Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

NOVAS APORTACIÓNS AO PROXECTO!

Imaxe
Esta mañá fixemos a presentación oficial dos novos materiais que durante estes días foron chegando á nosa aula. Moitas grazas pola vosa axuda, familias! Canto estamos aprendendo do Universo grazas a vós! Nizar realizou na súa casa varios debuxos da Vía Láctea e outras galaxias que coñecemos durante esta semana. Grazas compañeiro! Roi mostrounos a súa particular versión do 'Big Bang' e regalounos unha gran explicación sobre como se formaron tódolos planetas do Sistema Solar a partir desa gran explosión. Grazas compañeiro! Mario tróuxonos un libro sobre o Universo co que seguiremos aprendendo máis sobre a temática protagonista do noso proxecto. Grazas compañeiro! Lucas mostrounos un libro que nos fala da formación do noso planeta e que, ademais, nos axudou a recordar o que ocorreu durante o 'Big Bang'. Grazas compañeiro! Xabi ensinounos un súper atlas espacial en 3D que nos axudará a saber máis do Sistema Solar e que nos dará moita

CREAMOS O NOSO PROPIO UNIVERSO!

Imaxe
Esta mañá, nada máis subir do recreo, vimos que algo ocorrera na nosa alfombra... Mirade que apareceu nela! Xunto a 25 botes cunhas tapas cheas de estreliñas e purpurina, atopábase unha caixa chea de material moi diverso: algodón, auga, colorantes, xeringas, recipientes... E xunto a todo isto, un par de exemplos do que estábamos a punto de crear... O NOSO PROPIO UNIVERSO! Máis concretamente, unha colorida e brillante nebulosa que formará parte do noso particular Universo! Emocionámonos moitísimo ante a idea de crear o noso propio Universo, así que aceptamos este novo reto e puxémonos mans á obra! Coa axuda das mestras, fomos creando a nosa propia nebulosa. Primeiro, coas xeringas e o colorante, tinguimos a auga de tres cores diferentes: vermello, azul e violeta. Logo, enchoupamos moito algodón neses recipientes e fómolo introducindo nos botes mentres tamén esparcíamos un montón de purpurina plateada no seu interior. E, por último, xabucamos ben o bote para que todo se misturase

REALIZAMOS UN EXPERIMENTO: O 'BIG BANG'!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, decatámonos de que alguén movera a mesa do recuncho da biblioteca ata a nosa alfombra. Pero iso non era todo, a mesa non estaba baleira! Sobre ela repousaban boliñas de plastilina de cor amarela, verde, azul e branca, ademais dun globo de cor laranxa e un punzón. Para que sería iso? Pois para realizar un experimento... Vivenciamos o 'Big Bang' na nosa propia aula! Estade ben atentos ao seguinte vídeo: Ademais, aproveitamos a xornada para mostrar o material que xa estamos manipulando na nosa aula. Mirade cantas cousiñas, non levamos nin unha semana e xa imos ter que ampliar o recanto que lle dedicamos ao Universo! Moitas grazas familias! Noa tróuxonos este modelo do Sol, a nosa estrela, e arredor da que xiran tódolos planetas. Ademais, ensinounos un par de debuxos do Sistema Solar e outro dun foguete viaxando polo Universo. Igualmente, chegou cun pendrive que contén varios vídeos que nos axudarán a superar as diferentes misións que n

PRIMEIRA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis entrar na aula, sorprendémonos ao atoparnos esta caixa na nosa alfombra! Traballiños, un libro de información, plastilina e globos...  De onde podía vir? Por suposto, viña do Espazo! Por que o descubrimos? Pois porque xunto a esta caixa, tamén chegou unha mensaxe dende algún punto do Universo. Como non podía ser doutra maneira, o vídeo só o puido filmar Valentina Tereshkova! A ceptada a misión, tiñamos que dar resposta á pregunta que nos formulou: "Como se formou o Universo?". Estabamos convencidos de que a resposta se atopaba no libro que nos enviou, así que un par de compañeiros puxéronse mans á obra! E vaia se a atoparon... Agora xa sabemos que a teoría que explica a formación do Universo é a do 'Big Bang' ou 'Gran Explosión'! Ademais deste, tamén consultamos outros libros que trouxeron outros Pondaliñ@s e, por suposto, vimos varios vídeos que explicaban este proceso. Pero por se isto non era suficiente para comp

DESPEGAMOS!

Imaxe
O noso proxecto sobre o Universo xa está máis que comezado, e como xa sabemos, tódalas nosas aprendizaxes destes próximos meses quedarán rexistradas no noso "Libro do Universo". Para identifcalo, tivemos que decorar unhas portadas moi espaciais que darán inicio a tódolos traballiños que vaiamos facendo durante este trimestre... Aquí nos tedes en acción! Ademais, conforme fomos rematando as nosas portadas, por parellas coloreamos as letras que forman a palabra "UNIVERSO", e tamén uns debuxos relacionados con esta temática para identificar a zona na que recolleremos tódolos materiais que os Pondaliñ@s vaiamos traendo, e que usaremos na aula coma un recanto máis. Co recuncho listo e coa portada do noso libro rematada, xa estamos preparados para recibir a nosa primeira misión! Chegará o luns? Pensamos que si! Cal será? Pronto o descubriremos...

LISTOS PARA O DESPEGUE!

Imaxe
Como ben sabedes, este martes coñecemos a Valentina Tereshkova e a súa historia... A astronauta rusa necesita da nosa axuda e nós estamos dispostos a brindarlla, polo que estes dous últimos días puxémonos mans á obra e decidimos pedir a colaboración das nosas familias para encher a aula de material sobre o Universo e así comezar a investigar para lograr que a nosa nova amiga regrese á Terra. Cada Pondaliñ@ completou a súa propia carta e levouna para a súa casa e, por suposto, xa chegaron as primeiras cousiñas á clase de 5 anos! Moitas grazas familias! Claramente, para comezar a investigar debemos coñecer de onde partimos, isto é, do que xa sabemos. Así que estes dous últimos días reunímonos en asemblea para poñer tódalas nosas ideas en común... Mirade canto coñecemos do Universo! E isto non é nada se o comparamos con todo o que imos aprender para salvar a Valentina Tereshkova! Así mesmo, a medida que compartíamos todas estas ideas, xurdían moitas dúbidas que tamén decidimos r

COÑECEMOS A VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Durante estes primeiros días, para coñecernos mellor, estamos contestando a algunhas preguntas que a profe pegou a uns pauíños para saber un pouquiño máis dos demais Pondaliñ@s, e tamén das mestras. Pero sabedes quen máis decidiu facernos unha pregunta? O Señor do Tempo! Si si, como escoitades... Este máxico ser volveu á nosa aula para deixarnos un pauíño moi especial. Queredes saber que foi o que nos preguntou? Pois o Señor do Tempo quería saber... Sobre que queríamos aprender este curso! Por suposto, as nosas respostas foron múltiples e variadas: dragóns, búhos, focas, bolboretas, flores, cavernícolas, María Pita, Hércules, Minnie Mouse, Patrulla Canina... Pero houbo un tema que destacou sobre os demais: os planetas, as estrelas, o sol e a lúa e tamén os extraterrestres. Por suposto, o Señor do Tempo estivo moi atento ás nosas respostas porque... Sabedes que ocorreu hoxe? Hoxe deixounos unha carta! Iso si, temos que falar con el porque petou tan pero tan forte na porta que algu