Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O 2º trimestre deste curso xa rematou, e tódolos traballiños que fomos realizando durante estes meses están gardados nesta carpeta tan exipcia. Para crear a súa portada, a profe transformou aos Pondaliñ@s en monarcas exipcios, e xunto á nosa fotografía colocamos un cachiño do papiro que creamos días atrás, e no cal debuxamos un peixe... Sabedes por que o fixemos? Pois porque o peixe era o amuleto dos nenos e das nenas no Antigo Exipto! Por suposto, a nosa carpeta gardámola nunha bolsa, que nesta ocasión decoramos con tres coelliños de Pascua que fai uns días picamos! Gústavos? Agardamos que si! Aquí vos deixamos á nosa encargada de hoxe mostrando as nosas creacións! E falando de coelliños de Pascua... Sabíades que o teléfono da profe ten poderes máxicos? Si, si, si... Mirade, mirade! As nenas e nenos de 4 anos tamén queremos desexarvos unhas felices vacacións con estas simpáticas fotografías que sacamos esta mesma tarde!  E AGORA... A PASALO EST

TALLER DE COCIÑA: MOMIAS DE EXIPTO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, que nos deixou o oitavo selo nos nosos pasaportes por ter coñecido diferentes inventos exipcios e por crear algún deles, coma o papiro e a escritura xeroglífica. Desta vez propoñíanos saber máis dos deuses exipcios, e para iso deixounos un xogo de cartas e tamén unha máscara do noso deus favorito: Anubis. Por suposto, encantounos a súa proposta, e despois dunha mañá de traballo, así de realistas quedaron as nosas caretas: Ademais, tiñamos unha tarefa pendente da semana pasada... Realizar un taller de cociña! Como non podía ser doutra maneira, a receita tiña que estar relacionada co Antigo Exipto, polo que nos puxemos mans á obra para crear as nosas momias... 1º) Collemos unha rebanada de pan de molde. 2º) Colocamos unha loncha de xamón ou pavo sobre o pan. 3º) Esparcimos tiras de queixo a modo de vendas. 4º) Colocamos dúas aceitunas para darlle forma aos ollos. E despois disto... Xa temos as nosa

VISITAMOS O MELGA!

Esta mañá, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, realizamos unha nova saída! Desta vez tampouco nos movemos de Ponteceso, xa que é na nosa vila onde se atopa o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Como podemos ler na súa páxina web , o MELGA é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial. Tendo como guía a Ricardo Pérez y Verdes, coñecemos e puidemos xogar con algunha das máis de 4000 pezas que alí se exhiben. Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que foi o día de hoxe: SAÍDA AO MELGA!

CREAMOS O NOSO PROPIO PAPIRO!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita do Señor do Tempo, quen nos deixou un novo selo no noso pasaporte: o reto dos xeroglíficos estaba superado! Iso si, a proba dos inventos xa estaba esperando por nós... A nosa primeira misión consistía en recordar e descubrir algúns dos inventos que realizaron os antigos exipcios para así completar o museo do noso corredor. Foi desta maneira como descubrimos, entre outros obxectos (como o arado, a serra, a balanza, os espellos, a  maquillaxe...), que os exipcios inventaran o cepillo de dentes! Entre todos buscamos as letras que necesitabamos e o xeroglífico ao que estas se asocian. Logo, imprimímolas, recortámolas, decorámolas e pegámolas na orde correspondente. Aquí vos mostramos o resultado final! Coñecíades vós esta curiosidade? Por suposto, un dos grandes inventos exipcios foi a escritura xeroglífica, e da súa man chegou o papiro! Sabedes que nos propuxo o Señor do Tempo? Crear o noso propio papiro xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 5 anos! Po

DÍA DO PAI 2018!

Imaxe
Hoxe conmemórase o Día do Pai, e os Pondaliñ@s de 4 anos quixemos ter un pequeno detalle cos nosos papás que tanto nos queren e aos que tanto queremos! Durante estes días estivemos decorando os nosos lenzos para así crear unhas coloridas alfombras para o rato dos seus ordenadores, mais algúns Pondaliñ@s decidiron que lles gustaría máis ver as súas obras de arte colgadas nas paredes das súas casas coma un cadro... Calquera das opcións é válida, así que xa nos contaredes que ocorreu en cada fogar! Ademais, creamos unha tarxeta na que despois de anunciar que o noso é o mellor papá do mundo, tamén nos debuxamos xunto a el. Aquí nos tedes aos 24 Pondaliñ@s mostrando orgullosas e orgullosos os agasallos para os nosos pais! Feliz día papás! Agardamos que vos gustasen os nosos detalliños! Querémosvos moitísimo! DÍA DO PAI 2018!

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE MARIÑA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Reme, a mamá da nosa compañeira Mariña! Con ela recordamos un dos nosos contos favoritos, co cal traballamos o curso pasado durante varios meses para saber un pouquiño máis sobre o outono... Sabedes de que historia falamos? Claro que si, da protagonizada por unha velliña e tres feras, que como ben sabemos se titula... "Corre corre, cabaciña"! E ademais, conta cunha canción chulísima que xa aprendemos de memoria de tanto como a cantamos! Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto... Por suposto, como agradecemento á mamá de Mariña, enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas Reme, volve cando queiras! Pero a visita de Reme non quedou aquí... Pode que moitos non o saibades, pero antes de atoparse no colexio de Ponteceso, as profes Bea e

SEPARAMOS O NOSO NOME EN SÍLABAS!

Imaxe
Esta semana adentrámonos no divertido mundo das sílabas, e como non podía ser doutra maneira, comezamos dividindo o noso propio nome. Palmadas veñen e palmadas van na aula de 4 anos! Mirádenos en acción esta mesma mañá: Ademais, aproveitamos para mostrarvos as últimas aportacións das familias, relacionadas co noso proxecto sobre o Antigo Exipto: Hugo mostrounos a espectacular maqueta da meseta de Guiza, na que se sitúan as tres grandes pirámides exipcias (Keops, Kefrén e Micerino), así como a esfinxe que leva o nome desta planicie. Aproveitamos para recordar a relación familiar entre os tres faraóns (pai, fillo e neto), e tamén comparamos o tamaño das tres pirámides porque menudo lío... A de Keops sempre foi a máis alta, pero a de Kefrén sitúase nun punto máis elevado da meseta de Guiza e por unha ilusión óptica sempre pareceu máis alta. Iso si, a día de hoxe é máis alta a de Kefrén porque a cúspide da pirámide de Keops se erosionou co paso do tempo. E falando de erosionar, nu

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O IRMÁN DE AROA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa clase recibimos unha visita moi especial. Esta mañá estivo con nós Alejandro, o irmán maior da nosa compañeira Aroa! Con el coñecemos o libro " Cuentos para antes de despertar ", máis concretamente a historia de " Datruelo ", un trono ao que os seus compañeiros de cidade lle obrigaban a tratar mal aos demais fenómenos atmosféricos. Pero ao noso protagonista gustáballe bailar coa chuvia e saír de paseo co sol, mais sempre que isto pasaba os outros tronos o castigaban. Despois de moitos castigos, os tronos decidiron mandalo á Terra para facelo desaparecer, pero un chisquiño antes de tocar a atmosfera, o sol e a chuvia pedíronlle a unhas chispiñas de cores que rescatasen a Datruelo. Por iso, cando a chuvia e o sol saen ao mesmo tempo, no ceo podemos ver un arco de cores... É Datruelo, que decidiu non ir recto e loitou por ser diferente e lograr a felicidade!  Ao rematar, como non podía ser dou