOR DO TEMPO!

Imaxe
Estas últimas semanas o Señor do Tempo tivo que apurar un chisquiño as súas misións sobre os superheroes e as superheroínas, mais por fin chegamos ao último reto, e moi pronto descubriremos o que se agocha no interior da casiña. Por fin poderemos desvelar ese misterio que nos ten tan intrigados! Que gran misión nos espera? A quen temos que axudar? Ai, que nervios! Así pois, nestes últimos días fomos recibindo novas cartas con novos retos: descubrir novos superpoderes, coñecer algúns villanos, crear o noso propio superheroe ou superheroína e aprender un chisquiño máis de arte, música e cociña superheroica. Pouco a pouco fomos superando probas, e os encargados e encargadas de aula abrindo portas. Só nos queda unha, que cremos que mañá xa poderemos abrir! Pero non creades que isto de superar retos consiste só en deixar por escrito todo o que imos descubrindo nos libros de información, tamén temos un montón de xogos na aula, algún que outro que nos deixa o Señor ...

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...

NADAL 2018!

Imaxe
O Nadal está chamando ás nosas portas e, como non podía ser doutra maneira, na nosa escola celebrámolo por todo o alto! Comezamos a mañá recibindo aos Reis Magos e aos seus paxes recén chegados de Oriente! Para agasallalos, cantámoslle a panxoliña que preparamos coa mestra Sheila! Titúlase "Tres reis en bicicleta" e así foi a nosa actuación: Seguidamente, puidemos visitar aos Reis Magos e entregarlle as nosas cartas. Eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña de caramelos! E despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cun chocolatiño quente e un saboroso roscón de reis! Puxémonos as botas! E logo dun tempiño de recreo... A celebrar o fin deste ano 2018! Non tiñamos uvas pero si tiñamos gusanitos, e tamén serpentinas, música e moitas ganas de festa! Foi un día diferente e pasámolo estupendamente ben! Vémonos no 2019!

CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL!

Imaxe
Esta mañá visitamos o Edificio das Escolas para desfrutar dun concerto didáctico de Nadal co que nos agasallou o concello. A interpretación musical correu a cargo do trío formado pola voz de Clara Jelihovschi Panas, o piano de Iago Mouriño Román e o contrabaixo de Pablo Pérez Sanmamed. E con eles viaxamos no tempo grazas aos "Clásicos Disney" que nos levaron de 'Mickey Mouse' a 'Frozen', pasando por 'Brancaneves', 'O Mago de Oz', 'Pinocho', 'Cinsenta', 'Alicia no país das marabillas', 'A Bela e a Besta' e 'Pocahontas'. Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos máis que preparados para que comece a función: Pero nós non fomos os únicos convidados a esta celebración! Tamén estiveron con nós os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos e os nenos e nenas de 1º e 2º. Aquí nos tedes xunto ás nosas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil: E aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a actuación desta ma...

VISITAMOS O PLANETARIO!

Imaxe
A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo! E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres: Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra! E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos es...

ESTREAMOS XILÓFONOS!

Imaxe
No día de onte os Pondaliñ@s de 5 anos visitamos, coma tódalas semanas, a aula de Música coa profe Sheila.  Comezamos a sesión recordando a casa dos sons onde o cadeliño Leo, neto de Laika, creaba as súas cancións. O que non sabíamos era que esa casa tiña varios pisos, polo que a mestra nos presentou a dúas veciñas: Mimí (Nota 'Mi') que vivía no 1º e Sole (Nota 'Sol') que vivía no 2º. Aquí as tedes! Como vedes, ademais de vivir en pisos diferenes, Mimí e Sole son de cores diferentes. Sabedes por que? Pois porque desta maneira podemos facelas soar nos xilófonos que a profe Sheila creou para nós. Un para cada Pondaliñ@, que sorte temos con esta mestra! Así pois, puxémonos mans á música e descubrimos que se coa baqueta facemos soar a lámina amarela escoitarase a Mimí, pero se a que tocamos é a lámina azul soará Sole. E encantounos a experiencia! Mirade canta concentración! Fixémolo tan ben que a profe Sheila ata nos dixo que calquera día podía...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...