Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

COMO É UN CATÁLOGO DE XOGUETES?

Imaxe
Como ben sabedes, a semana pasada comezamos a nosa andaina cos catálogos de xoguetes para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos das cores e dos xoguetes que se asocian a nenos e nenas e, sobre todo, da inxustiza que isto supón. Estamos moi concienciados con esta problemática, e así nolo demostrou a nosa compañeira Martina, que trouxo este catálogo no que ela e a súa madriña observaron que só as nenas cociñaban e que só os nenos conducían coches, e isto non lle gustou nada de nada! Aproveitamos este catálogo, moito máis significativo para os Pondaliñ@s que os que trouxo a profe, para descubrir as partes fundamentais nas que se dividía un catálogo de xoguetes: portada, índice, xogos e contraportada. Observamos a portada do catálogo que nos trouxo Martina e descubrimos que nela aparecía o nome da xoguetería, imaxes relacionadas co Nadal e o eslogan "Juguetes 2013". Tendo en conta isto, decidimos que a nosa xoguetería se chamase "Don Car

CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS A MAMÁ E A IRMÁ DE NAIA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estiveron con nós Sandra e Alejandra, a mamá e a irmá maior da nosa compañeira Naia! Comezou Alejandra contándonos a historia do Ratiño Pérez, e grazas a este conto coñecemos como empezou a recoller os dentes que lle caían aos nenos e nenas de todo o mundo e para que os utilizaba... Sabedes para que? Pois para facer un castelo brillante con todos eles! Sandra contounos a historia de Gazapillo, unha cría de coello que por non lle facer caso ao que lle dixo a súa mamá sufriu varios percances ao saír da súa guarida... Grazas a esta historia reflexionamos sobre a importancia de obedecer aos maiores para evitar determinados perigos! Ao rematar cada conto botamos un montón de foguetes e, por suposto, como agradecemento á mamá e á irmá de Naia regalámoslle moitos bicos e achuchóns! Volvede cando queirades Sandra e Alejandra, estades máis que invitadas!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Mañá, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, mais no noso colexio adiantamos esta conmemoración ao día de hoxe. Comezamos a xornada cos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil escoitando a tres nenas e un neno de 6º de Educación Primaria, os cales nos explicaron o porqué desta conmemoración, faláronnos de diferentes situacións inxustas e mostráronnos os carteis en defensa da igualdade que expuxeron no hall. Ao entrar na aula atopamos algo na nosa alfombra... Dous contos que xa coñecemos como son " Artur e Clementina " e " O libro dos porcos " e varios catálogos de xoguetes. Para que sería todo isto? De súpeto recordamos algo que nos dixeran dúas das nenas maiores... Na gran maioría de catálogos a cor rosa asóciase ás nenas e a cor azul aos nenos. Isto é así? Claro que non, as cores non teñen xénero! E así o demostramos cos nosos mandilóns... Non ocorre nada cando un neno pon un mandilón rosa ou vio

INTERPRETANDO HISTORIAS: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA.

Imaxe
Recordades o xogo baseado no conto "Por cuatro esquinitas de nada" que o martes nos regalaron o papá e a mamá do noso compañeiro Hugo despois de lernos esta historia tan bonita? Pois hoxe por fin o estreamos e non o podiamos facer de mellor maneira... Usámolo para crear a nosa propia versión deste conto que tanto nos gusta! Recordamos a historia, colocamos pezas, sacamos fotos, grabamos voces... A profe encargouse de montalo todo, e aquí vos presentamos o noso vídeo-conto. Agardamos que vos guste! Por suposto, non nos esquecemos de alimentar aos nosos caracois, e aquí está Aroa dándolle a súa ración diaria de comida. Hoxe tocou unha rica ensalada de leituga e tomate!

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO!

Imaxe
Hoxe estamos de celebración! As nosas compañeiras Claudia e Mariña fanse maiores e xa teñen 4 anos! Aquí as tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios! Por suposto, tódolos Pondaliñ@s as felicitamos, e aquí estamos cun par de Teos, que tamén se quixeron unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Claudia e Mariña sopraban unha vela co número 4! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas coa saborosa tarta de chocolate que cociñou o padriño da nosa compañeira Mariña! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Raquel e Reme, as mamás de Claudia e Mariña tamén quixeron compartir este momento con elas! Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que vos gustasen os nosos agasallos!