Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

RAÍÑAS E FARAÓNS NA AULA DE MÚSICA!

Imaxe
Luisa, a profe de Música, tamén está moi involucrada no noso proxecto sobre o Antigo Exipto, e con ela cantamos a bailamos a canción de "Kamón el faraón". Encántanos e non deixamos de tarareala durante todo o día! Mirade que ben o fixemos no vídeo que nos gravou durante a clase de onte.

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Leila, Noa, Alejandro, Alonso e Marta fixéronse maiores e xa teñen 5 anos! Aquí os tedes coas súas coroas e as súas chapas conmemorativas no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas compañeiras e os nosos compañeiros sopraban a súa vela de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con elas e eles tamén quixeron compartir este momento Vanessa e Gonzalo, a mamá e o papá de Marta; Cristina e Héctor, a mamá e o irmán de Alejandro; Mª Luz e Sabela; a mamá e a irmá de Alonso; Suso e Olga, o papá e a mamá de Noa; e Sandra, a mamá de Leila. Moitos parabéns e a cumprir moit

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A IRMÁ DE CLAUDIA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Ainoa, a irmá maior da nosa compañeira Claudia! Con ela coñecemos o conto " Unha familia normal " e aos seus protagonistas: papá crocodilo, mamá xirafa e os seus dous fillos, unha pequena xirafa de cor verde e un pequeno crocodilo a manchas. Os catro forman unha familia normal e felices e contentos viven na súa casa-piscina. Como calquera familia, encántalles almorzar todos xuntos, pero desta vez un tapón fixo deste almorzo unha divertidísima aventura! Canto nos rimos! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou esta historia. Por suposto, como agradecemento á irmá de Claudia enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Ainoa, volve cando queiras! E falando da biblioteca, Cleo propúxonos crear uns marca-libros para que cando a visitemos, saibamos d

REMATAMOS O RETO DAS RAÍÑAS E FARAÓNS!

Imaxe
A principios desta semana recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, quen nos deixou unha carta na que se nos pedía aprender máis sobre as raíñas e os faraóns. Así pois, esta semana puxémonos mans á obra! Consultamos libros, buscamos información no ordenador e vimos diferentes vídeos para descubrir novas cousas sobre os que reinaban nesta antiga civilización: coñecemos novos estamentos sociais, aínda que nós os entendemos como novas profesións exipcias; falamos dos tres grandes faraóns que mandaron construír as pirámides de Guiza; descubrimos por que a Tutankamón o coñecían como o neno faraón; coñecemos a Hatshepsut, a primeira raíña de Exipto, que se vestía como se fose un faraón; aprendemos máis sobre a vestimenta dos monarcas exipcios; decatámonos da súa particular maneira de poñer o perfume; e moito máis! Todo isto plasmámolo de maneira escrita en catro traballiños que formarán parte do noso "Libro de Exipto"! Os de Xabi, o noso encargado de hoxe, deixámolos na caixa d

VISITAMOS A PANADERÍA!

Imaxe
O de hoxe foi un día diferente... Sabedes por que? Pois porque esta mañá botamos un pé fóra do colexio e camiñamos ata a Panadería "Forniños", situada a escasos metros da nosa escola, para coñecer de primeira man o proceso de elaboración do pan. Despois do recreo preparámonos e todos xuntos emprendemos camiño! Como nos fornos da panadería non collíamos tódolos Pondaliñ@s de Educación Infantil, dividímonos en dous grupos. Así pois, mentres esperábamos a que saísen os nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, aproveitamos para sacar unhas fotos no Campo da Feira cos nosos profes! Xa na panadería recibíronnos Maite e Teresa, que nos explicaron o proceso que desenvolven cada día moi pretiño do noso colexio: coñecemos os ingredientes básicos para elaborar o pan (auga, fariña, sal e levadura); xuntámolos todos nun gran recipiente, onde unha máquina os mesturou para crear a masa; as panadeiras explicáronnos como amasar para crear diferentes tipos de pan (bolos, mo

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE XABI!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Sandra, a mamá do noso compañeiro Xabi! Coa axuda do noso amigo, que xa sabía as historias de memoria, Sandra contounos dous contos! O primeiro deles titulábase " Carabuñas " e cóntanos a historia dun monstro que se dedica a cazar nenos e nenas para a súa despensa, ata que se atopa con Branca, unha rapariga que evita ser atrapada por Carabuñas grazas á súa intelixencia e astucia, comezando con el unha entrañable amizade que se inicia cando a nena lle corta as unllas a este monstro que resultou non ser tan fero como parecía. Gustounos tanto esta historia que, de novo na clase, buscando e buscando descubrimos que o alumnado doutro colexio lle creara unha canción ! Seguidamente, escoitamos o conto de " A bruxa regañadentes ", a historia de tres irmáns que se adentran nun bosque escuro e misterioso, tres nenos que deciden

MÁIS DO ENTROIDO!

Imaxe
Fai unha semana que celebramos o Entroido na nosa escola, e grazas a Rosario, mamá do noso compañeiro Roi e membro da ANPA  do noso colexio, temos novos vídeos e novas fotografías deste día tan especial para nós. Moi pronto as poderedes ver todas na web do noso centro. Polo momento, aquí vos deixamos todas nas que aparecemos os Pondaliñ@s de 4 anos: E falando de Exipto, novas aportacións chegaron á nosa aula desde as nosas casas: Brais presentounos o gran libro de "Buscando a Wally", onde esta personaxe se agocha nas ilustracións protagonizadas por diferentes civilizacións. Aquí o tedes no Antigo Exipto! Ademais, grazas a este libro, descubrimos que ademais dos exipcios, os maias, os aztecas e os incas tamén construían pirámides! E a próxima semana veremos algunhas fotografías que a profe sacou en Chichén Itzá (México) da Pirámide de Kukulcán! Grazas compañeiro! Zaira ensinounos a gran pirámide de Keops que construíu coa axuda do seu papá. Increíble! Grazas compa

FEIRA CIENTÍFICA!

Imaxe
A mañá de hoxe foi moi diferente no CEIP Eduardo Pondal! O noso colexio acolleu unha feira científica na que todo o alumnado se acercou a esta disciplina a través da participación en diferentes obradoiros: fabricación de xabón; creación de esferificacións e xelatina; experimentación con xeo seco e pegadas dactilares; descubrimento das plantas-pedra e traballo con cactus; manipulación de vermes de terra e mar; e observación a través de microscopio. Esta actividade foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a Fundación Eduardo Pondal e a Universidade de A Coruña, impulsada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC e levada a cabo por varios alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias. Con esta visita preténdese comezar a desenvolver nas nenas e nos nenos o interese pola ciencia, sabendo ademais que se algún ou algunha se inclina cara esta disciplina, as "Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal" da Aldea do Couto están esperando por nós!

ENTROIDO 2018!

Imaxe
No día de hoxe chegamos ben contentos e contentas á nosa escola... Sabedes por que? Pois porque por fin chegou unha das datas máis esperadas para tódolos Pondaliñ@s: o Entroido xa está aquí, e como non podía ser doutra maneira, nós celebrámolo por todo o alto como raíñas e faraóns exipcios! Despois de varias semanas de traballo, por fin puidemos lucir as nosas vestimentas exipcias. Que vos parecen? Nós pensamos que estabamos fantásticos! Ademais, queremos aproveitar para darlle as grazas á profe Silvia por axudarnos tanto no día de hoxe! Axudounos a vestirnos, acompañounos e estivo pendente de nós no pavillón, repartiunos doces de Entroido, botounos unha man no baño... Moitísimas grazas! Despois de prepararnos na aula, por mor do mal tempo non puidemos realizar o tradicional pasarrúas polo pobo. Tivemos que cambialo por un desfile no pavillón... Aquí nos tedes xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos! Xa para rematar a xornada, despois de rea

SOMOS CLEOPATRAS E TUTANKAMÓNS!

Imaxe
Esta mañá o noso colexio encheuse de mil e unha personaxes de Entroido. Grazas ao mandado do Meco, no día de hoxe os nenos e nenas de Ponteceso disfrazáronse coas súas mellores galas. Na aula de 4 anos atopámonos con estilos moi diferentes. Puidemos ver superheroes e superheroinas; príncipes, fadas e princesas; debuxos animados como Pippi, Tigger, Pitufina ou Gekko e Gatuno; policías e sheriffs atrapando piratas; bruxas e esqueletos dando sustos; e tamén hippies desexándonos paz e amor. Mirádenos ben, algúns estamos irrecoñecibles! Ademais, descubrimos que a nosa profe desaparecera e no seu lugar veu o monstro das galletas! Menos mal que a merenda de hoxe era bocadillo! Aínda que resultou ser un monstro bo e regalounos algunhas galletiñas antes de baixar ao recreo! Canto chiste nos fixo!  Xa pola tarde, descubrimos que tamén había outro monstro das galletas pululando pola nosa escola, pero este falaba inglés, e chegou moi ben acompañado de Claudia e Teresa, dúas nena

MÁSCARAS AFRICANAS!

Imaxe
O mandando de hoxe do Meco consistía en traer a chaqueta do revés, pero como só iamos estar coa chaqueta nos recreos, decidimos darlle a volta aos nosos mandilóns. E así estivemos todo o día!  Ademais, como ben vos anunciamos onte, esta mañá por fin rematamos as nosas máscaras africanas: puxemos un montón de gomets e a profe deixounos o seu rotulador súper especial de cor dorada. Canto nos gustou facelas! E este é o resultado final, aquí están as nosas máscaras xa terminadas. Gustáronvos? Agardamos que si! Ademais, seguimos aprendendo de Exipto grazas ás aportacións de Noa, Roi e Alonso. Moitas grazas compañeiros! Noa tróuxonos a un faraón e a un escarabello exipcios creados con hama-beads! Chulísimos! Roi compartiu con nós unha noticia xenial: descubriron en Exipto unha tumba que contén varios sarcófagos e momias e máis de 1500 amuletos! Alonso ensinounos este espectacular mural con información sobre a bandeira de Exipto, o río Nilo, os