Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

FELIZ 2017!

Imaxe
Ola Pondaliñ@s! Que tal todo? Acordádesvos de Teo? El tamén marchou de vacacións, a un lugar moi afastado, e dende alí nos mandou esta postal... Estanos felicitando as festas desde Alaska! Que andará facendo? Quen vive nese lugar? Terá algún amigo por alí? Se vos apetece, podedes ir investigando coas vosas familias, pero á volta descubrirémolo todo todiño todo... Polo momento, el e a profe Rocío teñen algo que dicirvos: FELIZ 2017 PONDALIÑ@S!

FELIZ DÍA DE NADAL!

Imaxe
Que tal Pondaliñ@s? Madrugáchedes moito para descubrir os regalos de Papá Noel? No día de hoxe, compartimos con vós unhas felicitacións moi especiais... Alejandro, Alonso, Andrea, Aroa Penedo e Aroa Vega, deséxannos unhas "Felices vacacións!" a ritmo de hip-hop. Pinchade no seguinte link:  http://elfyourself.com?mId=69979437 Brais Martínez, Brais Pérez, Claudia, Daniella e Hugo fano a ritmo de música electrónica. Aquí vos deixamos o link:  http://elfyourself.com?mId=69980490 Iria, Izan, Leila, Lucas e Lucía tamén nos desexan unhas "Felices vacacións!", pero desta vez fano a ritmo de country. Mirade, mirade:  http://elfyourself.com?mId=69980879 Mariña, Marta, Martina, Naia e Nizar fano a ritmo de pop. Aquí os podedes ver:  http://elfyourself.com?mId=69982398 Por último, Noa, Roi, Xabier e Zaira deséxannos unhas "Felices vacacións!" a través dunha música moi gatuna. Premede no seguinte link para velos:  http://elfyourself.com?mId=699835

FELIZ NOITEBOA!

Imaxe
Ola Pondaliñ@s! Que tal van esas vacacións? Todos sabemos que esta noite é moi especial para vós porque chega alguén ao que esperades todo o ano... E temos unha boa noticia para darvos: PAPÁ NOEL XA VOA POLO CEO NO SEU TRINEO! Mirade, mirade... Pero antes da súa partida, deixou unha mensaxe para tódolos nenos e nenas do mundo. Que será o que nos conta? Xa sabedes, seguide portándovos ben, e antes de ir durmir non vos esquezades de deixar algo doce para el e un pouquiño de auga para os seus renos. Acordádevos tamén de Rudolph, o noso favorito!  Feliz Noiteboa para tódolos Pondaliñ@s e para tódalas vosas familias!

A ANPA DESÉXANOS FELICES FESTAS!

Imaxe
No día de onte, cada un dos Pondaliñ@s levou para a súa casa unha bolsa chea de cousas: os nosos traballos do 1º trimestre, as notas, unha bóla de Nadal con moedas de chocolate no seu interior, un globo e... UNHA FOTO CHULÍSIMA QUE NOS REGALOU A ANPA DO COLE! Á profe gustoulle tanto que xa a ten enmarcada na súa casa! Como tamén ten un pelín de enchufe coa ANPA (Moitas grazas ás mamás de Roi e Noa!), conseguiuna en formato dixital para mostrarlla a todos os que seguen o blog, e tamén para que cada familia lla mostre a aqueles familiares e amigos que teñan lonxe, porque non se poden perder esta preciosidade! FELICES FESTAS!

BO NADAL!

Imaxe
Teo e os Pondaliñ@s deséxanvos unhas felices festas e un próspero ano 2017! Por certo, estade atentos ao blog nestes días de vacacións, pode que alguén deixe algunha mensaxe por aquí... BO NADAL A TOD@S!

NADAL 2016!

Imaxe
O día de hoxe foi o último de curso deste 1º trimestre, e tamén deste ano 2016 que está a piques de rematar! Comezamos a mañá colocando unhas coroas de cores para recibir aos Reis Magos de Oriente cantándolle "Os Magos en camión", esa canción que estivemos ensaiando coa mestra Luisa durante as últimas semanas. Aquí nos podedes ver: Tras isto, xunto aos nenos e nenas de 4 e 5 anos acudimos ao hall, onde os Reis Magos e os seus paxes xa nos esperaban para recoller as nosas cartas e entregarnos un paquetiño de chuches! Nadal 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker Logo, subimos á aula para tomar o rico roscón e os zumes que os Reis nos deixaron para nós! Menuda comilona! Despois duns minutiños no patio, puxémonos guapos para celebrar un Fin de Ano moi especial. Gorros, serpentinas e doce gusanitos que moitos comeron antes de escoitar as campanadas! Mirade como foi: Os Pondaliñ@s tamén lle queremos dar

SAÍDA AO CINE!

Esta mañá, por fin realizamos a nosa primeira excursión! Que ilusión! Foi ao cine a Carballo, para ver a película "Vaiana". Tan pronto como tocou o timbre, subimos á aula, deixamos nela os gorros, as bufandas e os guantes e fixemos pis, non fora ser... Xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos baixamos ao patio, onde fixemos as filas para poder entrar no autobús que nos levaría a Carballo. Moi animados fomos cantando as cancións que aprendemos coa mestra Rocío e coa mestra Luisa. Nada máis chegar, tomamos unhas galletas para que non nos entrase a fame mentras víamos a película. Coas barrigolas cheas, era o momento de entrar ao cine! Alí xa tiñamos os nosos lugares reservados! Quitamos as chaquetas, subimos aos elevadores para ver mellor, acomodámonos nos nosos asentos e gardamos silencio para que a película dese comenzo e así poder coñecer á famosa Vaiana. Aquí vos deixamos unhas fotiños: Saída ao cine: Vaiana. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker Se a a

NOVOS MEMBROS DO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
No día de hoxe estamos de noraboa! Xa facía tempo que poñiamos e abotoabamos os nosos mandilóns, pero iso de sacar as mangas do dereito aínda nos custaba... Durante varios días fixémolo tan ben, que por fin hoxe a profe Rocío nos entregou os nosos carnets que nos acreditan como membros exclusivos do Club do Mandilón! Noraboa Alonso e Hugo!

TEO VOLVE DA CASA DE... ANDREA!

Imaxe
Esta mañá, a nosa compañeira Andrea chegou ben contenta á aula, desexando contar as aventuras vividas coa nosa mascota de cor verde! O venres, nada máis chegar da escola, Teo e Andrea merendaron xuntos e logo encenderon o fogón para pasar a tarde ben quentiños. Coas barrigolas cheas comezaron as presentacións: o seu irmán Hugo, o avó Daniel, a bisavoa María, a veciña Carmen... E outro Teo de cor verde! Non estamos vendo dobre, senón que Andrea ten na súa casa un peluche idéntico ao que levou! O sábado, Andrea foi a encargada de espertar aos dous Teos, que son uns durmilóns e acapararon a súa cama. Despois de comer, a nosa mascota e a nosa compañeira leron o conto de "O monstro de cores" e xogaron cos seus xoguetes, tamén visitaron a árbore de Nadal da avoa Lola e pasearon por Langueirón para intentar que Hugo quedase a durmir. O domingo, Teo axudoulle a Andrea a facer uns quebracabezas, que é un dos pasatempos favoritos da nosa compañeira. Pola tarde, a nosa mascota aco

TEO VIAXA Á CASA DE ANDREA!

Imaxe
Esta é a última visita que Teo fai á casa dun dos Pondaliñ@s neste ano 2016, e a afortunada foi Andrea, que escolleu á nosa mascota de cor verde para pasar uns días con el na súa casa, coa súa familia e cos seus amigos. Que non se preocupen os nenos e nenas que aínda non levaron a Teo, no próximo trimestre estaredes de sorte! Tamén deixamos para o próximo trimestre a Mochila Viaxeira cos contos de Cleo, xa que está nas nosas casas de venres a venres, e como sabedes, o próximo mércores xa marchamos de vacacións!

VISITA DO APALPADOR!

Imaxe
Aínda que hoxe non tocaba subir á biblioteca, fixémolo a primeira hora da mañá. Que estaba acontecendo? Por que tiñamos que visitar a Cleo un venres? Era todo moi raro... Alí nos sentamos xunto aos nenos e nenas de 4 e 5 anos, e tamén xunto aos de 1º e 2º de Educación Primaria. Que facíamos alí? Xusto nese momento alguén petou na porta. Quen sería? Descubrímolo no seguinte vídeo... Si, visitounos o Apalpador! Que ilusión! Ata o próximo Nadal! Boa viaxe ao Courel!

QUERIDOS REIS MAGOS...

Imaxe
Esta tarde, a profe Rocío recibiu unha chamada dos Reis Magos de Oriente... Que emoción! Que será o que querían contarlle?  Tiñan un anuncio moi importante: O PRÓXIMO MÉRCORES VISITARÁN A NOSA ESCOLA! Si si, o día no que se abre o ovo da nosa tartaruga! E como non podía ser doutra maneira, as nosas cartas teñen que estar listas para que ese día llas poidamos entregar ás súas Maxestades. Algúns compañeiros e algunhas compañeiras xa nos comentaron todo o que lle ían pedir, polo que aproveitamos para ter unha conversa moi seria. Somos moitas nenas e moitos nenos aos que traer agasallos, compartir é importante e teñen que chegar para todos. Por este motivo, decidimos que cada un de nós só ía poñer na súa carta un ou dous xoguetes. Xa logo, se na mañá do 6 de xaneiro temos sorte, pode que os Reis Magos nos deixen algún máis baixo a árbore ou xunto aos nosos zapatos. Esta foi a carta que Melchor, Gaspar e Baltasar lle deixaron á mestra, e que completaremos na nosa casa durante esta fin

CONCERTO DE NADAL!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, coñecemos un novo lugar: O Edificio das Escolas! Alí, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, asistimos a un concerto de Nadal ofrecido por "Valentín Caamaño Christmas Trio" . Unha vez acomodados, coñecemos aos seus compoñentes... Xosé Miguélez, saxo tenor: Valentín Caamaño, guitarra e voz: Alfonso Calvo, contrabaixo: Pasámolo moi ben escoitando as panxoliñas que cantaron en clave de swing, jazz e blues.  Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a súa actuación!