Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Despedidas

ATA SEMPRE PONDALIÑ@S! ♥

Imaxe
Estes tres anos ao voso lado foron marabillosos. Non sabedes aínda canto vos botarei de menos...  Quérovos de aquí á nosa estrela, e volta. Ata sempre Pondaliñ@s! ♥

VÉMONOS NO CAMIÑO...

Imaxe
Cando vos coñecín tiñades 3 anos, algúns nin os chegárades a cumprir. Era setembro de 2016, a vosa primeira vez nesta escola, pero tamén a miña. Crédeme cando vos digo que foi un pracer percorrer este camiño da vosa man. Moitas horas pasei con vós mentres chorábades por mamá ou por papá, e non vos vou mentir, moitas veces eu tamén tiven ganas de facelo, incluso cando vós xa non chorábades. Moitos días acabei colorada, despeinada, manchada, cos petos cheos de cachibaches variados e con pintura, plastilina e purpurina nos lugares máis insospeitados. Algunhas veces incluso desquiciada, para que ocultalo. Pero foi así como, pouco a pouco, todos xuntos fomos aprendendo. Vós de min pero, sobre todo, eu de vós. Non sabedes canto... Pouco a pouco fóchedes medrando, uns tivéronse que ir e outros viñéchedes un pouquiño máis tarde, pero agora sodes 25 grandes pequerrechos que me facedes rir, chorar e algunhas veces enfadar. 25 Pondaliñ@s que me namorades día a día, que me emocionades con cada...

TRES CURSOS XA PASARON...

Imaxe
Hoxe querémosvos contar a nosa historia persoal. Unha historia con principio que non ten final. Con tres aniños chegamos ao CEIP Eduardo Pondal. Que era ese sitio tan grande no que estábamos a punto de entrar? O novo cole esperaba por nós cargadiño de emocións. E tamén a profe Rocío... 25 nenas e nenos, que lío! Na clase coñecemos a Teo e ata o levamos de paseo. Con el vivimos moitos momentos, canto o botaremos de menos... O cole sentábanos de marabilla porque fixemos unha gran pandilla. Pero de Dani nos tivemos que despedir porque a Corme se tivo que ir. Coa axuda do profe Xalo rematamos en tres anos. A Iria adeus lle dixemos, pero pronto volveu a vernos. Catro anos comezamos cunha nova incorporación. Un terremoto nos presentaron... Era Mario, que ilusión! Números e letras aprendemos e debuxos tamén fixemos. Cantamos e bailamos e no patio tamén xogamos. Despedimos catro anos e a clase de cinco conquistamos. Un novo amigo nos acompañou, foi Alejandro o que chegou! Nes...

ATA PRONTO BRENDA!

Imaxe
A pesar de toda a alegría que tiñamos ante a chegada dos Reis Magos e o inicio das vacacións de Nadal, o de hoxe tamén foi un día un pouquiño triste... O prácticum da nosa profe Brenda rematou e esta mañá foi a última que estivo con nós. Como a imos a botar moito de menos, quixemos facerlle uns pequenos agasallos para agradecerlle tódolos momentos que vivimos con ela, todo o que nos ensinou e axudou, e tamén tódolos agarimos que nos regalou. Nunha gran caixa agochábase un libriño de debuxos feito por tódolos Pondaliñ@s, o conto de 'Adiviña canto te quero' cunha bonita dedicatoria, unhas fotiños para que sempre recorde o seu paso pola nosa escola e uns bombóns para endulzar este momento. Agardamos que lle gustasen moito e que sempre se acorde de nós! Brenda, pola súa banda, tíñanos preparada unha caixiña sorpresa da que tamén sacamos uns agasallos: uns lapis flexibles e unhas gomas de cariñas diferentes. Moitas grazas! Gustáronnos moito! ...

P DE PONDAL!

Imaxe
O de hoxe foi un día cargadiño de emocións! Comezamos a mañá despedindo ao profe Xalo, agasallándoo cun precioso cadro no que as nosas pegadas se transformaron nas follas dunha árbore. Unhas pegadas que estamos máis que seguros de que sempre levará con el alá por onde vaia, na súa memoria e no seu corazón! Persoalmente, quero agradecervos a tódalas familias este detalle tan bonito para o mellor compañeiro de aula que puiden ter desde que comezou esta aventura alá por setembro de 2016! Xa na clase, preparámonos para participar na segunda edición do "P de Pondal", e aproveitamos para sacar unhas fotiños xunto aos Pondaliñ@s de 3 anos. Moitas grazas á profe Silvia pola súa axuda, tanto no día de hoxe durante o festival como a que nos ofreceu durante todo o curso en múltiples ocasións! Despois disto, xa estábamos máis que listos para baixar ao patio e desfrutar do espectáculo! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a seg...

DESPEDIDA DE DANIEL!

Imaxe
Como xa sabedes, a partir da próxima semana, o noso compañeiro Daniel será alumno doutro colexio, e alí terá novos mestres e novos compañeiros. Como non podía ser doutra maneira, hoxe despedímolo cunha gran festa! Comezamos cunha sesión de cine, con Mickey Mouse buscando un prezado tesouro xunto aos seus amigos! Aproveitando que estabamos na alfombra... Por que non sacar unha foto co noso amigo? Ou dúas... E que non pode faltar nunha gran festa? Pois unha gran merendola! Comezamos polos bocadillos e o biscoito que fixo a mamá de Daniel, e logo continuamos coas galletas, os gusanitos, as palomitas... E para acompañar, uns groliños de zume ou auga! E coas barrigolas ben cheas baixamos ao recreo! Aproveitando o bo tempo e que hoxe era un día especial, puidemos quedar un tempiño máis xogando no patio. Logo, sentados na pista de fútbol, entregámoslle a Daniel os nosos agasallos: o conto de "O monstro de cores", un Teo de cor amarela, un CD con f...