Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta English

SOMOS CLEOPATRAS E TUTANKAMÓNS!

Imaxe
Esta mañá o noso colexio encheuse de mil e unha personaxes de Entroido. Grazas ao mandado do Meco, no día de hoxe os nenos e nenas de Ponteceso disfrazáronse coas súas mellores galas. Na aula de 4 anos atopámonos con estilos moi diferentes. Puidemos ver superheroes e superheroinas; príncipes, fadas e princesas; debuxos animados como Pippi, Tigger, Pitufina ou Gekko e Gatuno; policías e sheriffs atrapando piratas; bruxas e esqueletos dando sustos; e tamén hippies desexándonos paz e amor. Mirádenos ben, algúns estamos irrecoñecibles! Ademais, descubrimos que a nosa profe desaparecera e no seu lugar veu o monstro das galletas! Menos mal que a merenda de hoxe era bocadillo! Aínda que resultou ser un monstro bo e regalounos algunhas galletiñas antes de baixar ao recreo! Canto chiste nos fixo!  Xa pola tarde, descubrimos que tamén había outro monstro das galletas pululando pola nosa escola, pero este falaba inglés, e chegou moi ben acompañado de Claudia e Teresa, dúas ...

XOGANDO COA LINGUA: PANXOLIÑAS DE NADAL!

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para presenciar a actuación de Zaira, Marta, Mario, Martina, Lucía e Noa! Os seis acoden a "Xogando coa lingua", a actividade de inglés promovida pola ANPA da nosa escola. No día de hoxe quixéronnos agasallar cunhas panxoliñas de Nadal xunto ás demais nenas e nenos que con eles acoden a estas clases! E aquí nos tedes aos demais Pondaliñ@s! Por suposto, non nos quixemos perder este momento tan importante para elas e eles! Mirade que ben o fixeron! Ademais, aproveitamos para comentarvos que a semana pasada realizamos as últimas fotografías para o noso catálogo de xoguetes! No día de hoxe démoslle as últimas pinceladas e temos algo que anunciar: O NOSO CATÁLOGO DE XOGUTES ESTÁ A PIQUES DE SAÍR Á LUZ!

GO AWAY BIG BLUE MONSTER!

Imaxe
Esta tarde tivemos unha visita moi especial na nosa aula... Hoxe estivo con nós Sabela, a irmá do noso compañeiro Alonso! Durante os últimos días, nas súas clases de English con Teacher, creou a súa particular versión do conto "Go away big green monster", ideando o seu "My big blue monster". Foi esta a historia que hoxe veu interpretar á aula de 4 anos! Moitas grazas Sabela, encantounos!

SUMAMOS E SEGUIMOS!

Imaxe
Como ben sabedes, despois das rutinas do encargado, normalmente aproveitamos para facer algún xogo grupal na nosa alfombra. Desta vez realizamos un que aínda non coñecíades... Agora volo presentamos! Ao azar, escollemos unha peza de dominó agochada nun saquiño. Contamos os puntiños e colocamos o mesmo número de tapóns. Logo, realizamos a suma correspondente. Aquí tedes o resultado final! SUMAS CON TAPÓNS! Ademais, aproveitamos para comentarvos que os nosos caracois seguen moi ben alimentados grazas a tódalas froitas e verduras que lles trouxo o noso compañeiro Alejandro! Por certo, moi pronto chegará o Samaín, e con el un montón de actividades medorentas, entre elas o corredor do terror de Halloween que sempre preparan as profes de Inglés no último piso da nosa escola. Por isto, con Teacher xa estamos ensaiando iso de "Go away" para espantar tódolos monstros que por alí aparezan!

COÑECEMOS Á PROFE SILVIA E APRENDEMOS MÁIS DOS CARACOIS!

Imaxe
Esta mañá coñecemos a Silvia, a mestra de Audición e Linguaxe que nos visitará tódolos xoves para impartir un Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO). Nada máis comezar a sesión, espertamos a boca a través de diferentes exercicios. Logo, coñecemos a Fifi, unha gatiña moi simpática, e a tódolos seus amigos grazas a un conto moi divertido. Tamén desenvolvemos a nosa conciencia fonolóxica e incidimos no fonema /f/ xogando cos pictogramas. Aínda que o que máis nos gustou foron as adiviñanzas! Temos moitas ganas de que volva de novo! Despois de poñer os mandilóns e facer as rutinas, a nosa encargada de onte tróuxolle un montón de comida aos nosos caracois. Pero antes de nada, limpamos o caracolario, mollamos a terra, porque aos caracois gústanlle os espazos húmidos, e observamos o estado dos alimentos que onte deixou Alonso. Descubrimos que aos caracois lle gustan moito as cenouras, raspáronas todas coa súa rádula, pero os pementos non tiñan un só buraquiño. Será que non...

BUTTERFLIES NA AULA DE 3 ANOS!

Imaxe
Despois de varias semanas esperando e esperando... Os nosos cocoons están baleiros e por fin temos butterflies na nosa clase! Que alegría nos levamos esta mañá cando entramos e vimos esta sorpresa! E agora, que ocorrerá?

DESAPARECERON DÚAS CATERPILLARS?

Imaxe
Esta mañá, tan pronto como chegamos á aula, atopámonos cunha sorpresa ben grande! Dúas das nosas caterpillars xa formaron o seu cocoon ! Será que moi pronto teremos tamén unhas fermosas butterflies ?

COIDAMOS DAS CATERPILLARS!

Esta mañá, despois do recreo, recibimos novamente a visita de Teacher, que nos veu explicar como coidar as nosas caterpillars... O primeiro que fixemos foi visitar o xardín da nosa escola, onde atopamos unha moreira, e alí estivemos collendo algunhas follas, xa que as follas de moreira son as favoritas das eirugas. Logo, a nosa encargada Lucía foi quen quitou da súa caixa as eirugas e tamén as follas vellas. Máis tarde, Teacher axudoulle a vaciar as cacas da súa vivenda e, de novo, a nosa compañeira foi a encargada de deixarlle lista a súa casiña ás nosas caterpillars. Prometemos seguir coidándoas ata que se convertan nunhas fermosas bolboretas! Coidamos das caterpillars! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

OH, SURPRISE!

Imaxe
Esta tarde, Teacher petou na nosa porta porque... TIÑA UNHA SORPRESA PARA NÓS! Que será, que será? Pois... Cinco fantásticas caterpillars, ás que debemos coidar para que medren e se poñan gordochas como a eiruga da nosa historia. Será que moi pronto teremos cinco fermosas bolboretas na nosa aula? Quen sabe... Seguiremos informando! THANK YOU VERY MUCH, TEACHER! E para que non vos esquezades desta historia, aquí vola deixamos novamente...

PLANTAMOS XIRASOLES!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, chegou o momento máis esperado da xornada: A HORA DE PLANTAR! A mestra cumpriu co prometido, e trouxo todo o que precisabamos para este labor: macetas transparentes (moi útiles para ver que ocorre cos granciños conforme van medrando), terra, auga,  utensilios de xardinaría, e o máis importante, unhas sementes que nos regalaron uns amigos moi especiais da profe Rocío. Moitas grazas Revoltiñ@s ! Pasámolo moi ben plantando, e todo ía moi ben ata que vimos aquelas sementes... Moitos dixemos que non eran granciños coma os do Señor Luís, senón que eran pipas de comer! Estas non eran exactamente pipas comestibles, pero descubrimos que as pipas que comemos nas nosas casas veñen dunha planta que se chama... XIRASOL! Durante estes días investigaremos máis sobre eles... Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá: PLANTAMOS XIRASOLES! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker Ademais, aproveitamos para comentarvos que o noso ovo misterio...

MONKEY AND ME!

Imaxe
Por fin chegou o gran día! O día máis esperado! Esta mañá subimos ao escenario da biblioteca, e como grandes actrices e grandes actores, puxémonos no papel de narradores, pingüíns, canguros, morcegos, elefantes e monos!  Aquí vos deixamos a versión dos Pondaliñ@s do conto "Monkey and me". Moitas grazas Teacher por facer unhas clases de English tan divertidas!

ÚLTIMO ENSAIO!

Imaxe
Despois dunhas semanas ensaiando con Teacher, e cos nosos micrófonos e as nosas caretas a punto, chegou o ensaio final da representación que mañá faremos do conto "Monkey and me"! Esta tarde, a nosa sesión de biblioteca foi un tanto especial. Desta vez non contamos ningunha historia... Hoxe tocaba dramatizala! Aquí vos deixamos as fotos deste último ensaio, e proximamente compartiremos con vós o resultado final!

CONTACONTOS: "Not a box!"

Imaxe
Esta mañá, os Pondaliñ@s subimos á biblioteca para asistir a un novo contacontos que preparou Teacher cos seus alumnos e alumnas maiores. Nesta ocasión, os protagonistas eran os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria, que interpretaron o conto "Not a box!". Algunhas caras facíansenos coñecidas, xa que sobre o escenario puidemos ver a Sabela e a Inés, as irmás de Alonso e Aroa Vega, e tamén a Brais, o irmán da nosa compañeira Mariña. Aquí podedes ver o ben que o fixeron: E se algún Pondaliñ@ quere recordar a historia na súa casa, deixámosvos a versión en inglés e outra en castelán. Ademais, moitos de nós xa lemos a versión en galego, xa que este conto é un dos que Cleo nos deixa tódolos martes!

CONTACONTOS: "No, David!"

Imaxe
Esta mañá, na hora de ler, subimos á biblioteca da nosa escola, onde as nosas compañeiras Antía e Nerea xa nos esperaban para contarnos a historia de David, un neno un pouquiño falcatrueiro... Mirade que ben o fixeron! Aquí vos deixamos a súa historia, por se algún neno ou algunha nena quere recordala nas súas casas!

COÑECEMOS Á TEACHER MARTA!

Imaxe
Despois duns días en pequenos grupos, esta mañá xa nos reunimos todos os Pondaliñ@s na aula de 3 anos! A algún de nós aínda lle custou un pouquiño entrar na aula, pero alí nos esperaba alguén para alegrarnos e calmar os nosos choros... Era a profe Marta, pero todos sabemos que lle temos que chamar Teacher, e que con ela aprenderemos moito English! Verémola tódolos mércores!