Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

CLAUSURA DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO!

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da actuación dos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro. Aquí nos tedes antes do comezo do gran espectáculo: Non botades en falta a ninguén entre o público? Claro que si, pois a nosa compañeira Zaira xa estaba entre bambalinas por ser unha das protagonistas da obra de teatro que estabamos a piques de ver! As nenas e nenos de Ponteceso representaron a adaptación dunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno, a escritora galardoada este ano no Día das Letras Galegas. O conto infantil leva por título " Cataventos " e en clave de humor fálanos da igualdade entre mulleres e homes a partir da historia dun galo fachendoso e arrogante que non atura que unha galiña o supere e sexa máis ca el. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa compañeira Zaira durante a interpretación do seu papel nesta obra de teatro. Ela representaba a unha das poliñas que o galo empregaba como escalón para subir ao alto campan...

FESTICIENCIA 2018!

Imaxe
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal. Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes. Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial! ...

DAMOS INICIO Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Imaxe
O vindeiro xoves 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, e no CEIP Eduardo Pondal quixemos dar inicio no día de hoxe á Semana das Letras Galegas cunha serie de obradoiros que nos achegaron á nosa cultura e, por suposto, á nosa lingua. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu esta mañá na nosa escola! Agardamos que vos guste!

OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA AZUL"

Imaxe
Fai uns días recibimos a invitación da profe Luisa, e no día de onte, unha vez máis, visitamos o Edificio das Escolas para gozar da representación teatral de "A galiña azul", que como ben sabemos, é unha historia ideada por Carlos Casares. Nesta ocasión foi representada polos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria do noso colexio, e entre os actores e as actrices principais atopábase Alejandra, a irmá da nosa compañeira Naia, que interpretaba o papel de Manolito Lestón, o alcalde do pobo. Aquí vos deixamos algunhas fotiños!

OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA AZUL"

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da representación teatral de "A galiña azul", un gran espectáculo que nos ofreceron os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Entre as actrices e os actores atopábanse moitos coñecidos, como Dani, Nerea ou Grecia, da clase de 5 anos, e tamén Sabela, a irmá do noso compañeiro Alonso. Ademais, tres de nós tamén participamos na obra de teatro: Brais Pérez transformouse en Moncho, o porquiño de Lorena, a dona da galiña azul, e Lucía e Zaira foron Pili e Mili, as súas ovelliñas. Estaban moi guapos cos seus sombreiros de animais! Gustounos moito recordar esta historia de Carlos Casares, a mesma coa que estivemos traballando fai unhas semanas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos un vídeo dos momentos finais, onde lle aplaudimos aos nosos compañeiros e compañeiras pola súa fantástica actuación!

CÉ ORQUESTRA PANTASMA!

Imaxe
Esta tarde, na biblioteca da nosa escola, tivemos unha visita moi especial... Foi a de Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo "A xogar, cantar e bailar", actuación proposta desde o Festiletras! Pasámolo estupendamente xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos, e tamén xunto aos nenas e nenos de Educación Infantil do colexio de Corme. Foi un gran día, xa que ademais reencontrámonos co noso antigo compañeiro Daniel! Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das cancións que cantamos e bailamos nesta tarde tan animada:

NOSO O MUNDO É!

Imaxe
Despois dunhas semanas de ensaios e gravacións, o noso lipdub xa está rematado! Aquí está o resultado final, esperamos que vos guste!

CREAMOS A NOSA GALIÑA AZUL!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte coñecemos a Carlos Casares e o seu conto titulado "A galiña azul". Esta tarde comezamos coa construción da nosa propia galiña... Distribuímos as tarefas e comezamos: Roi, Marta, Noa, Naia e Alonso encargáronse de colorear as ás, a crista e as patas. Alejandro, Aroa Vega, Leila, Martina e Nizar encargáronse de picalas. Aroa Penedo, Brais Pérez, Mariña e Hugo pintaron o corpo e a cabeza da nosa galiña. Claudia, Lucía, Izan, Xabi, Brais Martínez e Zaira decoraron os seus ovos. Xabi, Lucía, Andrea, Roi, Naia e Alonso ofrecéronse voluntarios para picalos. Martina e Izan quixeron pegarlle as cinco plumas vermellas na súa á dereita. Isto foi o que fixemos esta tarde! Nestes días continuaremos montando a nosa galiña e moi pronto vos mostraremos o resultado final!

A GALIÑA AZUL!

Imaxe
Esta tarde, na nosa visita semanal á biblioteca, Cleo deixounos unha nova historia, e xunto a ela, unha fotografía... Descubrimos que o seu nome é Carlos Casares (aínda estamos intentando recordar o apelido!), e é o autor do conto que Cleo nos deixou: "A galiña azul". Gustounos moito esta galiña, xa que é de cor azul, con cinco plumas vermellas na á dereita. Ademais, pon ovos de cores: xa leva dous amarelos, un rosa e tres verdes. E non nos podemos esquecer de que non di "Cacaraca", senón que di "Cocoroco". O que non nos gustou tanto é que lle quixeran facer dano por ser diferente ao resto das galiñas... Menos mal que os veciños do seu dono Lorenzo tiveron unha idea fantástica para que ninguén puidese atrapar a esta galiña tan especial! Preguntádelle por ela aos Pondaliñ@s! Nos próximos días seguiremos recordando a historia desta galiña de cor azul, e ademais, teremos que recreala con diferentes materiais, xa que algo relacionado co Día das Letra...