Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xogos

SÚPER BÚSQUEDA DO TESOURO!

Imaxe
Esta mañá, á volta do recreo, o Equipo de Biblioteca da nosa escola tiña preparada para nós unha súper búsqueda do tesouro! E representando a todo o equipo xa nos esperaba a Capitana Susana... Enfundámonos uns sombreiros de pirata e pasamos a formar parte da súa tripulación! Entramos no barco pirata e emprendemos rumbo á Illa Biblioteca! Nada máis chegar á Illa Biblioteca atopamos un cofre do tesouro, mais este estaba pechado... E éranos imposible desenganchar a chave! Que podíamos facer? Anda, unhas pistas! Tiñamos que adiviñar de que superheroe ou superheroína nos estaban a falar... E unha vez resoltas as adiviñas... A buscar! Onde estarían os Increíbles, Wonder Woman, Spiderman, Ladybug, Batman, Catwoman e Superman? Cando os atopamos, colocamos todas as imaxes recollidas no seu lugar... E despois das palabras máxicas... Conseguimos que a chave se desenganche! Abrimos o cofre... Que nervios! Que emoción! E no seu interior atopamos un mapa do ...

RETO II: CAL É A INDUMENTARIA DAS SUPERHEROÍNAS E OS SUPERHEROES?

Imaxe
Esta mañá tan pronto como entramos na nosa aula atopámonos con todo isto sobre a nosa alfombra... O Señor do Tempo estaba de volta! Como dubidalo? E como ben nos di na carta que nos deixou, o primeiro reto está superado, así que procedemos á apertura da primeira porta... Que nervios! Mais isto non foi o único que nos pediu... A segunda misión estaba esperando por nós: Poderíamos descubrir o tipo de roupa e outros elementos que usan os superheroes e as superheroínas para salvar o mundo? Por suposto, aceptamos o reto e puxémonos mans á obra! Desmontamos o recuncho do proxecto e buscamos e rebuscamos para recompilar toda a información que nos pediu o Señor do Tempo. Aquí nos tedes en pleno proceso: E estes foron os magníficos resultados das nosas investigacións. O Señor do Tempo vai quedar máis que satisfeito! Que opinades? E todo isto foi posible grazas a todo o material que xa temos na aula. Aquí vos deixamos as aportacións que a semana pasada ...

FESTICIENCIA 2019!

Imaxe
Coma tódolos anos, para conmemorar a Semana das Letras Galegas a aldea do Couto engalánase para celebrar, un ano máis, unha nova edición das Festiletras!  Nesta ocasión, a Fundación Eduardo Pondal convidounos a participar no Festiciencia, onde puidemos gozar cos numerosos xogos tradicionais que presentou o MELGA, así como da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule-Bule"! Foi un día fantástico e pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi esta xornada tan divertida: Ademais, no hall da nosa escola xa podedes visitar unha exposición dedicada a Antón Fraguas e á súa obra "Romarías e Santuarios de Galicia" coa información que o alumnado e as súas familias aportaron! Moitas grazas a tod@s!

VISÍTANOS IRIA E ZAMPAMOS SÚPER-PIRULETAS!

Imaxe
A xornada de hoxe era unha das máis esperadas para nós... Por fin recibíamos a visita da nosa compañeira Iria! Cantas ganas tíñamos de vela! Pasamos todo o día con ela: veu con nós a clase de Música, xogou con nós no recreo e nos rincóns, e incluso nos tiña preparada unha gran sorpresa! Mirade que xogo de caracol nos trouxo para pasar lista! Encantounos! Por suposto, xa o estreamos, aínda que dunha maneira moi agarimosa... Tivemos que tirar dados, mover unha peza de caracol ata a casilla correspondente e darlle un bico e un abrazo ao Pondaliñ@ que se correspondese co nome que tocara en cada momento! Canto nos gustou e canto uso lle imos dar! Moitísimas grazas Iria! Nós, a cambio, tiñamoslle preparada unha rica merendola, que ademais de agradarlle á nosa compañeira, tamén lle agradaría moito ao Señor do Tempo! Queredes saber por que? Pois porque eran unhas piruletas de superheroes e superheroínas! Pintamos e picamos capas, cravamos un amorodo nunha brocheta e probamos o pegame...

ESTREAMOS O PARACAÍDAS!

Imaxe
Nesta ocasión queremos contarvos o que sucedeu onte na clase de Psicomotricidade coa profe Bea... Descubrimos un novo xogo que nos entusiasmou! Vós sabíades que no almacén do noso pavillón se agochaba un paracaídas? Agora os Pondaliñ@s de 5 anos xa o sabemos, e mirade canto nos divertimos intentando que unha pelota se colase polo seu buraco central!

HOXE EN PSICOMOTRICIDADE!

Imaxe
Mirade que ben o pasamos en Psicomotricidade coa profe Bea! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos esta mesma mañá:

OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Imaxe
Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas... Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles. Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos? Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén...

PARES E IMPARES, BALEAS E UN PHOTOCALL CIENTÍFICO!

Imaxe
Despois dunha semaniña de ausencia no blog, os Pondaliñ@s queremos facervos un pequeno resumo do que ocorreu durante estes días na nosa aula... Comezamos por esta mañá, pois seguimos avanzando nos nosos coñecementos matemáticos e estamos aprendendo máis sobre os números pares e impares! O primeiro que tiñamos que averiguar era cantas cousiñas quería a profe cando nos pediu "un par de obxectos". Lanzamos números ao azar e quen acertou foi un compañeiro que dixo... 2! Coñecendo isto, era moito máis fácil entender á mestra cando nos pedía un par de pezas, dous pares de botóns ou tres pares de alimentos! E este xogo fixo que entendésemos isto dos números pares e impares á primeira! Claro, se as pezas se agrupaban de par en par (de dúas en dúas) e non sobraba ningunha o número era par! Pola contra, se unha peza quedaba desparellada o número era impar!  E para comprender isto tiñamos que xogar e manipular materiais! Así que apagamos luces, pechamos cortinas e encendemos a mes...