Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Conmemoracións

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

DÍA DA FAMILIA 2019!

Imaxe
Hoxe, 15 de maio, celébrase o 'Día da Familia'! Para conmemorar esta data tan especial fixémolo a través da coñecida frase "O amor témolo que regar tódolos días", pois ao igual que ocorre coas plantas, á nosa familia témola que querer e coidar os 365 días do ano! Así que... Por que non agasallar ás nosas familias cuns xirasois que as simbolicen? Prometemos querer e coidar a estas flores igual que o facemos coas nosas familias! Este foi o proceso que seguimos: O pasado venres xerminamos as nosas pipas de xirasol en algodón húmido. Que ocorrería durante a fin de semana? Pois isto foi o que sucedeu... As nosas sementes xa están xerminadas! Agora só quedaba plantalas nunhas macetiñas mercadas para a ocasión, así que aproveitamos o soliño de onte para baixar ao patio e poñernos mans á obra: terra vai, auga vén! E ata lle cantamos para que medrasen axiña! As nosas macetiñas estaban preparadas, pero ningún regalo se entrega sen envolver... Dis...

FELIZ DÍA DA NAI!

Imaxe
Hoxe, primeiro domingo de maio, celébrase o Día da Nai! Por suposto, non podíamos deixar pasar esta data tan especial, así que o venres algo levamos para as nosas casas. Serían os Pondaliñ@s capaces de gardar o segredo? Quen sabe... Contámosvos! Fai uns días que baixamos a un dos xardíns da nosa escola para sacar unhas fermosas fotos coas letras que forman a palabra "MAMÁ". Aquí volas deixamos, mirade que bonitas quedaron: Ademais, durante esta semana tamén quixemos deixar as nosas pegadas con forma de corazón nun lenzo en branco que completamos cun gran "QUÉROTE MAMÁ", porque os Pondaliñ@s querémolas moitísimo a todas e cada unha delas! Logo, a profe encargouse de imprimir as imaxes e tamén nos botou unha man con iso pegarlle ao lenzo unha corda onde as puidésemos colgar todas. Así pois, o noso agasallo estaba listo para que as nosas mamás o colocasen nun recuncho especial nas nosas casas. Aquí vos deixamos o que realizou Zaira, a encargada deste ven...

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR!

Imaxe
Por fin chegou o bo tempo á nosa escola, e por fin puidemos desfrutar do apadriñamento lector que tivemos que aprazar por mor da chuvia a semana pasada. Fai uns días que os nenos e nenas de 4º e 5ºA visitaron a nosa aula para coñecernos e saber máis sobre os nosos gustos no tocante á lectura! Despois deste encontro, as nosas compañeiras e compañeiros maiores visitaron a biblioteca do centro para buscar o conto que mellor se adaptaba ás nosas preferencias, e esta mañá por fin nolo puideron ler! Aquí vos deixamos as imaxes deste gran día!

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!

Imaxe
Hoxe, 2 de abril, conmemórase o 'Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo', e no hall da nosa escola xa podedes ver este mural creado por algúns compañeiros e compañeiras de Educación Primaria. Aproveitamos esta xornada para explicar algunhas das características deste trastorno que non coñecíamos, e así tamén puidemos entender mellor algúns comportamentos que ás veces vemos no colexio ou na rúa. Coa axuda da profe Silvia falamos longo e tendido sobre o tema, e fíxonos conscientes de que, como nós, as nenas e os nenos con autismo tamén teñen dificultades para realizar algunhas actividades, como facer amigos e relacionarse con eles. Ademais, tamén comprendemos mellor algunhas actitudes que nos estrañaban, como falar en voz moi alta cando non toca ou en lugares nos que non o podemos facer. Pero coma nós tamén, os nenos e nenas con autismo poden realizar outras actividades especialmente ben, chegando a ser auténticos xenios. Nós que imos ao Club de Ciencias... Sabíade...

FELIZ DÍA DO PAI!

Imaxe
Onte, 19 de marzo, celebrouse o Día do Pai! Nós non tivemos cole, pero non podíamos deixar pasar esta data tan especial! Así que hoxe algo chegou ás nosas casiñas... Fai uns días que enviamos unha notiña que só podían ler as nosas mamás, que foron as nosas cómplices en todo isto que argallamos. Nela pedíamos que nos axudasen a revolver no armario dos nosos papás, sen que eles se enterasen, para poder traer ao cole unha das súas camisas e tamén unha das súas gravatas ou paxariñas. Por suposto, todos e todas aceptamos a misión e ao día seguinte chegamos cargadiñas e cargadiños sen que os nosos papás se enterasen de nada... E para que era todo aquilo? Pois para facer unha fermosa sesión de fotos para demostrarlle aos nosos papás o moito que os queremos... Aquí vola deixamos, agardamos que vos guste! A profe encargouse de imprimir todas as imaxes para que llas puidésemos regalar aos nosos papás, e para que as colocasen nun recuncho importante das nosas casas, esta mañá engadímosll...

SUPERHEROÍNAS GALEGAS!

Imaxe
O pasado venres 8 de marzo conmemorouse o 'Día Internacional da Muller'. Durante estes últimos días, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal coñecemos a diversas superheroínas, pero estas non son unhas superheroínas calquera...  Estamos a falar dunhas superheroínas galegas de carne e óso, aínda que nós as vexamos convertidas en grandes murais situados nas fachadas de distintos edificios dalgunhas vilas e cidades da nosa Comunidade. Foron retratadas polo artista Yoseba MP, que decidiu pintar e poñer en valor a grandeza dos superpoderes das avoas galegas: a súa gran capacidade de traballo e sacrificio diario. As nenas e nenos de 5 anos afondamos un pouquiño máis sobre Elisa, tamén coñecida como a "Muller Nitramón", unha superheroína galega que se levanta nunha fachada de Carballo. Esta gran muller dedicou a súa vida a cultivar a súa horta, ou o que é o mesmo, a alimentar a toda a súa familia grazas ao seu traballo e esforzo diario. Xunto a ela, podemos ver outras m...

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén...

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de...

BALEA DE PLÁSTICO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte celebramos o Día da Paz, xornada que lle dedicamos á ecoloxista africana Wangari Maathai, unha muller que destinou a súa vida a repoboar bosques en Kenia xunto ás mulleres do "Cinturón verde". Como ben di o noso lema deste ano: "Coidar a natureza é facer paz". Por este motivo, ademais de valorar o traballo destas mulleres de paz, decidimos relacionalo co noso proxecto trimestral e facer unha pequena reivindicación. Os Pondaliñ@s de 5 anos somos moi conscientes da importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais para evitar que estes rematen nos océanos e, como consecuencia, no estómago de moitos animais mariños, como as baleas sobre as que estamos a aprender máis. Pois ben, esta mañá coñecemos a maneira a través da que dúas organizacións fixeron visible esta problemática e denunciaron a grave situación na que viven, entre outros animais, as baleas. Deste xeito, presentáronnos dúas esculturas con forma de balea const...