FELIZ DÍA DO PAI!
Onte, 19 de marzo, celebrouse o Día do Pai! Nós non tivemos cole, pero non podíamos deixar pasar esta data tan especial! Así que hoxe algo chegou ás nosas casiñas... Fai uns días que enviamos unha notiña que só podían ler as nosas mamás, que foron as nosas cómplices en todo isto que argallamos. Nela pedíamos que nos axudasen a revolver no armario dos nosos papás, sen que eles se enterasen, para poder traer ao cole unha das súas camisas e tamén unha das súas gravatas ou paxariñas. Por suposto, todos e todas aceptamos a misión e ao día seguinte chegamos cargadiñas e cargadiños sen que os nosos papás se enterasen de nada... E para que era todo aquilo? Pois para facer unha fermosa sesión de fotos para demostrarlle aos nosos papás o moito que os queremos... Aquí vola deixamos, agardamos que vos guste! A profe encargouse de imprimir todas as imaxes para que llas puidésemos regalar aos nosos papás, e para que as colocasen nun recuncho importante das nosas casas, esta mañá engadímosll...