Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día do Libro

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR!

Imaxe
Por fin chegou o bo tempo á nosa escola, e por fin puidemos desfrutar do apadriñamento lector que tivemos que aprazar por mor da chuvia a semana pasada. Fai uns días que os nenos e nenas de 4º e 5ºA visitaron a nosa aula para coñecernos e saber máis sobre os nosos gustos no tocante á lectura! Despois deste encontro, as nosas compañeiras e compañeiros maiores visitaron a biblioteca do centro para buscar o conto que mellor se adaptaba ás nosas preferencias, e esta mañá por fin nolo puideron ler! Aquí vos deixamos as imaxes deste gran día!

DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS!

Imaxe
Onte, 23 de abril, celebrouse o 'Día do Libro'. Por mor do mal tempo, as actividades que tiñamos previstas na nosa escola para conmemorar esta xornada pospuxémolas para a vindeira semana, mais esta mañá o Concello de Ponteceso  agasallounos cun contacontos para festexar este día tan especial. Da man da compañía "A Trastenda dos Contos" e de Felipe Díaz, ao que nós coñecemos como Caxoto Contacontos , a nosa biblioteca encheuse dos contos e cantigas que protagonizan "Contos vellos, novos finais" . Estas historias, ademais de divertirnos, fixéronnos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes a través de distintas personaxes de conto coma o lobo feroz, Carrapuchiña e a súa avoa, os tres porquiños ou os sete cabritiños. Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca:

DÍA DO LIBRO 2018!

Imaxe
No día de hoxe conmemórase o Día do Libro, e na nosa escola decidimos celebralo cun apadriñamento lector organizado polo Equipo de Biblioteca do noso colexio. O xoves da semana pasada, os nenos de nenas de 4ºA visitaron a nosa aula para coñecernos un chisquiño máis e así indagar sobre as nosas lecturas favoritas. E esta mañá, despois do recreo, contáronnos as historias que elixiron pensando nos nosos gustos. Encantáronnos tódolos contos que escolleron, e moito máis nos gustou pasar un tempo acompañados dos maiores compartindo unha actividade tan bonita coma esta! Día do Libro 2018! Ademais, Cleo aproveitou para agasallar aos gañadores do "Concurso de Civilizacións" proposto desde a Biblioteca para o alumnado de Educación Primaria. As tres aulas de Educación Infantil recibimos un agasallo grupal por ter realizado un proxecto sobre o Antigo Exipto e responder correctamente a tódalas preguntas dun trivial que Cleo nos mandou semanas atrás. Aquí temos á nosa encargada No...

DÍA DO LIBRO!

Imaxe
O pasado domingo 23 de abril celebrouse o Día do Libro. Esta mañá falamos da importancia de ler e contar contos, e xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos decidimos crear a nosa propia historia. Como non podía ser doutra maneira, Cleo, a mascota da nosa biblioteca, sería a súa protagonista. Aquí vola deixamos, que vos parece?