SUPERANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO!

No día de hoxe estivemos de celebración! Roi e Hugo fixéronse maiores e xa cumpriron 6 anos. E Aroa V., Lucía, Izan, Zaira e Xabi farano durante os meses de verán, pero non por iso quedaron sen celebración! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de "Supercumpleañer@s nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos aos nosos compañeir@s, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos... Uns grandes libros de debuxos para os nosos compañeir@s! E xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos amigos sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invi...