Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE MARIÑA!

Esta tarde, na nosa aula recibimos a última das visitas especiais coas que estamos contando nestes días. No día de hoxe estiveron con nós Reme e Alfonso, a mamá e o papá da nosa compañeira Mariña! Alfonso é reloxeiro, e como non podía ser doutra maneira, ensinounos un montón de reloxos: de parede, de pulseira, con péndulo, de cuco, de bolsillo, espertadores antigos... Sen dúbida, o noso favorito foi o de cuco e xa pedimos un para a nosa aula! O papá de Mariña tamén nos ensinou o mecanismo interno dun destes reloxos, e algúns dos instrumentos que usa para arranxalos na súa reloxería. Reme é técnica deportiva, e como ben sabemos, traballa no Concello de Ponteceso intentando que nenos e maiores fagamos deporte. Ela veu cargada cunha bolsa, e do seu interior saíron moitas pelotas que usamos en diferentes deportes: fútbol, baloncesto, voleibol, tenis, ping-pong, bádminton, ximnasia rítmica, xogos predeportivos... Ademais, ensinounos algunhas fotos das actividades municipais das que form

XOGAMOS AO DOMINÓ!

Como ben sabedes, despois das rutinas de entrada sempre realizamos algún que outro xogo. Hoxe mostrámosvos un moi divertido: o dominó dos números! DOMINÓ! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA AZUL"

Imaxe
Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da representación teatral de "A galiña azul", un gran espectáculo que nos ofreceron os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Entre as actrices e os actores atopábanse moitos coñecidos, como Dani, Nerea ou Grecia, da clase de 5 anos, e tamén Sabela, a irmá do noso compañeiro Alonso. Ademais, tres de nós tamén participamos na obra de teatro: Brais Pérez transformouse en Moncho, o porquiño de Lorena, a dona da galiña azul, e Lucía e Zaira foron Pili e Mili, as súas ovelliñas. Estaban moi guapos cos seus sombreiros de animais! Gustounos moito recordar esta historia de Carlos Casares, a mesma coa que estivemos traballando fai unhas semanas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos un vídeo dos momentos finais, onde lle aplaudimos aos nosos compañeiros e compañeiras pola súa fantástica actuación!

TALLER DE PROFESIÓNS: O PAPÁ DE AROA!

Esta tarde recibimos outra desas visitas especiais que tanto nos gustan... Nesta ocasión coñecemos a Luis, o papá da nosa compañeira Aroa Penedo. El forma parte do GES, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais, e a  súa función é atender as emerxencias que xorden nos concellos de Ponteceso, Cabana, Laxe, Malpica e Coristanco. Para notificalas, é preciso chamar a un número de teléfono que xa recordamos: 112. Entre as emerxencias que atende atopámonos cos incendios, coas inundacións ou cos accidentes de tráfico. Esta tarde aprendemos que no caso de presenciar un incendio, debemos escapar rapidamente das chamas, e se xa todo está cheo de fume, debemos facelo a gatas para non respiralo, buscando a porta máis cercana. No caso das inundacións, eles encárganse de facer desaparecer a auga, e tamén nos axudan a saír das nosas casas se esta está moi alta. Así mesmo, excarcérannos do noso coche no caso de sufrir un accidente. Para desenvolver o seu traballo necesita unha vestimenta segura que o

GRAZAS.

Estimadas familias: Síntoo. Sinto moito que no día de onte, unha vez máis, se lle negase aos vosos fillos e fillas a posibilidade de ter unha educación integral e de maior calidade. Síntoo de verdade. Despois da decisión tomada, como mestra só queda darvos as grazas. Grazas, moitas grazas a todos os que lle dixestes si á xornada continua. Grazas, moitas grazas por apoiar unha xornada na que non se producen interrupcións horarias que prexudican a atención do alumnado e que, sen ningunha dúbida, favorece que o rendemento intelectual das nenas e dos nenos sexa maior. Non hai mellor experto que o que pasa cinco horas con eles e elas nunha aula, e a miña está aberta para quen o queira comprobar. Grazas, moitas grazas por pensar no seu futuro, por intentar que nos próximos anos teñan un maior tempo de lecer que permita combinar os tempos de estudo coas súas actividades extraescolares e o ocio en familia, sen renunciar a ningunha destas opcións. Grazas, moitas grazas

MOCHILA VIAXEIRA: CLAUDIA!

Imaxe
Esta semana a nosa mochila viaxeira montouse no autobús das xirafas e xa se atopa na casa da nosa compañeira Claudia! Agora toca divertirse con tódalas historias que aí se agochan!

DÍA DA FAMILIA!

Imaxe
O pasado 15 de maio celebrouse o Día da Familia! Durante estes días coñecemos os distintos tipos de familias que existen na nosa sociedade, e chegamos a unha conclusión: o máis importante da familia é o amor! Como todos os Pondaliñ@s queremos moito ás nosas familias, decidimos agasallarvos cun cadro que nós mesmo creamos, e onde vos enviamos moitos biquiños de amor. Sentimos a tardanza, pero nas últimas semanas tivemos tantas baixas por enfermidade que non puidemos rematalos antes. Esperamos que vos gusten!

TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE XABI!

Na mañá de onte recibimos outra das nosas visitas especiais... Nesta ocasión coñecemos aos papás do noso compañeiro Xabi, que viñeron dende a súa tenda téxtil a explicarnos en que consiste a súa profesión! Despois de coñecer onde se atopa a súa tenda e o que fan nela, chegou o momento de ensinarnos todo o que traían nas súas grandes bolsas... Con Sandra aprendemos a coser un botón, coñecemos para que se usa a cinta métrica, descubrimos un catálogo téxtil, vimos como se usa unha máquina de costura... Sergio mostrounos as ferramentas que utiliza para colocar as cortinas que cose a mamá de Xabi e ensinounos a colgar unha! Usou un desparafusador, un nivel, un martelo... Ademais, descubrimos que hai moitos tipos de teas e escollemos a nosa favorita! Xa para rematar, Sandra ensinounos a coser un estoxo de tea, e agasallounos con un para cada un de nós! Menuda sorpresa! Nós tamén tiñamos un regalo para eles, e foi Xabi quen lles entregou aos seus papás o diploma no que lle damos as grazas

CONVIVENCIA EN VALARÉS!

No día de hoxe celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés!  Cando cheguemos a 3º de Educación Primaria poderemos ir camiñando desde o colexio, pero polo momento toca montarnos en autobús! Nada máis chegar untámonos de crema protectora e xogamos cos nosos compañeiros e compañeiras no piñeiral, lugar no que tamén comemos os nosos bocatas e as nosas froitas. Logo, baixamos ao areal e alí estivemos xogando con tódolos cachivaches que usamos no noso areeiro. A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido neste día de praia: VALARÉS 2017! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE IRIA!

Imaxe
Esta mañá recibimos outra desas visitas especiais coas que estamos contando nestes últimos días... Desta vez coñecemos ao papá e á mamá da nosa compañeira Iria, que viñeron desde o instituto para explicarnos en que consiste a súa profesión: alí os dous son profesores de Lingua e Literatura Castelá! Despois de recordarnos onde se atopa o instituto de Ponteceso, Eva e Jorge mostráronnos o seu interior. Coñecemos as aulas dos seus alumnos, descubrimos que as mesas e as cadeiras son moito máis grandes e tamén que teñen un encerado moi parecido ao noso, pero o que non teñen son tantos xoguetes coma nós, nin tampouco os nosos recunchos. Tamén vimos como era a súa biblioteca: ten moitos libros, xogos, películas, ordenadores, un sofá... E aínda que ao seu instituto acoden nenos e nenas moito máis maiores, alí tamén celebran festividades coma o Samaín ou o Nadal. Os papás de Iria tamén nos ensinaron como eran os libros que usaban para ensinar a súa asignatura, pero como nós aínda non sabemo

DESAPARECERON DÚAS CATERPILLARS?

Imaxe
Esta mañá, tan pronto como chegamos á aula, atopámonos cunha sorpresa ben grande! Dúas das nosas caterpillars xa formaron o seu cocoon ! Será que moi pronto teremos tamén unhas fermosas butterflies ?

TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE NOA!

Na tarde de hoxe recibimos outra destas visitas especiais que tanto nos gustan... Nesta ocasión visitáronnos o papá e a mamá da nosa compañeira Noa, que viñeron directamente da súa imprenta para explicarnos en que consiste o seu oficio. Comezamos a sesión observando unha presentación que nos proxectaron na nosa pantalla, onde puidemos ver o lugar no que traballaban (unha imprenta en Ponteceso, moi pretiño do noso colexio) e tamén os materiais e a maquinaria que empregaban (papel, pegatinas, vinilos, ordenadores, impresoras, fotocopiadoras, ploters, guillotinas...). Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi comprobar todo o que facían: tarxetas, postais, sobres, carteis, camisetas, cuños, revistas... E por alí apareceron a furgoneta do papá de Lucas, un camión coma o do papá de Alejandro, a asesoría dos papás de Alonso ou a xoiería do papá de Mariña! Isto e moito máis rotularon os papás de Noa! E despois destas explicacións, tocaba poñerse mans á obra! Xunto a Olga e Suso, o primei

TALLER DE PROFESIÓNS: A MAMÁ DE ROI!

Esta semana comezámola con outra destas visitas especiais que tanto nos gustan... Desta vez recibimos á mamá do noso compañeiro Roi, que chegou disposta a contarnos en que consiste a súa profesión: é ama de casa! Despois das presentacións, Rosario recordou algún dos oficios que desempeñou no pasado, pero sen dúbida, o que máis lle gusta é este. Xunto a ela revivimos como é un día como ama de casa, e démonos conta de todo o que traballa ao longo do día: espertar a Leo e Roi; preparar o almorzo e preparalos a eles para vir ao cole; levalos á parada do autobús; limpar e ordenar a casa; lavar, colgar e planchar a roupa; ir de compras ao supermercado; preparar a comida; encargarse do coidado do invernadoiro e dos animais; recoller a Leo e Roi á volta do colexio, prepararlles a merenda e levalos ás actividades; axudarlles cos deberes e xogar con eles; botarlle unha man coa ducha; preparar a cea; botalos a durmir e ler un conto; coidalos cando están enfermos... E moitísimas moitísimas cousa

MOCHILA VIAXEIRA: MARIÑA!

Imaxe
A nosa Mochila Viaxeira emprendeu unha nova viaxe e xa se atopa na casa da nosa compañeira Mariña, coa que pasará a próxima semana! A divertirse con tódalas historias que aí se agochan!

TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE MARTINA!

Esta tarde contamos na nosa aula cunha visita moi especial! Hoxe recibimos á mamá e ao papá da nosa compañeira Martina, que viñeron contarnos en que consiste a súa profesión... Sandra, a súa mamá, é cociñeira nun colexio da zona e faille a comida tódolos días a nenos e nenas coma nós. Chegou cargada cuns maletíns cheos de utensilios de cociña: coitelos, batedores, roletes, espátulas, pinceis, peladores, moldes... e explicounos para que os usaba. Tamén descubrimos o que tivo que estudar para ser cociñeira, en que consistía a súa vestimenta de traballo, os pratos que cociñaba no comedor... Logo, chegou o momento que máis nos gustou: encher as nosas barrigolas! Primeiramente, probamos unhas trufas de chocolate que decoramos con algúns toppings (ata nos dou a receita!), e de seguido, aprendemos a usar os moldes para degustar unha saborosa xelatina de cores. Iso si, aínda que hoxe tocaron pratos doces, a mamá de Martina recordounos que debiamos comer de todo e intentar probar aquilo que n

CÉ ORQUESTRA PANTASMA!

Imaxe
Esta tarde, na biblioteca da nosa escola, tivemos unha visita moi especial... Foi a de Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo "A xogar, cantar e bailar", actuación proposta desde o Festiletras! Pasámolo estupendamente xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos, e tamén xunto aos nenas e nenos de Educación Infantil do colexio de Corme. Foi un gran día, xa que ademais reencontrámonos co noso antigo compañeiro Daniel! Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das cancións que cantamos e bailamos nesta tarde tan animada:

NOSO O MUNDO É!

Imaxe
Despois dunhas semanas de ensaios e gravacións, o noso lipdub xa está rematado! Aquí está o resultado final, esperamos que vos guste!

P DE PONDAL!

Imaxe
Esta tarde coñecemos a canción que bailaremos no "P de Pondal", o festival que celebraremos a final de curso! Tamén descubrimos quen sería a nosa parella neste baile e ensaiamos os primeiros pasos... (E que ben nos saíron!)  Aquí vola deixamos para escoitala cantas veces queirades! Proximamente informarémosvos do vestiario que precisamos para este día, non sabedes aínda o guap@s que van estar estes Pondaliñ@s!

MOCHILA VIAXEIRA: LUCÍA!

Imaxe
Esta semana a nosa Mochila Viaxeira montouse no autobús das vacas e xa se atopa na casa da nosa compañeira Lucía, coa que pasará esta próxima semana. Agora o que toca é divertirse con tódalas historias que aí se agochan!

ANIVERSARIOS DE MAIO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos o aniversarios das nenas e do neno que cumpren anos a principios do mes de maio! Aquí tedes a Aroa, Brais e Naia co noso marco dos aniversarios, coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa: Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á nosa celebración! Xa nas nosas mesas, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban a vela co número 4 nunha tarta da Patrulla Canina! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar unha foto cuns invitados moi especiais... A mamá e o papá de Aroa, a mamá de Brais e a súa irmá Olalla e a mamá de Naia e a súa irmá Alejandra tamén se uniron á nosa festa! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

COIDAMOS DAS CATERPILLARS!

Esta mañá, despois do recreo, recibimos novamente a visita de Teacher, que nos veu explicar como coidar as nosas caterpillars... O primeiro que fixemos foi visitar o xardín da nosa escola, onde atopamos unha moreira, e alí estivemos collendo algunhas follas, xa que as follas de moreira son as favoritas das eirugas. Logo, a nosa encargada Lucía foi quen quitou da súa caixa as eirugas e tamén as follas vellas. Máis tarde, Teacher axudoulle a vaciar as cacas da súa vivenda e, de novo, a nosa compañeira foi a encargada de deixarlle lista a súa casiña ás nosas caterpillars. Prometemos seguir coidándoas ata que se convertan nunhas fermosas bolboretas! Coidamos das caterpillars! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

OH, SURPRISE!

Imaxe
Esta tarde, Teacher petou na nosa porta porque... TIÑA UNHA SORPRESA PARA NÓS! Que será, que será? Pois... Cinco fantásticas caterpillars, ás que debemos coidar para que medren e se poñan gordochas como a eiruga da nosa historia. Será que moi pronto teremos cinco fermosas bolboretas na nosa aula? Quen sabe... Seguiremos informando! THANK YOU VERY MUCH, TEACHER! E para que non vos esquezades desta historia, aquí vola deixamos novamente...

FELIZ DÍA DA NAI!

Imaxe
Hoxe é o primeiro domingo do mes de maio, e coma tódolos primeiros domingos deste mes, celebramos unha data moi importante...  As mamás sempre estades cando vos precisamos e facedes moito por nós.  Para agradecérvolo, os Pondaliñ@s quixemos ter un pequeno detalle con todas vós... Feliz día, Supermamás! Querémosvos moito!

MOCHILA VIAXEIRA: BRAIS PÉREZ!

Imaxe
A nosa mochila viaxeira montou no autobús das xirafas e xa se atopa na casa do noso compañeiro Brais Pérez, co que pasará esta semana. Menudo agasallo de aniversario! Agora xa con 4 anos, a gozar máis que nunca con tódalas historias que aí se agochan!

NOVIDADES NO CLUB DO MANDILÓN!

Imaxe
Despois duns meses de esforzo, a nosa compañeira Aroa xa ten o seu ansiado carnet do Club do Mandilón! Estira o mandilón na posición correcta, abotóase e desabotóase sen problema e déixao listo para o día seguinte! Benvida ao club e moitos parabéns!

AS CORES DA PRIMAVERA!

Imaxe
No día de hoxe experimentamos coas cores que caracterizan a estación do ano na que nos atopamos: a primavera. E fixémolo... PINTANDO CON CANICAS! Quedáronnos uns cadros abstractos do máis coloridos!

CREAMOS A NOSA GALIÑA AZUL!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte coñecemos a Carlos Casares e o seu conto titulado "A galiña azul". Esta tarde comezamos coa construción da nosa propia galiña... Distribuímos as tarefas e comezamos: Roi, Marta, Noa, Naia e Alonso encargáronse de colorear as ás, a crista e as patas. Alejandro, Aroa Vega, Leila, Martina e Nizar encargáronse de picalas. Aroa Penedo, Brais Pérez, Mariña e Hugo pintaron o corpo e a cabeza da nosa galiña. Claudia, Lucía, Izan, Xabi, Brais Martínez e Zaira decoraron os seus ovos. Xabi, Lucía, Andrea, Roi, Naia e Alonso ofrecéronse voluntarios para picalos. Martina e Izan quixeron pegarlle as cinco plumas vermellas na súa á dereita. Isto foi o que fixemos esta tarde! Nestes días continuaremos montando a nosa galiña e moi pronto vos mostraremos o resultado final!

A GALIÑA AZUL!

Imaxe
Esta tarde, na nosa visita semanal á biblioteca, Cleo deixounos unha nova historia, e xunto a ela, unha fotografía... Descubrimos que o seu nome é Carlos Casares (aínda estamos intentando recordar o apelido!), e é o autor do conto que Cleo nos deixou: "A galiña azul". Gustounos moito esta galiña, xa que é de cor azul, con cinco plumas vermellas na á dereita. Ademais, pon ovos de cores: xa leva dous amarelos, un rosa e tres verdes. E non nos podemos esquecer de que non di "Cacaraca", senón que di "Cocoroco". O que non nos gustou tanto é que lle quixeran facer dano por ser diferente ao resto das galiñas... Menos mal que os veciños do seu dono Lorenzo tiveron unha idea fantástica para que ninguén puidese atrapar a esta galiña tan especial! Preguntádelle por ela aos Pondaliñ@s! Nos próximos días seguiremos recordando a historia desta galiña de cor azul, e ademais, teremos que recreala con diferentes materiais, xa que algo relacionado co Día das Letra

TEO VOLVE DA CASA DE... MARTA!

Imaxe
A nosa mascota xa regresou da súa última viaxe neste curso! Pasou a fin de semana coa nosa compañeira Marta, e aquí vos contamos todo o ocorrido durante estes días... O venres, Teo montou no coche de Marta para dirixirse á súa casa da Campara. Alí, no cuarto de xogos da nosa compañeira, miraron a televisión e xogaron cos seus xoguetes. Marta encargouse de que a nosa mascota máis triste se alimentase moi ben. Encantáronlle os Petit-Suisse! Por suposto, quedaron a durmir ben abrazadiños na cama da nosa compañeira! Ademais, aproveitaron a fin de semana para visitar aos tíos e aos curmáns da nosa compañeira! A Marta encantoulle a visita de Teo, e xa está desexando que volva outra vez!  (Neste curso, a nosa mascota levou o seu conto e un libro de aventuras para cubrir. A ver que se nos ocorre para o curso que vén... Algunha idea, familias?)