Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Samaín

NOVIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!  Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no plan...

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas! Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora: Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na e...

SEMANA DO SAMAÍN: CURTAS DE TERROR!

Imaxe
Esta mañá, despois do recreo, realizamos unha das últimas actividades relacionadas coa época máis terrorífica do ano: o Samaín! Para iso, na biblioteca xuntámonos os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos e Cleo tíñanos preparadas unhas curtas propias desta celebración e tamén algún que outro conto e canción! E todo isto acompañado dunhas deliciosas palomitas para crear unha auténtica sesión de cine!  Aquí vos deixamos algunhas imaxes: E as palomitas non foron as únicas que encheron as nosas barrigolas. Como ben sabedes, a nova misión de Valentina está relacionada co noso satélite, e para seguir coñecendo un pouquiño máis as fases da Lúa, decidimos facer un pequeno taller de cociña con galletas Oreo! Algúns quixémolas levar para merendar na casa, e outros xa comemos as nosas lúas durante a merenda da mañá... O que todos fixemos foi pasalo moi ben e papar aqueles cachiños de galleta que necesitábamos sacar para crear a lúa chea, a menguante, a nova e a crecente! Por supos...

SEMANA DO SAMAÍN: CABAZAS TERRORÍFICAS!

Imaxe
A semana pasada celebramos o Samaín con contacontos, talleres de cociña, photocall de disfraces e moito máis! Pero faltábanos algo moi típico destas datas... Claro, as cabazas! Agora o noso hall está cheíño de unha e mil cabazas de Samaín! Aquí vos deixamos as que trouxemos os Pondaliñ@s de 5 anos e que decoramos xunto ás nosas familias! Canta orixinalidade! Tiñamos de tódolos tipos... Incluso cabazas espaciais! Mirade que xeniais: Iso si, a semana do Samaín continúa nos próximos días... Xa descubriredes como!

SEMANA DO SAMAÍN: DISFRACES TERRORÍFICOS!

Imaxe
Coas actividades desta mañá damos por rematada esta semana tan terrorífica, pois a partir de hoxe poderemos desfrutar de catro días libres! Iso si, a Semana do Samaín aínda non remata... O vindeiro luns poderemos traer á escola as nosas cabazas decoradas e os Pondaliñ@s de 5 anos tamén temos preparada algunha que outra sorpresa... No día de hoxe comezamos a mañá observando e falando dos nosos disfraces de Samaín! Viñemos moi auténticos, e como non podía ser doutra maneira, aproveitamos o photocall da entrada para sacarnos unhas fotiños para o recordo. E para iso temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi e á profe Érica por térnolas quitado! Mirade que xeniais: Ademais, os Pondaliñ@s que as quixeron probar, tomaron algunha das bebidas de Samaín que servían os nenos e nenas maiores nunha barra colocada para a ocasión! Xa na hora da merenda, a nosa compañeira Aroa agasallou a tódolos Pondaliñ@s de 5 anos cun saboroso aperitivo: unhas fantásticas...

SEMANA DO SAMAÍN: MERENDAS TERRORÍFICAS!

Imaxe
Esta mañá continuamos celebrando o Samaín, e nesta ocasión tivemos que poñernos mans á masa e cociñar unhas merendas ben terroríficas xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos, e tamén xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria. Misturámonos uns con outros e así quedaron conformados os grupos: Na aula de 3 anos facendo uns sándwiches con forma de araña coas profes Susana e Bea estiveron... Izan, Mariña, Mario, Marta, Naia e Noa! Na aula de 4 anos transformando plátanos en fantasmas coas profes Teresa e Érica estiveron... Aroa P., Brais M., Daniella, Hugo, Lucas e Nizar. Na aula de 1º transformando galletas en ollos sanguentos coas profes Rocío e Silvia estiveron... Alonso, Aroa V., Claudia, Leila, Xabi e Zaira! (E non nos trabucamos, agora temos dúas profes que se chaman Rocío no noso corredor!) E na aula de 5 anos creando fantasmas de chocolate e dedos sanguentos de queixo coas profes Rocío e Brenda estiveron... Alejandro G., Alejandro V., Brais P., Lucía, Mart...

SEMANA DO SAMAÍN: CONTACONTOS TERRORÍFICOS!

Imaxe
Esta semana no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso celebramos o Samaín, e para dar comezo aos días máis terroríficos do ano, recibimos ás nenas e nenos de 5ºB e á súa mestra Meibel. Entre todos eles destacaba unha alumna en especial... Claro, Ainoa, a irmá da nosa compañeira Claudia! E sabedes por que visitaron a nosa aula? Pois porque prepararon un contacontos moi especial... Viñeron contarnos a historia dun becho estraño! E o mellor de todo, trouxeron ao becho! Si, si, como escoitades... Mirade que ben o fixeron! Canto nos gustou que nos viñeran contar esta historia! Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos quixemos agradecerlle a súa visita agasallándoos cunha manualidade que preparamos fai uns días... Acordádesvos de que vos contamos que estivemos picando ás e pintando pinzas? Pois con todo iso o que fixemos foi crear uns marcapáxinas con forma de morcego! Esperamos que aos nenos e nenas maiores lle gustasen moito e que lle den moito uso durante as súas lecturas! Moitísimas graza...

ESTREAMOS PDI!

Imaxe
Menuda sorpresa a que levamos esta mañá cando entramos na nosa aula! Alguén nos cambiara a pizarra branca e puxera outra no seu lugar... O que non sabíamos ningún dos Pondaliñ@s era que esa pizarra era moito máis especial que a anterior... ERA UNHA PDI! Unha Pizarra Dixital Interactiva coa que podemos realizar un e mil xogos que se atopan pola rede... Despois das rutinas do encargado, para estreala e ir coñecendo o seu funcionamento, comezamos cuns sinxelos xogos de lóxica e matemática que nos encantaron: contamos estrelas dalgunhas constelacións, seguimos a conta atrás dun foguete a piques de despegar, realizamos series con diferentes formas e cores e completamos algunhas sumas. Aquí vos deixamos as imaxes que o corroboran: ESTREAMOS PDI! Seguidamente, a profe falounos da vindeira semana, da semana do Samaín, e de todo o que ocorrerá os próximos días... O luns, coma tódolos anos, os nenos e nenas maiores virannos a ler un conto relacionado con esta época do ano. Por suposto, par...