Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Contos

SÚPER BÚSQUEDA DO TESOURO!

Imaxe
Esta mañá, á volta do recreo, o Equipo de Biblioteca da nosa escola tiña preparada para nós unha súper búsqueda do tesouro! E representando a todo o equipo xa nos esperaba a Capitana Susana... Enfundámonos uns sombreiros de pirata e pasamos a formar parte da súa tripulación! Entramos no barco pirata e emprendemos rumbo á Illa Biblioteca! Nada máis chegar á Illa Biblioteca atopamos un cofre do tesouro, mais este estaba pechado... E éranos imposible desenganchar a chave! Que podíamos facer? Anda, unhas pistas! Tiñamos que adiviñar de que superheroe ou superheroína nos estaban a falar... E unha vez resoltas as adiviñas... A buscar! Onde estarían os Increíbles, Wonder Woman, Spiderman, Ladybug, Batman, Catwoman e Superman? Cando os atopamos, colocamos todas as imaxes recollidas no seu lugar... E despois das palabras máxicas... Conseguimos que a chave se desenganche! Abrimos o cofre... Que nervios! Que emoción! E no seu interior atopamos un mapa do ...

INICIAMOS PROXECTO!

Imaxe
Como ben sabedes, no día de onte o Señor do Tempo visitou a nosa clase e dounos a entender que nos tiñamos que poñer mans á obra con isto de aprender máis e máis sobre os superheroes e as superheroínas... Por suposto, aceptamos a misión! Para comezar, en asemblea puxemos en común as nosas ideas previas sobre este tema a través do "Que sabemos?" e xurdiron novas cuestións no "Que queremos saber?". Aquí vos deixamos as conclusións ás que chegamos: Pero para resolver estas dúbidas e aprender máis necesitamos informarnos... Algunhas cousiñas xa as temos na clase, proximamente visitaremos a biblioteca para ver que atopamos por alí, pero tamén precisamos a axuda das nosas familias. Hoxe completamos unha carta na que vos pedimos colaboración, pois necesitamos traer das nosas casas libros de información, contos, xogos, manualidades, etc. relacionadas cos superheroes e superheroínas. Aquí vos deixamos a que escribiu Alejandro, o noso encargado de hoxe: Nós...

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR!

Imaxe
Por fin chegou o bo tempo á nosa escola, e por fin puidemos desfrutar do apadriñamento lector que tivemos que aprazar por mor da chuvia a semana pasada. Fai uns días que os nenos e nenas de 4º e 5ºA visitaron a nosa aula para coñecernos e saber máis sobre os nosos gustos no tocante á lectura! Despois deste encontro, as nosas compañeiras e compañeiros maiores visitaron a biblioteca do centro para buscar o conto que mellor se adaptaba ás nosas preferencias, e esta mañá por fin nolo puideron ler! Aquí vos deixamos as imaxes deste gran día!

DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS!

Imaxe
Onte, 23 de abril, celebrouse o 'Día do Libro'. Por mor do mal tempo, as actividades que tiñamos previstas na nosa escola para conmemorar esta xornada pospuxémolas para a vindeira semana, mais esta mañá o Concello de Ponteceso  agasallounos cun contacontos para festexar este día tan especial. Da man da compañía "A Trastenda dos Contos" e de Felipe Díaz, ao que nós coñecemos como Caxoto Contacontos , a nosa biblioteca encheuse dos contos e cantigas que protagonizan "Contos vellos, novos finais" . Estas historias, ademais de divertirnos, fixéronnos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes a través de distintas personaxes de conto coma o lobo feroz, Carrapuchiña e a súa avoa, os tres porquiños ou os sete cabritiños. Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha visita moi especial... O vindeiro curso xa seremos alumnas e alumnos de 1º de Primaria, polo que teremos que estrear nova clase e deixar a nosa aula de Infantil. Pero esta non quedará baleira, serán os novos Pondaliñ@s de 3 anos os que desfruten e aprendan moito nela. E nós, por suposto, poderemos vir de visita cada vez que queiramos! Como non podía ser doutra maneira, tiñamos que coñecelos, aínda que a algúns xa os coñecemos moi ben... Por alí viñeron Hugo, o irmán de Andrea; Noa, a irmá de Mario; Bella, a curmá de Roi; Axier, o curmán de Alejandro V.; Noa, a curmá de Martina; e tamén Álex, unha amiga de Mariña. Ademais de visitar o noso cole, tamén viñeron á nosa aula, e ata xogaron nela! O que máis lle gustou foi a cociña e a mesa de ferramentas! Cando se foron, nós subimos rapidamente á nosa biblioteca, pois alí lle tiñamos preparada unha sorpresa que levamos ensaiando desde fai varios días... Recordades o conto de "Un becho estraño" que nos c...

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

Imaxe
No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos". Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz! Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante... E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de...

DÍA DA PAZ: QUEN FOI WANGARI MAATHAI?

Imaxe
No día de onte visitamos unha das aulas veciñas para que os nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos xunto á súa mestra Susana nos falasen da muller que protagoniza o mural que leva días colgado xunto á súa porta e que tanta curiosidade nos producía! Por suposto, recibíronnos moi amigablemente, e de maneira moi amable ofrecéronse a explicárnolo no corredor. Foi deste xeito como coñecemos a Wangari Maathai, unha muller africana que fixo a paz coidando a natureza. Xunto a outras mulleres de Kenia, encargouse de repoboar zonas que foran completamente taladas para transformalas de novo en grandes bosques. E por este motivo, no ano 2004 déronlle o Premio Nobel da Paz! Desta maneira, os Pondaliñ@s de 3 anos explicáronnos todo o que coñecían desta gran muller de paz e da importancia que teñen as árbores para todo o planeta! Pareceunos moi importante o labor que realizou Wangari Maathai, así que decidimos investigar máis sobre ela... Esta mañá, nada máis chegar á nosa aula, escoit...