Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

SEMANA DO ENTROIDO: XOVES!

Imaxe
O mércores non puidemos seguir os mandados do Meco, mais no día de hoxe si que o puidemos facer. E nesta ocasión foi por todo o alto, pois tocou traer o noso disfrace favorito, e tivemos moitísima variedade! Superheroes e superheroínas! Personaxes de conto e televisión! Bombeiros e policías! Unicornios! Darth Vader! Princesas! Flamenca e pirata! E aquí estamos todos xuntos coas profes Bea e Rocío! Ademais, aproveitamos a época na que estamos para crear algo moi típico destas datas: máscaras de Entroido! E como non podía ser doutra maneira, transformámonos en baleas! Pintamos a súa cara, picámolos seus ollos e reutilizamos unha palliña para poder agarrala. A mestra fíxonos uns chorros ben simpáticos a modo de diadema e xa tiñamos o atuendo completo! Mirade, mirade:

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS!

Imaxe
Como ben sabedes, a temática deste curso son os superheroes e as superheroínas, así que esta mañá visitamos a cidade da Coruña para coñecer a uns de carne e óso... Estas persoas encárganse de apagar incendios, rescatar persoas e animais, socorrer accidentes terrestres e marítimos, e moito máis! Claro, estamos falando dos bombeiros e das bombeiras! E hoxe visitamos as instalacións do seu parque! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume o que foi esta mañá para tódolos Pondaliñ@s de Educación Infantil. Encantounos esta visita, pasámolo estupendamente ben e aprendemos un montón de cousiñas que non coñecíamos! Mirade, mirade:

SUPERANIVERSARIOS DE FEBREIRO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Marta, Noa, Alejandro V., Leila e Alonso fixéronse maiores durante o mes de febreiro e xa cumpriron 6 anos! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de 'Supercumpleañer@s nº6'! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ás nosas compañeiras e compañeiros, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!  Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos! Uns grandes libros de debuxos para Marta, Noa, Alejandro, Leila e Alonso! OS AGASALLOS DE MARTA! OS AGASALLOS DE NOA! OS AGASALLOS DE ALEJANDRO! OS AGASALLOS DE LEILA! OS AGASALLOS DE ALONSO! Xa nas nosas mesas cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas amigas e os nosos amigos sopraban a súa vela de aniversario! Despois disto, o que tocaba era en

SEMANA DO ENTROIDO: MARTES!

Imaxe
Nesta semana de Entroido, o martes tamén contaba co seu mandado particular: "Ben rechamantes e moi estridentes, o martes vestiremos prendas de cores moi diferentes". E así o fixemos! Tódalas cores inimaxinables tíñamolas nós nos nosos atuendos: azul, amarelo, vermello, laranxa, rosa, verde, violeta... E moitos máis! Parecíamos arcos da vella! Por alí apareceron lazos e diademas multicolor, xerseis extravagantes, tutús brillantes, medias e pantalóns cantosos, zapatos e calcetíns desparellados... E moito máis! Mirade, mirade! Menuda festa hortera montamos!

SEMANA DO ENTROIDO: LUNS!

Imaxe
Esta mañá chegamos á escola con moita alegría e gran ilusión... Sabedes por que? Pois porque xa demos comezo á semana do Entroido!  Coma tódolos anos, temos que cumprir os mandados do Meco, e o que nos propuxo para este luns gustounos moito... Que comodidade! Como ben dicía o mandadiño... "Para comezar ben a semana, o luns viremos en bata e pixama!", e mirade canto caso lle fixemos! Só faltou a guerra de almofadas para que a nosa clase se transformase nunha festa de pixamas! Aquí nos tedes coas profes Bea e Rocío, que por suposto seguiron as ordes do Meco e viñeron dereitiñas da cama coas súas mellores galas! E mañá máis e mellor, a ver con que atuendos nos sorprenden estes Pondaliñ@s! Se hoxe celebramos a festa-pixama... Mañá poderemos celebrar a festa-hortera? Seguro que si, xa vos informaremos!

MANDADOS DO MECO!

Imaxe
Como ben sabedes, a vindeira semana celebraremos o Entroido. O venres, se o tempo acompaña, as superheroínas e superheroes do CEIP Eduardo Pondal realizaremos un pasarrúas polo pobo, pero xa o luns será un día moi festivo, e o martes, o mércores, o xoves... Queredes saber por que? Agora mesmiño volo contamos! Como xa é tradición, o Meco deixounos uns mandados de Entroido... Queredes coñecer os deste ano? Aquí volos deixamos! Agardamos que vos gusten! O luns non teremos nin que vestirnos, pois o primeiro dos mandados é vir en bata e pixama! Iso si, hai que vir ben espertos! O martes revolveremos o armario e viremos o máis chamativos que poidamos! Só temos unha norma... Nada combinará entre si, tódalas prendas que traiamos teñen que ser de cor diferente, incluso os zapatos e os calcetíns! E todo o demais queda á vosa imaxinación: complementos brillantes, diademas rechamantes, tutús rimbombantes... O que se vos ocorra! O mércores tocaría desempeñar algunha profesión,

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén

CLUB DE CIENCIA: FEBREIRO

Imaxe
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras máis maiores, regresamos á aula de ciencias para realizar o segundo experimento do club. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear un arco da vella de densidades xogando con diferentes líquidos e obxectos. Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo: Ademais, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese.  Animádevos a visitarnos en  https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/ Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos no mes de marzo cunha nova experiencia científica! Seguiremos informando!

CONCURSO DE IDEAS: E O ESQUELETO DA BALEA?

Imaxe
Esta semana, a nosa compañeira Noa trouxo unha noticia que falaba de que o esqueleto da balea de Valarés xa se atopaba enterrado no seu sarcófago, detrás do Punto Limpo de Ponteceso, para eliminar toda materia orgánica que recubrise os seus ósos. E por que a enterraban? Pois porque nun futuro tense a intención de expoñer o seu esqueleto nalgún lugar do concello, e para iso convocarase un concurso de ideas. Así pois, reunímonos en asemblea e cada Pondaliñ@ ofreceu un posible lugar no que expoñer o seu esqueleto, así como unha razón para facelo. Decidimos plasmar todas as ideas en papel, para que non se nos esquecese ningunha cando o concello lance ese concurso de ideas, pero como non tiñamos moita idea de como era un esqueleto de balea e como se podía expoñer, inspirámonos no que podemos ver na illa de Fuerteventura. Aquí vos deixamos as nosas propostas, a ver que vos parecen...

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes