Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Outono

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...

ASTRONAUTAS INGRÁVIDOS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Ademais do aniversario do noso compañeiro Mario, hoxe foi un día movidiño na aula de 5 anos... Comezamos a mañá preparando algunhas manualidades relacionadas cunha celebración terrorífica que xa está a piques de comezar: O SAMAÍN! Aproveitando algunhas das follas que trouxemos das nosas casas, cubrímolas todas cunha capa de pintura branca que farán que se transformen nunhas personaxes terroríficas típicas desta época do ano... Si, si, si! Estamos creando uns fantasmas moi medorentos que mañá remataremos e colgaremos das teas de araña que xa inundan o noso corredor! Polo momento só vos podemos mostrar o proceso, mañá ensinarémosvos o resultado final: Así mesmo, mentres nós pintabamos estas follas, a mestra chamounos para estampar a nosa pegada de cor verde nunhas cartolinas moi escuras... Que estaremos tramando? En que se transformará a nosa man? Nós xa o sabemos, moi pronto vós tamén o poderedes descubrir! Aquí vos deixamos ao 'supercumpleañero' de hoxe durante ...

MANDALAS DE OUTONO!

Imaxe
O noso corredor pouquiño a pouco vai collendo forma e cada día que pasa está máis cheo de cousas... Comezamos polas fiestras, decorando un montón de follas de Outono que xa colocamos arredor de todas elas. No seu interior, os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil e 1º de Primaria botaron a voar a súa imaxinación e con follas naturais os de 3 anos encheron uns paraugas que eles mesmos decoraron, os de 4 unhas carretillas que lles quedaron ben fermosas e os de 1º transformaron as súas follas en divertidos animais propios desta estación do ano.  Como non podía ser doutra maneira, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén colaboramos nesta actividade, e coas follas que trouxemos das nosas casas, por equipos creamos os nosos mandalas de Outono. Na pantalla da aula proxectamos diferentes exemplos para inspirarnos, insistimos moito na simetría, e tamén na importancia do sentido estético, pois tíñannos que quedar uns mandalas preciosos para alegrar o noso corredor. Coa axuda da profe, por pa...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE MARIO!

Imaxe
No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Esta tarde seguimos cos "Contos por bicos" na nosa biblioteca, e sabedes quen estivo con nós? Ana, a mamá do noso compañeiro Mario! Contounos dous contos: " A que sabe a lúa? " e " Veo, veo... ¿A quién ves? ". E os dous nos encantaron! Ao remate de cada un botamos un montón de foguetes, e o noso compañeiro contounos que tiña unha sorpresa para nós... Mario agasallounos cuns marcapáxinas creados por el mesmo con forma de lúa! Encantáronnos! Moitas grazas amigo! Por suposto, nos regalámoslle un montón de bicos tanto a Mario como á súa mamá! E aquí nos tedes con eles e co seu fantástico marcapáxinas! Volve cando queiras Ana, estás máis que invitada! Ademais, aproveitamos para comentarvos todo o que fixemos no día de hoxe... Recordades os cadros que decoramos o xoves pasado usando cadolos como pinceis e inspirándonos na estación do ano na que nos atopamos? Pois esta mañá, despois das rut...

MAGOSTO 2017!

Imaxe
Este venres celebramos o Magosto na nosa escola! A chuvia truncou un pouquiño os nosos plans e tivemos que realizar algún cambio nas nosas actividades, pero de tódolos xeitos pasámolo estupendamente ben! Comezamos a mañá acudindo á aula de cine, onde vimos un cachiño da película " Monstruos, S.A. " acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, así como dunhas ricas palomitas! Seguidamente, baixamos aos dous patios do noso colexio, onde nos distribuímos en seis grupos mixtos para realizar diferentes xogos populares que prepararon os profes Xalo e Carlos: mariola, comecastañas, zancos, bolos, aros e carreiras de culleres. Aquí podedes ver un pequeno resumo: Magosto 2017! Despois de tanta diversión, tocaba estrear os portacastañas e repoñer o bandullo cunhas ricas castañas e uns saborosos zumes! E despois dun pequeno recreo, para rematar esta xornada festiva, tocou tirar da corda e cantar todos xuntos o "Non chas quero"...

PINTAMOS CON CADOLOS!

Imaxe
Hoxe comezamos a mañá coa profe Silvia, traballando o soplo con pompeiros e velas no patio. Para poder atendernos mellor, sempre dividimos a clase en dous grupos para realizar os diferentes exercicios. Hoxe baixaron coa mestra o equipo azul e o equipo vermello, e a próxima semana farano o verde e o amarelo, aínda que todos xuntos fixemos a ximnasia da boca, xa que así empezamos a sesión de PELO tódolos xoves. Os que permaneceron coa profe Rocío na clase pintaron e picaron a castaña que xa colocamos nos nosos portacastañas. Cando os outros compañeiros volveron, foron estes os que a decoraron. Mentres, os membros do equipo verde e do equipo amarelo visitaron o recanto dos números e o das letras. E sabedes que? Cada día somos máis autónomos e organizámonos mellor neles e a mestra está súper contenta coa nosa evolución! Mariña e Lucía decidiron xogar ao memory, e Andrea e Alejandro ao dominó. Por outra banda, o equipo amarelo decidiu axenciarse dalgunhas pizarras e escribir o nome de tód...

QUE FIXEMOS CO MILLO QUE DEBULLAMOS?

Imaxe
Como ben sabedes, o pasado venres debullamos millo, e esta mañá seguimos mellorando a nosa motricidade fina cunha nova actividade que formará parte do noso "Libro dos caracois". Gran a gran formamos as pegadas destes animaliños. Aínda non rematamos, é un traballo moi laborioso, pero xa continuaremos mañá... Pouco a pouco! E falando de caracois, esta mañá moi emocionados descubrimos os ovos que puxeron os nosos novos compañeiros de aula! Iso si, como comprobamos nun vídeo e nun libro de información, os caracois precisan de moita terra para poder meter os ovos nun buraquiño e logo tapalos, senón, non nacerán. Como nun par de semanas queremos contar con novos caracois no noso caracolario, botamos máis terra, para que se poidan cubrir! Ademais, descubrimos tamén que os grelos, o aloe vera, os puerros, as coles de bruselas e as uvas chinas son do agrado dos nosos caracois. O que non lle debe de gustar son as xudías e o perexil, xa que non rasparon nada deles coa sú...